Saltar ao contido

Kurtis Kraft

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Kurtis Kraft
Imaxe
 Instancia de
Localización
 País
Códigos e identificadores
VIAF159632384 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/04kyf2 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
1955 Kurtis 500S.
1953 Kurtis 500S, motor Chrysler.
1955 Kurtis 500B pilotado por Jimmy Davies 3º posto nas 500 Millas de Indianápolis de 1955.

Kurtis Kraft era o nome da empresa de deseño e construción de coches de carreiras fundada por Frank Kurtis.

Kurtis Kraft deseñaba e construía Midget cars (unha especie de karts ou coches de autocros populares en USA) e monoplazas de competición, participando con éxito nas 500 millas de Indianápolis e na Fórmula 1 entre outros. Os primeiros deseños foron feitos cara a finais dos anos 30, tratándose duns "Midget cars" que se converteron nas primeiras construcións feitas totalmente por Kurtis Kraft. Xa nas décadas seguintes especializouse na construción de coches de carreiras realizados con fibra de vidro, chegando a realizar ata 500 coches preparados para participar na Indy 500. A súa combinación cos motores Offenhauser foi moi efectiva, realizando un binomio moi difícil e bater e que conquistou moitos triunfos importantes. Xa nos anos 60 vendeu o negocio a outros construtores.

Participou só nas carreiras de Indianápolis. (de 1950 a 1960)

Frank Kurtis foi a primeira persoa que non sendo piloto viu inscrito o seu nome no Hall of Fame do Motor dos Estados Unidos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]