Honda na Fórmula 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Honda F1")
Honda
Honda-logo.svg
Nome completo Honda Racing F1 Team (2006–2008)
Honda R & D Company
(1964–1968)
Bandeira Flag of Japan.svg Xapón
Baseada en Brackley, Reino Unido
Tochigi, Xapón
Tempadas en activo 8 (1964-1968, 2006-2008)
Número de pilotos Flag of the United States.svg Ronnie Bucknum,
Flag of the United States.svg Richie Ginther,
Francia Jo Schlesser,
Flag of the United Kingdom.svg John Surtees,
Flag of the United Kingdom.svg Jenson Button,
Flag of Brazil.svg Rubens Barrichello
Debut Gran Premio de Alemaña de 1964
Carreiras 88
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 3
Pole positions 2
Voltas Rápidas 2
Puntos totais 0
Derradeiro GP Gran Premio de Brasil de 2008

O fabricante xaponés de automóbiles Honda participou na Fórmula Un, como equipo, construtor e fornecedor de motores entre 1964 e 2008. A participación de Honda na F1 comezou na tempada de 1964, a súa retirada en 1968 foi causada pola morte do piloto de Honda Jo Schlesser durante o Gran Premio de Francia de 1968.[1] Retornaron na tempada de Fórmula Un de 1983 como fornecedor de motores, un papel que terminou en 1992. Volveron de novo na tempada de Fórmula Un de 2000, proporcionando motores para British American Racing (BAR). A finais de 2005 compraron o equipo BAR, con sede en Brackley, Reino Unido, e cambiaron o seu nome ao de Honda Racing.

O 5 de decembro de 2008 anunciouse que Honda sairía da Fórmula Un con efecto inmediato debido á crise financeira mundial. E buscaba vender o seu equipo[2] o 27 de febreiro de 2009 anunciouse que o director do equipo Ross Brawn liderara a compra do equipo de Brackley.[3] O equipo competiu con éxito como Brawn GP en 2009, e foi posteriormente vendido a Daimler-Benz AG que cambiou o nome a Mercedes GP para a tempada 2010.

O 17 de maio 2013 Honda anunciou a súa intención de volver ao deporte na tempada 2015 en virtude dun acordo de empresa con McLaren para fornecer unidades de motor V6 e KERS.[4]

Historia[editar | editar a fonte]

Honda R & D Company (1964-1968)[editar | editar a fonte]

Honda RA272 de 1965 restaurado, o primeiro coche xaponés en gañar na Fórmula Un. O coche está pintado cas cores de carreiras do Xapón

Honda entrou na Fórmula Un na tempada de 1964, só catro anos despois da produción do seu primeiro coche de estrada. Comezaron o desenvolvemento do RA271 en 1962 e sorprenderon a unha Europa dominada pola Fórmula Un de garaxes co seu equipo de fábrica totalmente xaponés (agás os pilotos estadounidenses Ronnie Bucknum e Richie Ginther). Máis sorprendente foi o feito de que Honda construíu o seu propio motor e chasis, algo que só Ferrari e BRM fixeran anteriormente.

En só dous anos de competición, Honda alcanzou o chanzo máis alto do cobizado podio coa vitoria de Ginther no RA272 no Gran Premio de México de 1965. Para as novas regras dos 3.0L desde 1966, Honda presentou o Honda RA273. Malia que o motor do RA273 estaba ben deseñado, un V12 de 360 CV, o coche resultou decepcionante por ter un chasis relativamente pesado e difícil de manexar. Honda regresou ao círculo dos gañadores en 1967 co novo Honda RA300, pilotado por John Surtees. Este gañou o Gran Premio de Italia de 1967 na súa primeira carreira de F1. O chasis RA300 foi deseñado en parte por Lola no Reino Unido, e isto deu lugar a que o vehículo fora alcumado o Hondola pola prensa do motor. Este foi o último coche competitivo que Honda produciu para a F1 na década de 1960.

No ano seguinte o Honda RA301 só alcanzou o podio en dúas ocasións. O novo Honda RA302 apareceu nunha única carreira en Rouen-Les-Essarts, que durou só un par de voltas antes do accidente no que o lume acabou coa vida do piloto Jo Schlesser. A súa morte provocou que Honda retirárase da F1 ao final da tempada de 1968 de Fórmula Un.

Proxecto F1 1999 abortado[editar | editar a fonte]

De 1993 a 1998, a presenza de Honda na F1 foi como fornecedor de motores a través da súa estreita relación, co seu socio independente, Mugen Motorsports, que forneceu motores a Footwork, Lotus, Ligier, Prost e Jordan. Os coches con motor Mugen gañaron 4 Grandes Premios ao final da tempada de 1999. En 1998, Honda estaba considerando seriamente a entrada na Fórmula Un como construtor, chegando incluso a producir un motor e a contratar a Harvey Postlethwaite como director técnico e deseñador. Ademais, Honda retirou ao enxeñeiro Kyle Petryshen de HRC para axudar co deseño, a fabricación e a xestión do novo motor no novo chasis.[5] Un coche de probas, o RA099, deseñado por Postlethwaite e construído por Dallara, fíxose e probouse durante o ano 1999, pilotado por Jos Verstappen. O equipo impresionou nas sesións de proba, superando a algúns dos equipos máis experimentados e mellor financiados. Nunha proba deste coche, Postlethwaite sufriu un fatal ataque ao corazón, o proxecto foi arquivado e Honda decidiu reafirmarse só como fornecedor oficial para BAR, a partir de 2000.

Honda Racing Team F1 (2006-2008)[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Honda F1.
Logotipo utilizado por Honda desde 2006 a 2008

En setembro de 2005 Honda comprou o 55% restante do capital social de BAR para converterse no único propietario. BAT continuou como patrocinador principal coa marca Lucky Strike en 2006, pero retirouse da Fórmula 1 no ano 2007. Finalmente decidiuse que o equipo correría baixo o nome de Honda Racing F1 Team.

Tempada 2006[editar | editar a fonte]

Malia as promesas da pre-tempada (sendo o RA106 un dos máis potentes, cos novos motores V8), Honda mostrou un rendemento bastante mediocre no inicio da tempada 2006 malia a 'pole position' en Australia. Antes da súa vitoria en Hungría, só lograran un podio, o terceiro lugar de Jenson Button en Malaisia. A razón principal da falta de forma (o equipo esperaba loitar polo campionato) reduciuse á fiabilidade, o equipo non era capaz de loitar pola vitoria en moitas carreiras. Problemas nos Pit-Stop obstaculizaron ao equipo desde o principio, nalgún caso arruinando as posibilidades de Jenson Button para un bo resultado e posible podio en Imola. Rubens Barrichello non tivo unha boa tempada, de feito tivo que afacerse aos novos freos e sistema de control de tracción, logo de mudarse dunha moi exitosa estancia de seis anos en Ferrari.

Honda tivo unha pobre actuación en especial no Gran Premio do Reino Unido de 2006. En particular, Jenson Button foi eliminado logo da primeira parte da cualificación despois de que o equipo non puidera pasar a Q1. Isto deu lugar á súa clasificación no posto 19º. A continuación, retirouse cunha fuga de aceite. Á luz desta pobre forma, anunciouse que Geoff Willis adaptaría un papel básico na fábrica para concentrarse na aerodinámica. Tralo nomeamento de Shuhei Nakamoto como Director Técnico Superior sobre Willis e Mariano Alperin-Bruvera como Xefe de Aerodinámica, Willis quedou nunha difícil posición, e deixou o equipo.

En Hungaroring, a sorte cambiou. Barrichello e Button clasificáronse terceiro e cuarto, aínda que Button perdeu dez posicións, logo dun cambio de motor. Nunha carreira chea de incidentes, Jenson que saíu 14º na grella gañou a súa primeira carreira, Barrichello terminou cuarto. Logo desta vitoria, o rendemento do equipo subiu notablemente, mostrando unha consistencia (se non un rendemento xeral) sen dúbida mellor que os líderes do campionato Ferrari e Renault. Button anotou tantos puntos como o finalista do campionato Michael Schumacher no último terzo da tempada. Ambos pilotos gañaron puntos en case todas as carreiras que quedaban (coa excepción do 12º posto de Barrichello en [Xapón), rematando cun 3º posto de Button en Brasil, a menos dun segundo detrás de Fernando Alonso segundo, logo de ter que empezar desde o 14º lugar na grella.

Tempada 2007[editar | editar a fonte]

Earthdreams librea en camións de Honda

Co patrocinio do tabaco na F1 en plena decadencia, 2007 tamén viu o final do patrocinio de British American Tobacco a Honda, o que permitiu ao equipo elixir unha librea que adaptarase mellor á súa imaxe corporativa. O 26 de febreiro de 2007, presentou o RA107 que contaba co mínimo de publicidade corporativa (publicidade requirida pola FIA), en lugar de centrarse nos desexos ambientais de Honda, cunha librea que representaba o planeta Terra contra o fondo negro do espazo. Na traseira atopábase a dirección da páxina web para a sensibilización do medio ambiente myearthdream.com. Este sitio foi presentado o 27 de febreiro 2007, inmediatamente logo da presentación oficial do coche de 2007. As reaccións á nova librea de Honda mesturáronse, e Greenpeace acusou ao equipo de hipocrisía, dada a contaminación que provoca a F1.[6]

A forma do equipo nas probas de pretempada era irregular, e Jenson Button instou á escuadra a mellorar. A falta de ritmo do AR-107 foi evidente na carreira de apertura no Gran Premio de Australia en Melbourne o 18 de marzo, con Button e Barrichello cualificando 14º e 17º, respectivamente (moi por detrás do "equipo satélite" super Aguri, cuxo coche era unha actualización do Honda do ano anterior, o RA-106). Barrichello terminou a carreira no posto 11º, con Button en décimo quinto logo de recibir un drive-through por exceso de velocidade no pit lane. O equipo tampouco puntuou nas catro carreiras seguintes, a súa mellor posición foi décimo en España e Mónaco, logrados por Rubens Barrichello. Honda finalmente anotou un punto no Gran Premio de Francia, cortesía do oitavo posto de Button.

En xullo de 2007, recoñeceron os problemas aerodinámicos do coche, Honda comezou a recrutar un novo equipo por todo o paddock de Fórmula 1. O xefe de Aerodinámica Loic Bigois e o asistente Francois Martinet asinaron desde WilliamsF1; Jörg Zander e John Owen de BMW Sauber asinaron a final de 2007 ou principios de 2008.[7]

Tempada 2008[editar | editar a fonte]

O 19 de xullo de 2007, anunciouse que Barrichello e Button continuarían como compañeiros de equipo en 2008.[8] O 12 de novembro 2007, autosport.com confirmou que o ex director técnico de Ferrari Ross Brawn unirase a Honda como director do equipo. Nick Fry mantívose no equipo como Director Executivo.[9] O 10 de xaneiro de 2008, anunciouse que Alexander Wurz asinara como piloto de probas para a tempada 2008 de Fórmula Un.[10] O 29 de xaneiro de 2008, Honda presentou o seu coche de carreiras de 2008. O "coche da Terra" tivo unha librea lixeiramente diferente do seu homólogo de 2007, con só unha parte do coche mostrando a imaxe da terra, e o resto coa pintura branca clásica de Honda. Button, Barrichello e Wurz estiveron presentes no evento.

Honda tivo un ano decepcionante, e a mediados de tempada cambiou o desenvolvemento da tempada 2009, onde as novas regulacións entraban en xogo. Malia isto, Barrichello logrou un podio no chuvioso GP do Reino Unido cunha inspirada elección dos pneumáticos de choiva no momento xusto.

Venda e formación de Brawn GP[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Brawn GP.

Honda abandonou o deporte ao final da tempada 2008, pero cun orzamento de 300 millóns de dólares continuaron traballando na sé do equipo en Brackley cun persoal de 700 persoas, durante a crise económica mundial no Honda RA109 para a tempada 2009, mentres que Honda trataba de vender o equipo de carreiras. Varios compradores potenciais estaban relacionados co equipo, incluíndo ao xefe de Prodrive David Richards, o empresario mexicano Carlos Slim e o Virgin Group.[11][12][13]

O equipo finalmente foi salvado pola compra de participacións por un grupo de executivos liderado polo director do equipo, Ross Brawn e Nick Fry, director executivo, e participaría na tempada 2009 como Brawn GP.[14] O equipo mantivo a Jenson Button e Rubens Barrichello como pilotos, e utilizaría os motores fornecidos por Mercedes.[15] Honda seguiría proporcionando apoio financeiro ao equipo durante o primeiro ano, e o Grupo Virgin, que estaba interesado na compra do equipo, patrocinaría os coches ao longo da tempada.

Honda como fornecedor de motores[editar | editar a fonte]

Spirit, Williams, Lotus, McLaren e Tyrrell (1983-1992)[editar | editar a fonte]

Motor Honda RA121E V12 fornecido a McLaren para tempada de Fórmula Un de 1991.

Honda regresou á Fórmula Uno en 1983 como fornecedor de motores para Spirit e quedouse no deporte durante unha década, en varias ocasións facendo equipo con Williams (1984-1987), Lotus (1987-1988), McLaren (1988-1992) e, finalmente, Tyrrell (1991). Malia que a miúdo forneceron os seus motores a máis dun equipo por tempada, Honda non sempre fornecer as mesmas especificacións de motor aos diferentes equipos na mesma tempada. Por exemplo, en 1987 como Williams tiña un contrato en vigor, fornecérono co último motor V6 de 1´5 litros o RA167-E, mentres que a Lotus fornecérono co motor RA166-E de 1986 que tivo que adaptarse a un límite máis baixo de combustible e a restrición de soprado do turbo, o que limitaba a súa eficacia. Tamén, en 1991, mentres que McLaren tiña o último RA121-E V12, Tyrrell montou o RA100-E V10 que McLaren utilizara en 1990. McLaren tivo o apoio directo de fábrica de Honda, con motores que viñan directamente da división de carreiras da compañía xaponesa no Xapón; mentres que Tyrrell tívose que conformar co modelo anterior RA-100 que foron adaptados por Mugen para Honda, que tiña pouco ou ningún apoio directo de fábrica.

No seu apoxeo (1986-1991) os motores Honda consideráronse un billete para gañar un Gran Premio grazas á súa potencia, a fiabilidade, a sofisticación e historial gañador. Honda forneceu os seus motores a seis escudarías campioas consecutivas (dous con Williams 1986-87 e catro con McLaren desde 1988 ata 1991), así como a cinco campionatos consecutivos de pilotos (un de Nelson Piquet en 1987, tres de Ayrton Senna en 1988, 1990 e 1991, e un de Alain Prost en 1989), antes de abandonar o deporte de novo.

Os coches con motor Honda gañaran 71 Grandes Premios, ao final da tempada 1992.

BAR e Jordan (2000-2005)[editar | editar a fonte]

Motor Honda RA005E fornecido a BAR para 2005.

Honda regresou unha vez máis no 2000, fornecendo motores para BAR. Tamén forneceron motores a Jordan en 2001 e 2002. Isto levaría a unha batalla polo dereito a utilizar os motores Honda no longo prazo. En 2003, malia mellorar os resultados das dúas tempadas anteriores, Honda abandonou Jordan. A mediados de novembro de 2004 Honda comprou o 45% do equipo BAR a British American Tobacco (BAT, o fundador e propietario de BAR) logrando a mellor tempada de BAR, cando foron capaces de lograr o segundo lugar na tempada 2004, un ano dominado por Michael Schumacher e Ferrari.

McLaren (2015 -)[editar | editar a fonte]

Honda volveu á Fórmula Un como fornecedor de motores en 2015, revivindo a súa relación con McLaren o seu socio nos anos oitenta.[16] Con todo, o motor demostrou ser significativamente menos potente e ineficiente. O dobre campión do mundo Fernando Alonso describiu o motor de Honda como "desconcertante" e comparouno cun "motor GP2".[17] Ademais, era tan pouco fiable que o equipo foi sancionado cunha penalización récord de 105 puntos no Gran Premio de Bélxica de 2015.[18] En Bélxica, o xefe de motores, Yasuhisa Arai, afirmou que o motor era 25 hp máis potente que o de Renault, e a par co Ferrari. Con todo, apenas unha carreira máis adiante en Monza, Arai admitiu que o motor de Honda tiña de feito 180 hp menos que o Renault. Con todo, Arai negouse a desculparse polo mal funcionamento do motor.[19] Arai foi substituído como xefe do programa de Fórmula Un de Honda por Yusuke Hasegawa o 1 de marzo de 2016. Durante a tempada 2016 Hasegawa admitiu que o mal rendemento do motor Honda significaba que "só a sorte daranos un podio este ano" e "na nosa situación actual, non hai moitos equipos que queran o noso motor".[20] En 2016 preguntóuselle a Hasegawa cando o motor Honda sería tan competitivo como os motores de segunda fila de Ferrari e Renault, ao que Hasegawa admitiu "talvez o próximo ano", dous anos máis tarde que cando Arai afirmara que o motor de Honda era máis potente.[21]

Ao comezo da tempada 2017 Honda afirmou que o seu motor estaba "á par co Mercedes de 2016".[22] Con todo, na pretemporada durante as probas o piloto e dobre campión do mundo Fernando Alonso describíu o motor Honda como "sen ningunha potencia e ningunha fiabilidade",[23] o coche era 30 km/h máis lento nas rectas, e o motor necesitou substituirse cinco veces en catro días.[24] No Gran Premio de España de 2017, Alonso dixo que o motor de Honda tiña tan pouca potencia que podería tomar case todos as curvas do circuíto de Barcelona co acelerador a fondo.[25] McLaren estaba tan decepcionado co rendemento do motor de Honda, que malia recibir 100 $ millóns por ano por correr co motor Honda,[26] McLaren achegouse aos rivais de Mercedes para fornecerse cun motor potente.[27] En marzo de 2017, o piloto de McLaren-Honda Stoffel Vandoorne queixouse de que as debilidades do motor Honda estaba impedindolle demostrar a súa completa capacidade.[28]

Unha semana máis tarde, Alonso revelou que, ademais da baixa potencia e a escasa fiabilidade, o motor Honda era tamén menos eficiente no consumo de combustible que os motores rivais.[29] O xefe de motores de Honda, Hasegawa, admitiu que Honda pensara que sería "doado" desenvolver a tecnoloxía de motor necesaria para atrapar aos seus rivais en 2017, pero que de feito Honda atopara que era "demasiado difícil lograr a nova tecnoloxía".[30] Unha carreira máis tarde, no Gran Premio de Bahrain, Alonso comentou sobre o motor de Honda "Nunca corrín con tan pouca potencia na miña vida".[31] Para o Gran Premio de Rusia de 2017, Honda implementou actualizacións de fiabilidade para o motor. Con todo, durante a cualificación Alonso describiu como "incrible" a pouca potencia do motor Honda.[32] Ademais, o domingo, o Honda de Alonso rompeuse na volta de formación, o que impediulle estar na grella de saída. Mentres tanto, o motor de Vandoorne rompeuse novamente deixándoo cunha penalización na grella de 15 posicións por utilizar máis compoñentes do motor durante as tres primeiras carreiras que os permitidos utilizar aos equipos durante toda a tempada.[33] Os problemas de fiabilidade de Honda continuaron no Gran Premio de España de 2017, onde Alonso rompeu logo de só tres curvas,[34] e o motor de Vandoorne tamén se rompeu, dándolle unha penalización de 10 puntos.[35] O mal rendemento do motor Honda deixou a McLaren-Honda na parte inferior do Campionato de Construtores con 0 puntos.[36] Durante o Gran Premio de Mónaco de 2017 Alonso correu nas 500 Millas de Indianápolis onde o seu motor de Honda fallou, o que Boullier describiu como "non é unha sorpresa".[37]

No Gran Premio do Canadá de 2017, Honda non puido entregar a mellora de motor prometida. McLaren describiu a Honda como "parecen un pouco perdidos" e expresou "serias preocupacións" sobre se Honda sería capaz de construír un motor que puidese gañar o campionato do mundo.[38] Un día despois, durante a primeira práctica, o motor Honda rompeuse e Alonso comentou, "estamos afeitos a iso".[39] O motor de Alonso volveu fallar durante a carreira.[40] Despois do último fracaso do motor, o director de carreiras de McLaren, Boullier describiu a unidade de potencia de Honda como "simplemente, e absolutamente, non é o bastante boa".[41] A actualización parcial do motor entregouse a Alonso, no Gran Premio de Acerbaixán de 2017, pero debido ás penalizacións impostas por utilizar un novo motor, Alonso comezou último. Pero finalmente logrou rematar nos puntos por primeira vez na tempada para o equipo McLaren-Honda.

Sauber (2018)[editar | editar a fonte]

En abril de 2017, confirmouse que Honda comezaría a fornecer motores ao equipo de Sauber na tempada 2018 de Fórmula Un.[42]

Resultados na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(italica indica equipos non oficiais; negra indica campionato gañado)

Ano Nome Coche Motor Pneu. Piloto Puntos Pos
1964 Flag of Japan.svg Honda R & D Company RA271 RA271E 1.5 V12 D Flag of the United States.svg Ronnie Bucknum 0 NC
1965 Flag of Japan.svg Honda R & D Company RA272 RA272E 1.5 V12 G Flag of the United States.svg Ronnie Bucknum
Flag of the United States.svg Richie Ginther
11
1966 Flag of Japan.svg Honda R & D Company RA273 RA273E 3.0 V12 G Flag of the United States.svg Ronnie Bucknum
Flag of the United States.svg Richie Ginther
3
1967 Flag of Japan.svg Honda R & D Company RA273
RA300
RA273E 3.0 V12 F Flag of the United Kingdom.svg John Surtees 20
1968 Flag of Japan.svg Honda R & D Company RA300
RA301
RA302
RA273E 3.0 V12
RA301E 3.0 V12
RA302E 3.0 V8
F
G
Flag of the United Kingdom.svg David Hobbs
Francia Jo Schlesser
Flag of the United Kingdom.svg John Surtees
14
Flag of Sweden.svg Joakim Bonnier Racing Team RA301 RA301E 3.0 V12 G Flag of Sweden.svg Joakim Bonnier
19692005: Honda non competiu.
2006 Flag of Japan.svg Lucky Strike Honda Racing F1 Team RA106 RA806E 2.4 V8 M


11.
12.
Flag of Brazil.svg Rubens Barrichello
Flag of the United Kingdom.svg Jenson Button
86
2007 Flag of Japan.svg Honda Racing F1 Team RA107 RA807E 2.4 V8 B 7.
8.
Flag of the United Kingdom.svg Jenson Button
Flag of Brazil.svg Rubens Barrichello
6
2008 Flag of Japan.svg Honda Racing F1 Team RA108 RA808E 2.4 V8 B 16.
17.
Flag of the United Kingdom.svg Jenson Button
Flag of Brazil.svg Rubens Barrichello
14

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Honda withdraws from Formula One racing from the International Herald Tribune
  2. "Global crisis ends Honda F1 dream". news.bbc.co.uk. 2008-12-05. Consultado o 2010-01-05. 
  3. Cary, Tom (2009-02-27). "Honda buy-out gets green light". The Daily Telegraph (London). Consultado o 2010-05-04. 
  4. "Honda confirms they will return to F1 in 2015 to supply engines to McLaren". FOX Sports. 17 de maio de 2013. Consultado o 17 de maio de 2013. 
  5. Honda Archives, Honda Formula 1 Archives (Aug 1999). "Honda F1 History". Consultado o 17 de maio de 2012. 
  6. Ornstein, David (2 de marzo de 2007). "Earth Car or not, Button will emit over 50 tonnes of CO2 this season". London: The Guardian. Consultado o 2007-07-07. 
  7. "The Official Formula 1 Website". Formula1.com. 2007-07-02. Consultado o 2011-09-04. 
  8. "Honda keep Button & Barrichello". news.bbc.co.uk. 2007-07-19. Consultado o 2007-07-20. 
  9. "Brawn joins Honda as team principal". autosport.com (Haymarket). 2007-11-12. Consultado o 2007-11-12. 
  10. "Wurz joins Honda as test & reserve driver". autosport.com. 2008-01-10. 
  11. "Mosley: Honda will help out buyer in '09". ITV F1. 11 de decembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 7 de febreiro de 2009. Consultado o 21 de marzo de 2014. 
  12. Ramsey, Jonathon (27 de decembro de 2008). "Honda F1 SOLD! to a man named Slim". Autoblog.com. AOL. Consultado o 21 de marzo de 2014. 
  13. "Virgin involved in Honda F1 talks". BBC Sport. 18 de febreiro de 2008. Consultado o 21 de marzo de 2014. 
  14. "Honda Announces Sale of the Honda Racing F1 Team" (Nota de prensa). Honda. 6 de marzo de 2009. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2013. Consultado o 21 de marzo de 2014. 
  15. Noble, Jonathan (5 de marzo de 2009). "Brawn GP take over Honda Racing". Autosport.co.uk. Haymarket Media. Consultado o 21 de marzo de 2014. 
  16. "Honda confirms they will return to F1 in 2015 to supply engines to McLaren". FOX Sports. 17 de maio de 2013. Consultado o 17 de maio de 2013. 
  17. "Embarrassed Alonso fumes at Honda's 'GP2 engine'". espn.co.uk. Consultado o 2 2 de abril de 2017. 
  18. Benson, Andrew (22 de agosto de 2015). "McLaren given 105-place grid penalty". BBC Sport (BBC). Consultado o 4 de outubro de 2015. 
  19. Rose, Gary (6 de setembro de 2015). "How the Italian GP unfolded". BBC Sport (BBC). Consultado o 4 de outubro de 2015. 
  20. "Honda: Only luck will put McLaren on the podium". planetf1.com. 27 de xuño de 016. Consultado o 28 de xuño de 2016. 
  21. Barretto, Ben Anderson and Lawrence. "Honda has separate team working on 2017 F1 engine". autosport.com. Consultado o 10 de marzo de 2017. 
  22. "Analysis: How big is the McLaren-Honda crisis?". motorsport.com. Consultado o 2 de abril de 2017. 
  23. "Alonso: Honda has no power and no reliability". motorsport.com. Consultado o 10 de marzo de 2017. 
  24. "Formula 1: Honda boss 'worried' about lack of reliability". 3 de marzo de 2017. Consultado o 10 de marzo de 2017 – vía www.bbc.co.uk. 
  25. Orlove, Raphael (9 de marzo de 2017). "McLaren-Honda Shit The Bed". Jalopnik. Consultado o 14 de marzo de 2017. 
  26. thejudge13 (1 de marzo de 2017). "McLaren look to ditch Honda ASAP". thejudge13.com. Consultado o 18 de marzo de 2017. 
  27. "McLaren 'considering options' with Honda". skysports.com. Consultado o 18 de marzo de 2017. 
  28. Mitchell, Scott. "McLaren-Honda makes it 'difficult' for Vandoorne to show ability". autosport.com. Consultado o 2 de abril de 2017. 
  29. Anderson, Adam Cooper and Ben. "Fernando Alonso: Honda F1 engine has more problems than lack of power". autosport.com. Consultado o 8 de abril de 2017. 
  30. Anderson, Ben. "Honda thought F1 progress for 2017 would be 'too easy'". autosport.com. Consultado o 11 de abril de 2017. 
  31. "Fernando Alonso's frustration boils over but no quick fix for McLaren". skysports.com. Consultado o 15 de maio de 2017. 
  32. Elizalde, Pablo. "Alonso claims McLaren-Honda losing 2.5s per lap at Sochi F1 track". autosport.com. Consultado o 15 de maio de 2017. 
  33. Anderson, Ben. "F1 Russian GP: Vandoorne gets McLaren's first 2017 grid penalty". autosport.com. Consultado o 15 de maio de 2017. 
  34. "Fernando Alonso's breakdown in Spanish GP practice a 'horror story' for McLaren, says Martin Brundle". skysports.com. Consultado o 15 de maio de 2017. 
  35. "How the Spanish GP unfolded". 14 de maio de 2017. Consultado o 15 de maio de 2017 – vía www.bbc.co.uk. 
  36. "Updated F1 Constructors' Championship standings: McLaren-Honda is lone scoreless team". autoweek.com. Consultado o 17 de maio de 2017. 
  37. "Indy 500: Fernando Alonso retires after brilliant debut race as Takuma Sato wins". 28 de maio de 2017. Consultado o 8 de xuño de 2017 – vía www.bbc.co.uk. 
  38. "Canadian Grand Prix: McLaren express 'serious concerns' over 'lost' Honda". bbc.co.uk. Consultado o 8 de xuño de 2017. 
  39. "Lewis Hamilton top in Canadian Grand Prix first practice". 9 de xuño de 2017. Consultado o 10 de xuño de 2017 – vía www.bbc.co.uk. 
  40. "How Hamilton dominated in Canada". 11 de xuño de 2017. Consultado o 27 de xuño de 2017 – vía www.bbc.co.uk. 
  41. "McLaren: Honda failure 'simply not good enough'". espn.co.uk. Consultado o 27 de xuño de 2017. 
  42. Galloway, James (30 de abril de 2017). "Honda to power Sauber with engines in 2018 F1 season". Sky Sports F1. Consultado o 30 de abril de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]