Tec-Mec (nome completo Studio Tecnica Meccanica) foi un construtor italiano de Fórmula 1. Fundada polo ex-deseñador de MaseratiValerio Colotti en 1958, participaron nun só Gran Premio, e non anotaronr ningún punto do Campionato do Mundo.
Tec-Mec utilizou unha versión mellorada, alixeirada do Maserati 250F, denominado F415. O coche foi actualizado polo deseñador do 250F, Colotti, e financiado por Lloyd Casner de Camoradi Internacional. O equipo fixo a súa única saída no Gran Premio dos Estados Unidos de 1959, pero o coche, pilotadodo por Fritz d'Orey durou seis voltas antes de retirarse.
Colotti vendeu o estudio de deseño a finais de ano, e a compañía continuou producindo coches para a serie Fórmula Júnior.