Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1954
| Tipo | Fórmula 1 |
|---|---|
| Deporte | automobilismo |
| Organizador | Federación Internacional do Automóbil |
| Número de participantes | 89 |
| Localización e Datas | |
| Intervalo de tempo | 17 de xaneiro de 1954 – 24 de outubro de 1954 |
| Número de edición | 5 (1954) |
| Competición | |
| Campionato do Mundo de pilotos de Fórmula 1 | Juan Manuel Fangio |
|
| |
| Datos estatísticos | |
| Carreires | 9 |
O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1954 é o quinto campionato anual de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Con 9 Grandes Premios no calendario, deu comezo o 17 de xaneiro, e finalizou o 24 de outubro. Foi gañado por Juan Manuel Fangio, pilotando tanto para Maserati coma para Mercedes no transcurso da tempada.
Resumo
[editar | editar a fonte]Mercedes volveu participar nos grandes premios por primeira vez desde a segunda guerra mundial no Gran Premio de Francia, con Fangio e Karl Kling, que acadaron os dous primeiros postos, o éxito de Fangio chegou logo de cambiar o equipo de Maserati co que gañara os dous primeiros Grandes Premios da tempada. Fangio gañou tres das catro carreiras restantes.
O defensor do campionato Alberto Ascari, deixou Ferrari para ir ao recentemente formado equipo Lancia. Por desgraza para el, o coche D50 de Lancia, non estivo listo ata a última carreira do Campionato do Mundo, o que significa que tivo que sentar durante gran parte da súa defensa do título.
Os puntos do campionato eran entregados ás 5 primeiras posicións (8, 6, 4, 3, 2). Ademais dábase 1 punto extra pola volta máis rápida. Para o campionato do mundo só contaban os mellores cinco resultados das nove carreiras. É preciso ter en conta que nos coches compartidos os puntos dividíanse en partes iguais entre os pilotos, sen importar cantas voltas dera cada condutor ao volante.
Calendario de Grandes Premios
[editar | editar a fonte]
Equipo e pilotos
[editar | editar a fonte]Os seguintes equipos e pilotos competiron no Campionato Mundial de Pilotos de 1954. A lista non inclúe aqueles equipos que só participaron nas 500 Millas de Indianápolis.

Clasificación do Mundial de Construtores de 1954
[editar | editar a fonte]O primeiro Campionato de Construtores non foi disputado ata 1958.
Clasificación do Mundial de Pilotos de 1954
[editar | editar a fonte]
|
|
- Negra. Volta rápida (1 punto)
- † Posición compartida entre os condutores do mesmo auto
- Só os 4 mellores resultados contan para o Campionato. Os números sen paréntese son puntos do campionato, os números entre paréntese son puntuación total obtida.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1954 |
