De Tomaso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
De Tomaso
TipoPrivada
Fundación1959
LocalizaciónGrugliasco (Provincia de Turín), Italia Italia
FundadorAlejandro de Tomaso
IndustriaAutomóbil
ProdutosAutomóbil
Páxina webDetomaso.it
editar datos en Wikidata ]

De Tomaso Automobili SpA foi unha empresa de fabricación de automóbiles italiano. Foi fundada polo oriúndo arxentino Alejandro de Tomaso (1928-2003) en Módena en 1959. Orixinalmente produciu varios prototipos e coches de carreiras, incluíndo un Fórmula 1 para o equipo de Frank Williams en 1970. A compañía desenvolveu unha reputación como construtor de coches deportivos e vehículos de luxo. De 1976 a 1993 De Tomaso foi propiedade do lendario fabricante italiano de automóbiles deportivos Maserati, producindo o Biturbo, o Kyalami, Quattroporte III, Karif e o Chrysler TC. De Tomaso tamén era dono da compañía de motocicletas Moto Guzzi de 1973 a 1993.

De Tomaso declarouse en creba en 2004,[1] aínda que continuou a produción de novos vehículos[2] en 2008 os administradores xudiciais buscaban un comprador para as marcas rexistradas de De Tomaso,[3] A compañía foi comprada por Gian Mario Rossignolo en 2009 que traía un novo plan de negocios para producir tres modelos cun total de 8.000 vehículos: 3.000 crossovers, 3.000 limusinas, e 2.000 coches deportivos de dúas prazas.

En maio de 2012, De Tomaso foi de novo posto á venda despois de que o seu plan de negocio non puidera reunir suficiente apoio financeiro.[4] En xullo de 2012, Gian Mario Rossignolo foi detido tralas denuncias de malversación de 7´5 millóns de euros dos fondos do goberno.[5] En setembro de 2012, especulouse que BMW podería estar interesado na fábrica da marca para producir os novos modelos de BMW.[6]

Coches deportivos De Tomaso[editar | editar a fonte]

De Tomaso Pantera, que foi propiedade de Elvis Presley

Vallelunga[editar | editar a fonte]

O primeiro modelo de produción de estrada de De Tomaso foi o Vallelunga (o nome do Circuíto de carreiras) presentado en 1963. Este deportivo de motor central tiña un motor de 104 CV (78 kW) do Ford Cortina, e alcanzaba unha velocidade máxima de 215 km/h. Tiña un chasis de aluminio, que se convertería nunha característica común dos automóbiles De Tomaso. Os 5 primeiros coches foron producidos en aluminio, os posteriores xa tiñan carrozaría de fibra de vidro.

Mangusta[editar | editar a fonte]

O Mangusta, presentado en 1966 foi o primeiro De Tomaso producido en cantidades significativas. Co Mangusta, De Tomaso trouxo a Europa os motores Ford americanos. O coche tiña un motor V8 de 4´7 litros cun bloque de aceiro e unha carrozaría cupé de aluminio e ferro deseñada por Ghia, un carroceiro italiano tamén controlado por Alejandro de Tomaso. Ao redor de 400 Mangustas foron construídos antes de que terminara a produción en 1971.

Pantera[editar | editar a fonte]

O Mangusta foi sucedido polo Pantera. Apareceu en 1971 cun motor Ford 351 Cleveland V8 e un corpo baixo en forma de cuña deseñado por Tom Tjaarda de Ghia.[7] A través dun acordo con Ford, o De Tomaso vendeu Panteras nos EE.UU. a través dos distribuidores de Ford Lincoln e Mercury. Entre 1971 e 1973, foron producidos 6.128 Panteras en Módena, o número máis grande dun só modelo producidos por De Tomaso. A crise do petróleo de 1973 e outros factores obrigaron a Ford a retirarse do acordo con Pantera a finais de 1973.

Durante os anos 1970 e 1980 a produción do Pantera seguiu a unha escala moi reducida, a unha velocidade de menos de 100 vehículos ao ano. Desde este momento en diante, os coches foron construídos en gran parte a man.

De Tomaso Pantera GT5, nunha foto en Londres

En 1980, presentouse o modelo GT5. O GT5 incorporaba mellores freos, un interior máis luxoso, rodas pneumáticos moito máis grandes, e un kit de carrozaría de fibra de vidro que comprendía un deflector de aire, molduras nas rodas e faldróns laterais. A produción do GT5 de chasis ancho e os modelos GTS equipados con carrozaría estreita mantívose ata 1985, cando o GT5-S substituíu ao GT5. Aínda que a fábrica non ten rexistros dispoñibles, unha análise baseada no Número de Identificación do Vehículo feita polo Club de Propietarios de Pantera de América (POCA) demostrou que era probable que se construíran menos de 252 GT5 Panteras.

Os GT5-S levan un gardalamas dunha soa peza de aceiro no canto do GT5 que era de fibra de vidro. A 'S' no nome GT5-S significaba "aceiro" (steel). De non ser por isto o GT5-S era en gran parte idéntico ao GT5. Foron construídos menos de 183 GT5-S Panteras. A produción do GTS continuou, por encargo e de forma moi limitada, ata finais de 1980. En 1988, cando acabou o fornecemento desde Australia dos motores Ford 351 Cleveland, De Tomaso comezou a instalar no Pantera motores Ford 351 Windsor.

A incorporación de Marcello Gandini trouxo un lavado de cara, redeseñouse a suspensión, parcialmente o chasis e montouse un novo motor Ford máis pequeno, o modelo Pantera 90 SI presentouse en 1990. Só se venderon 38 modelos do 90 SI antes de que o Pantera fora finalmente eliminado en 1993 para dar paso á radical carrozaría de fibra de carbono do Guarà.

Guarà[editar | editar a fonte]

O Guarà é a máis recente produción de automóbiles de De Tomaso, e produciuse desde 1993. O Guarà foi deseñado por Carlo Gaino da empresa italiana de deseño Synthesis,[8] Gaino deseñou tamén o Maserati Barchetta.[9] O Guara está dispoñible en versións cupé e barchetta e baseado nun coche de competición de Maserati de 1991, o Guarà utilizou unha carrozaría mixta de Ford e BMW. Do mesmo xeito que todos os De Tomaso agás o Pantera, a produción foi pequena e esporádica.

Biguá e vehículos todo terreo[editar | editar a fonte]

Na década de 2000 foron planeados outros dous coches por De Tomaso, pero ambos foron abortados. Un convertible de dous asentos estilo Gandini, o Bigua, foi desenvolvido a partir dun concept car presentado en Xenebra en 1996 en colaboración con Qvale, unha empresa estadounidense que importara moitos coches deportivos europeos aos EE.UU.. Pero a medida que comezou a produción do Biguá, renomeado como Mangusta, a relación entre De Tomaso e Qvale agreouse; Qvale fíxose cargo do coche e rebautizouno como Qvale Mangusta. A produción tivo unha curta duración, e a fabrica italiana de Qvale foi comprado en 2003 por MG Rover e a mecánica do Mangusta foi usada como a base do MG XPower SV. En abril de 2002, De Tomaso comezou un proxecto para construír vehículos todo terreo nunha nova fábrica en Calabria en asociación coa empresa rusa UAZ, pero isto tamén se foi a pique. O acordo prevía unha produción de 10.000 coches ao ano antes de 2006, pero non foi construído ningún coche e De Tomaso entrou en liquidación voluntaria en xuño de 2004. O Guarà permaneceu dispoñible nalgúns mercados en 2005 e 2006 , pero parece que non hai coches construídos logo de 2004.[10]

Coches De Tomaso de luxo[editar | editar a fonte]

Aínda que De Tomaso é coñecido principalmente como fabricante de coches deportivos de alto rendemento, a compañía tamén produciu cupés de luxo e sedáns en pequena cantidade nas décadas de 1970 e 1980.

Os Deauville de 1971 foron o intento de De Tomaso para rivalizar cas berlinas contemporáneas de Jaguar e Mercedes-Benz. Co mesmo motor que o Pantera montado na parte dianteira, o Deauville montaba unha carrozaría Ghia/Tjaarda de catro portas. O Deauville non era competitivo cos seus rivais, especialmente cos de Alemaña, na calidade da súa construción. Malia que figura nos libros de De Tomaso, ata 1985, só foron feitos 244. Unha unidade foi construída para a esposa de Alejandro de Tomaso, a piloto de carreiras estadounidense Isabelle Haskell.

En 1972 De Tomaso presentou un cupé baseado no Deauville, o Longchamp. O Longchamp utilizaba un chasis Deauville lixeiramente acurtado e tiña o mesmo motor Ford V8. O deseño da carrozaría, era substancialmente diferente, e influído polo prototipo do Lancia Marica, tamén deseñado por Tom Tjaarda [Cómpre referencia]. Foron construídos un total de 409 Longchamps con todas as variacións, ao remate da produción en 1989.

En 1976, Alejandro de Tomaso, coa asistencia do goberno italiano, fíxose cargo de Maserati logo de que o seu dono Citroën declarara que deixaría de asumir as perdas da empresa. O primeiro Maserati que presentou De Tomaso, o Kyalami, foi un Longchamp redeseñado por Frua, co motor Ford substituído polo propio Maserati V8 de 4.2 litros. O Kyalami mantívose en produción ata 1983, cando foi substituído polo Maserati Biturbo, presentado dous anos antes.

Innocenti[editar | editar a fonte]

En 1975, Innocenti pasou a Alejandro de Tomaso e foi reorganizado polo grupo De Tomaso baixo o nome de Nuova Innocenti.

De 1976 a 1987, a parte alta da gama de Innocenti foi o Innocenti Mini de Tomaso, unha versión deportiva do Innocenti Mini desenvolvido por De Tomaso, inicialmente equipado cun motor BLMC de 1275 cc, e desde 1982 ata 1987 cun motor turbo Daihatsu de 1´0 litro de 3 cilindros.

2011 De Tomaso Deauville[editar | editar a fonte]

No Salón do automóbil de Xenebra de 2011 de Tomaso presentou un novo modelo.[11] O novo De Tomaso Deauville é un vehículo cinco portas hatchback/crossover con tracción nas catro rodas, con detalles no seu estilismo de modelos de BMW e Mercedes-Benz.[12] A gama incluía dous motores de gasolina con 300 CV e 500 CV, así como un motor Diesel de VM Motori e 250 CV. Un coche deportivo (posiblemente un novo Pantera) e unha limusina De Tomaso debían ser os seguintes.[13]

Fórmula Un[editar | editar a fonte]

De Tomaso
De Tomaso 505/38de 1970
Nome completo De Tomaso
Bandeira Italia Italia
Baseada en Grugliasco (Provincia de Turín), Italia Italia
Tempadas en activo 4 (1961-1963, 1970)
Número de pilotos Italia Roberto Lippi
Flag of Argentina.svg Nasif Estéfano
Italia Giorgio Scarlatti
Italia Nino Vaccarella
Italia Roberto Bussinello
Flag of the United Kingdom.svg Piers Courage
Debut Gran Premio de Francia de 1961
Carreiras 15
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0
Pole positions 0
Voltas Rápidas 0
Puntos totais 0
Derradeiro GP Gran Premio dos Estados Unidos de 1970

Logo dun puñado de aparicións na Fórmula 1 de 1961 a 1963, De Tomaso construíu un chasis de Fórmula Un (deseñado por Gian Paolo Dallara) para Frank Williams Racing Cars para utilizar na tempada de 1970. O coche inicialmente non era competitivo, non puido terminar as catro primeiras carreiras do ano. Na quinta, o Gran Premio de Holanda, o De Tomaso 505/38 envorcou e incendiouse, causando a morte do piloto Piers Courage. O equipo seguiu, primeiro con Brian Redman e logo con Tim Schenken. Pero, sen resultados, a asociación disolveuse a finais da tempada.

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor Pneu. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 Puntos Pos
1961 MON NED BEL FRA GBR ALE ITA USA 0 -
Scuderia Serenissima De Tomaso F1 O.S.C.A. S4 D Giorgio Scarlatti Ret
Alfa Romeo S4 Nino Vaccarella Ret
Scuderia Settecolli De Tomaso F1 O.S.C.A. S4 D Roberto Lippi Ret
Isobele de Tomaso De Tomaso F1 Alfa Romeo S4 D Roberto Bussinello Ret
1962 NED MON BEL FRA GBR ALE ITA USA RSA 0 -
Scuderia Settecolli De Tomaso F1 O.S.C.A. S4 D Roberto Lippi NSC
Scuderia de Tomaso De Tomaso 801 De Tomaso Flat-8 D Nasif Estéfano NSC
1963 MON BEL NED FRA GBR ALE ITA USA MEX RSA 0 -
Scuderia Settecolli De Tomaso F1 Ferrari V6 D Roberto Lippi NSC
1970 Frank Williams Racing Cars De Tomaso 505-38 Cosworth V8 D RSA ESP MON BEL NED FRA GBR ALE AUT ITA CAN USA MEX 0 -
Piers Courage Ret NTS NC Ret Ret
Brian Redman NTS NSC
Tim Schenken Ret Ret NC Ret

Listaxe de coches[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "News 01.06.2004". italiaspeed.com. Consultado o 2007-06-20. 
  2. "News- DeTomaso". auto.moldova.org. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2010. Consultado o 2009-01-07. 
  3. "Avviso di gara per i marchi" (PDF). [Ligazón morta]
  4. De Tomaso up for sale - report WorldCarFans.com, 11 May 2012
  5. De Tomaso chairman arrested for misuse of funds WorldCarFans.com, 12 July 2012
  6. BMW eyes De Tomaso brand Autocar, 14 September 2012
  7. "Tom Tjaarda". tom-tjaarda.net. Consultado o 2007-06-20. 
  8. "Synthesis design_De Tomaso Guarà". Synthesisdesign.it. 2 October 2002. Consultado o 2010-09-30. 
  9. "Maserati – Barchetta". Consultado o 2 August 2010. 
  10. "De Tomaso Guara". histomobile.com. Consultado o 2016-03-15. 
  11. First commercial brochure with description, technical data and commercial figures at the beginning of 2011 on web page www.detomaso.it Arquivado 05 de marzo de 2011 en Wayback Machine. (consulted on 2 March 2011).
  12. Auto Bild Nr. 8/2011, S. 39 with further data and images
  13. "Extract from www.spiegel.de from December 2, 2009". www.spiegel.de. Consultado o 2011-06-25. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]