Arzani-Volpini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Arzani-Volpini
Volpini 1958 at Silverstone Classic 2011.jpg
Nome completo Scuderia Arzani-Volpini
Bandeira Italia
Baseada en Italia
Tempadas en activo 1 (1955)
Número de pilotos Italia Luigi Piotti
Debut Gran Premio de Italia de 1955
Carreiras 1
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0
Pole positions 0
Voltas Rápidas 0
Puntos totais 0
Derradeiro GP Gran Premio de Italia de 1955

'Arzani-Volpini (tamén coñecido como 'Scuderia Volpini) era unha escudería italiana de Fórmula 1, fundada por Gianpaolo Volpini e o construtor de motores Egidio Arzani.

Volpini participou inicialmente nas clases baixas da Fórmula, como Fórmula Junior e a Fórmula 3. Volpini uniu forzas con Arzani en 1954, coa esperanza de entrar no Campionato Mundial de Fórmula 1. Con este fin, o equipo comprou o chasis da Scuderia Milano - Maserati de 1950 para a tempada de Fórmula 1 de 1955. O equipo mellorou o motor e a carrocería do coche. O fuselaxe foi construído por Carrozzeria Colli. ía a ser presentado no Gran Premio Valentino de 1955 por Mario Alborghetti, pero non se puido construír a tempo. O equipo fixo o seu debut no Gran Premio de Pau de 1955, onde Alborghetti sufriu un accidente fatal.

O equipo disputou só un Gran Premio do Campionato Mundial de Fórmula Un, o Gran Premio de Italia de 1955. O piloto Luigi Piotti conducía o coche, pero non comezou a carreira debido a un problema co seu motor Maserati Speluzzi 4CLT 2,5 L4. O equipo non volveu participar na Fórmula Un, continuou a construción de automóbiles para a Fórmula Junior e a Fórmula Tres. Un dos clientes era Lorenzo Bandini.

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Chasis Motor Pneu. Piloto 1 2 3 4 5 6 7
1955 Arzani-Volpini Special Maserati L4 ? ARX MON 500 BEL NED RU ITA
Italia Luigi Piotti NTS

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]