Force India

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flag of India.svg Force India-Mercedes
Liuzzi Bahrain 2010 (cropped).jpg
Nome completo Sahara Force India F1 Team
Bandeira coa que compite India India
Base en Silverstone,
Northamptonshire,
Reino Unido
Xefe de Equipo Subrata Roy
(presidente)
Vijay Mallya
(director xeral)
Robert Fernley
(subdirector de equipo)
Otmar Szafnauer
(director de operacións)
Director Técnico Andrew Green (tecnico)
Andy Stevenson (deportivo)
Steve Curnow (comercial)
Pilotos 11. Flag of Mexico.svg Sergio Pérez[1]
31. Francia Esteban Ocon[2]
Pilotos de probas Flag of Mexico.svg Alfonso Celis Jr.[3]
Chasis VJM10
Motor Mercedes M08 EQ Power+[4][5]
Pneumáticos Pirelli
Debut Gran Premio de Australia de 2008
Carreiras 173
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0
Pole positions 1
Voltas Rápidas 4
Puntos totais 10
Posición no campionato

Sahara Force India Formula One Team, é o nome comercial de Force India Formula One Team Limited, é unha escudería de Fórmula Un con sede en Silverstone, Reino Unido que na actualidade[cando?] conta cunha licenza India. O equipo formouse en outubro de 2007, cando un consorcio liderado polo empresario indio Vijay Mallya e Michiel Mol comprou o equipo Spyker F1 por 90 millóns de €. Force India F1 representa unha maior participación india na Fórmula Un, xunto coa celebración do primeiro Gran Premio da India en 2011. A Federación Internacional do Automóbil confirmou o cambio de nome de Spyker a Force India, o 24 de outubro 2007

Logo de disputar 29 carreiras sen sumar puntos, Force India gañou os seus primeiros puntos no campionato do mundo de Fórmula Un e un lugar no podio cando Giancarlo Fisichella terminou segundo no Gran Premio de Bélxica de 2009, Force India puntuou de novo na carreira seguinte, cando Adrian Sutil terminou en cuarto lugar, e estableceu a volta rápida, no Gran Premio de Italia. Os actuais pilotos do equipo son Adrian Sutil e Paul di Resta, con Nico Hülkenberg como o de reserva.

En outubro de 2011, a compañía india Sahara India Pariwar, comprou o 42,5% das accións de Force India F1 por 100 millóns de $ de EE.UU..

Historia[editar | editar a fonte]

Orixes[editar | editar a fonte]

Jordan
Artigo principal: Jordan Grand Prix.

O equipo ten as súas orixes no equipo Jordan Grand Prix, que entrou na Fórmula Un en 1991 con sede no circuíto de carreiras de Silverstone. Jordan gozou moitos anos na Fórmula Un, gañando catro carreiras e logrando o terceiro lugar no campionato de construtores de 1999. Como moitos dos equipos máis pequenos os problemas financeiros do 2000, significaron o baixo rendemento do equipo, e o propietario do equipo Eddie Jordan o vendeu a Midland Group en 2005.

Midland F1 e Spyker
Artigos principais: Midland F1 Racing e Spyker F1.

O novo equipo de nome Midland F1 Racing pasou dúas tempadas na parte posterior da grella, antes que o seu dono Alex Shnaider vendese o equipo a Spyker Cars a metade da tempada de 2006 . Spyker F1 anotou un punto en 2007 e liderou brevemente o Gran Premio de Europa de 2007, a pesar disto, o equipo tivo unha vez máis problemas de financiamento, e foi vendido ao empresario indio Vijay Mallya, presidente da United Breweries Group e Michiel Mol, director do Spyker Fórmula Un.

Force India

O equipo, comprado por 88 millóns de €, foi rebautizado como Force India Formula One Team para a tempada 2008, e mantivo como director do equipo a Colin Kolles, Director de Tecnoloxía a Mike Gascoyne e ao piloto Adrian Sutil.

Adrian Sutil proba para Force India en xaneiro de 2008

Tempada 2012[editar | editar a fonte]

O Force India VJM05 pilotado por Paul di Resta en Xerez durante as probas de inverno co distintivo nariz "ornitorrinco"

Para a tempada 2012, o equipo retivo Paul di Resta e substituíu a Adrian Sutil co seu piloto de reserva de 2011, Nico Hülkenberg.[6] Máis tarde Jules Bianchi foi nomeado como piloto reserva do equipo, e tamén participou nos adestramentos do venres durante a tempada,[7] o coche do equipo, o VJM05, foi presentado en Silverstone o 3 de febreiro.[8]

Tempada 2013[editar | editar a fonte]

Para a tempada 2013 contaron con Paul di Resta, por terceiro ano consecutivo.[9] A tempada tamén foi testemuña do regreso de Adrian Sutil á aliñación do equipo, en substitución de Nico Hülkenberg[10] como segundo piloto do equipo. O novo coche do equipo, o VJM06 presentouse o 1 de febreiro de 2013, na base do equipo, cerca do circuíto de Silverstone.[11]

Tempada 2014[editar | editar a fonte]

Nico Hülkenberg regresou ao equipo para o 2014, mentres que Paul di Resta foi substituído por Sergio Pérez. Adrian Sutil marchou para o equipo Sauber. Daniel Juncadella fichou polo equipo como piloto reserva.[12]

Tempada 2015[editar | editar a fonte]

O 19 de outubro de 2014, o equipo asegurou a Hulkenberg o seu posto para 2015.[13] O 7 de novembro de 2014, antes do Gran Premio de Brasil de 2014, Force India anunciou que Pérez quedaríase co equipo para a tempada 2015.[14] Pérez declarou que as negociacións do contrato estaban "en curso". O acordo foi confirmado oficialmente dúas semanas máis tarde no Gran Premio de Abu Dabi de 2014, Pérez asinou un contrato de dous anos, ata o final da tempada 2016.[15]

Force India perdeuse a primeira proba de pretempada en Xerez, debido a un atraso inexplicable no desenvolvemento do Force India VJM08. Máis tarde revelouse que Force India estaba, de acordo coa información privilexiada de Ralf Bach, "ao bordo do colapso financeiro" e que estaba "Actualmente insolvente." Tamén suxeriu que os atrasos no VJM08 debéronse ao feito de que "non se pagara aos provedores de pezas importantes".[16] Bob Fernley, delegado do director do equipo, admitiu que o equipo probablemente se perdera as tres probas de pretempada, aínda que dixo que poderían utilizar o coche do 2014 para facer algún "traballo co condutor e os pneumáticos."[17]


Finalmente o coche de 2015 de Force India descubriuse cando Hülkenberg saíu á pista no segundo día da terceira e última proba en Barcelona.[18] O coche era unha versión actualizada do ano anterior e foi fiable inmediatamente. Fixeron un bo inicio de tempada con Hülkenberg acabando nun bo sétimo lugar no Gran Premio de Australia. Pero non volveron a anotar ata o Gran Premio de Bahrain grazas a un oitavo posto logrado por Pérez. Ambos pilotos lograron bos resultados en Mónaco e Austria. Posteriormente o equipo presentou o coche B-spec altamente modificado no Gran Premio do Reino Unido de 2015,[19] con dúas distintivas rexillas no morro.[20] O coche foi un importante paso adiante respecto do seu predecesor, sobre todo nas curva de alta velocidade.[21] En Bélxica, Pérez tomou o liderado da carreira na primeira volta e, finalmente, terminou nun gran quinto lugar. Seguiu un sexto lugar en Monza e o sétimo en Singapur. En setembro Sahara Force India presentou unha denuncia formal ante a Unión Europea contra a Fórmula Un polo incumprimento das leis de competencia.[22] No Gran Premio de Rusia, Pérez puxo o Force India no terceiro posto do podio, o seu primeiro podio desde o Gran Premio de Bahrain de 2014.[23] Hülkenberg e Pérez terminaron sétimo e oitavo na carreira de casa de Pérez en Cidade de México. Esta mellora da forma axudou a Force India a lograr o seu mellor posto cun quinto lugar con 136 puntos no Campionato de Construtores, aínda que anotando 19 puntos menos que o seu predecesor. Foi un logro notable se considérase a difícil situación financeira do equipo e os seus preparativos de finais da tempada polo atraso da versión coa especificación B do seu coche.

Patrocinio e socios[editar | editar a fonte]

No inicio Kingfisher, unha marca propiedade de Vijay Mallya, foi o patrocinador principal. Outros patrocinadores no 2008 foron ICICI Bank, Medion, Kanyan Capital, Reebok e Reliance Industries Limited.[24] Os patrocinadores anteriores, agás o Banco ICICI e Kanyan capital, continuaron patrocinando ao equipo en 2009. Os novos patrocinadores foron AVG, Airbus e Whyte & Mackay.

En decembro de 2009, Computational Research Laboratories (CRL), unha subsidiaria propiedade total de Tata Sons, e Force India Formula One Team anunciaron un acordo de asociación exclusiva de tres anos e varios millóns de dólares para ofrecer un sistema totalmente automatizado Computational Fluid Dynamics (CFD) para o deseño dos coches de carreiras da seguinte xeración do equipo e así mellorar a eficiencia aerodinámica dos modelos de carreiras dese momento.[25] Force India F1 asociouse con Airbus e EADS para o apoio tecnolóxico, e tivo unha asociación técnica con McLaren.[26]

En outubro de 2011, a empresa india Sahara India Pariwar comprou o 42,5% das accións do equipo por 100 $ millóns.[Cómpre referencia] Mallya retivo o 42,5%, e o 15% restante pertence á familia Mol. Como resultado o equipo pasou a chamarse Sahara Force India.[27] As accións vendidas foron de nova emisión; Mallya e Mol non venderon ningunha das súas accións.[28]

Aethra, un fabricante líder de pezas de automóbiles de Brasil uniuse ao equipo como socio oficial en 2012.[29] Outros patrocinadores son Kingfisher Airlines (antigo), Whyte and Mackay, United Breweries Group, Vladivar Vodka, AVG Technologies, Alpinestars, Reebok, Schroth Racing, Muc-Off, Hackett, Chatham-Marine, UPS Direct, STILL e STL.[30]Smirnoff anunciou a asociación co equipo de maio 2014. Univa anunciou a asociación co equipo en xuño de 2014.[31] Force India anunciou unha alianza coa empresa xaponesa NEC Corporation (División de México) para a tempada 2015. Force India apoiou a Hilmer Motorsport na GP2 e GP3 en 2014. En 2015 Force India anunciou unha alianza con Adaptavist.[32]

Resultados nas carreiras[editar | editar a fonte]

Ano Nome Coche Motor Pneu. Pilotos Puntos Pos.
2008 Flag of India.svg Force India Formula One Team VJM01 Ferrari 056 2.4 V8 B 20.
21.
Alemaña Adrian Sutil
Italia Giancarlo Fisichella
0 10º
2009 Flag of India.svg Force India Formula One Team VJM02 Mercedes FO 108W 2.4 V8 B 20.
21.
21.
Alemaña Adrian Sutil
Italia Giancarlo Fisichella
Italia Vitantonio Liuzzi
13
2010 Flag of India.svg Force India Formula One Team VJM03 Mercedes FO 108X 2.4 V8 B 14.
15.
Alemaña Adrian Sutil
Italia Vitantonio Liuzzi
68
2011 Flag of India.svg Force India Formula One Team VJM04 Mercedes FO 108Y 2.4 V8 P 14.
15.
Alemaña Adrian Sutil
Flag of the United Kingdom.svg Paul di Resta
69
2012 Flag of India.svg Sahara Force India F1 Team VJM05 Mercedes FO 108Z 2.4 V8 P 11.
12.
Flag of the United Kingdom.svg Paul di Resta
Alemaña Nico Hülkenberg
109
2013 Flag of India.svg Sahara Force India F1 Team VJM06 Mercedes FO 108F 2.4 V8 P 14.
15.
Flag of the United Kingdom.svg Paul di Resta
Alemaña Adrian Sutil
77
2014 Flag of India.svg Sahara Force India F1 Team VJM07 Mercedes PU106A Hybrid 1.6 V6t P 11.
27.
Flag of Mexico.svg Sergio Pérez
Alemaña Nico Hülkenberg
155
2015 Flag of India.svg Sahara Force India F1 Team VJM08
VJM08B
Mercedes PU106B Hybrid 1.6 V6t P 11.
27.
Flag of Mexico.svg Sergio Pérez
Alemaña Nico Hülkenberg
136
2016 Flag of India.svg Sahara Force India F1 Team VJM09 Mercedes PU106C Hybrid 1.6 V6t P 11.
27.
Flag of Mexico.svg Sergio Pérez
Alemaña Nico Hülkenberg
173
2017 Flag of India.svg Sahara Force India F1 Team VJM10 Mercedes M08 EQ Power+ 1.6 V6t P 11.
31.
Flag of Mexico.svg Sergio Pérez
Francia Esteban Ocon
10* 5º*

* Tempada en progreso


* Tempada en curso.
O comezo da tempada de 2010 viu a introdución dun novo sistema de puntos na F1.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sergio Perez commits to Force India for 2017 F1 season". Autosport. 1 de outubro de 2016. Consultado o 14 de outubro de 2016. 
  2. "Force India signs Ocon on multi-year deal". Motorsport.com. 10 de novembro de 2016. Consultado o 10 de novembro de 2016. 
  3. "Barcelona Test Report, 1 de marzo de 2017". Force India F1. 1 de marzo de 2017. Consultado o 5 de marzo de 2017. 
  4. "FIA Friday press conference - Mexico". formula1.com. Formula One World Championship Limited. 30 de outubro de 2015. Consultado o 14 de outubro de 2016. Vijay Mallya: "...We are contractually obliged to Mercedes ‘til 2020 and we respect our contract..." 
  5. "Mercedes-AMG F1 M08 EQ Power+ Technical Specification". mercedesamgf1.com. Mercedes-AMG Petronas Motorsport. Consultado o 18 de marzo de 2017. 
  6. "Hulkenberg joins Di Resta in Force India's 2012 line-up". Formula1.com (Formula One Administration). 16 December 2011. Consultado o 16 December 2011. 
  7. "Jules Bianchi joins Sahara Force India as reserve driver for 2012". ForceIndiaF1.com (Force India). 27 January 2012. Consultado o 27 January 2012. 
  8. "Sahara Force India unveil VJM05 for 2012 season". The Times of India (The Times Group). Press Trust of India. 3 February 2012. Consultado o 16 February 2012. 
  9. http://www.forceindiaf1.com/paul-di-resta
  10. http://www.forceindiaf1.com/adrian-sutil
  11. Anderson, Ben; Tremayne, Sam (1 February 2013). "Force India VJM06 launch: New car a total rethink". Autosport.com (Haymarket Media Group). Consultado o 2 February 2013. 
  12. "Daniel Juncadella joins Sahara Force India as a reserve driver". Sahara Force India. 24 January 2014. Consultado o 25 January 2014. 
  13. "Nico Hülkenberg retained by Force India for 2015 F1 season". The Guardian (Guardian Media Group). Press Association. 21 October 2014. Consultado o 26 December 2014. 
  14. "Sergio Perez: Force India driver to stay with Formula 1 team in 2015". BBC Sport (BBC). 7 November 2014. Consultado o 26 December 2014. 
  15. "Sergio Perez: Force India driver signs up for 2016 season". BBC Sport (BBC). 22 November 2014. Consultado o 26 December 2014. 
  16. "Force India facing uncertain future - report". Motorsport.com. Motorsport.com, Inc. 28 January 2015. Consultado o 13 February 2015. 
  17. "Force India might now miss all three pre-season tests". GrandPrixTimes.com. Grand Prix Times. 7 February 2015. Consultado o 13 February 2015. 
  18. http://www.autosport.com/news/report.php/id/117839
  19. http://www.skysports.com/f1/news/12433/9880313/force-india-to-introduce-new-b-spec-car-at-the-british-gp
  20. https://www.formula1.com/content/fom-website/en/latest/technical/2015/7/force-india-vjm08---nosecone-nostrils.html
  21. http://www.crash.net/f1/news/220726/1/hulkenberg-hails-new-force-india-step-forward.html
  22. "Force India and Sauber lodge complaint against F1 with European Union". Consultado o 2015-09-29. 
  23. "2015 Constructor Standings". Formula 1® - The Official F1® Website. Consultado o 2015-10-11. 
  24. "Sponsors". forceindiaf1.com. Force India. Consultado o 11 October 2010. 
  25. "CRL partners with Force India to help design the next generation of Formula 1 cars". forceindiaf1.com. 16 December 2009. Consultado o 1 February 2010. 
  26. "Force India's first target will be to beat Aguri". India Times. 8 February 2008. Consultado o 9 February 2007. 
  27. Beer, Matt (12 October 2011). "Sahara Group becomes Force India co-owner". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 12 October 2011. 
  28. "Force India's 42.5% stake bought for $100 million by Sahara India; F1 team to be called Sahara Force India". economictimes.indiatimes.com (The Economic Times). 13 October 2011. Consultado o 13 October 2011. 
  29. "Bianchi’s sponsor signs up with Force India". Inautonews (S.C. Pixelmedia SRL). 16 February 2012. Consultado o 16 February 2012. 
  30. "Sponsors". ForceIndiaF1.com. Force India. Consultado o 16 February 2012. 
  31. "Univa becomes technical partner of Sahara Force India Formula One Team". Force India (Force India Formula One Team Limited). 4 June 2014. Consultado o 15 June 2014. 
  32. "Sahara Force India partners with Adaptavist". Adaptavist (Adaptavist.com Ltd.). 6 March 2015. Consultado o 9 March 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]