Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2005
Tipo | Fórmula 1 |
---|---|
Deporte | automobilismo e Fórmula 1 |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil |
Número de participantes | 27 |
Localización e Datas | |
Intervalo de tempo | 6 de marzo de 2005 – 16 de outubro de 2005 |
Número de edición | 56 (2005) |
Competición | |
Campionato do Mundo de pilotos de Fórmula 1 | Fernando Alonso |
Campionato do Mundo de Construtores | Renault F1 Team |
Datos estatísticos | |
Carreires | 19 |
O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2005 foi o campionato anual número 56 da Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Con 19 Grandes Premios no calendario, deu comezo o 6 de marzo, e rematou o 16 de outubro.
Fernando Alonso e o equipo Renault F1 gañaron o Mundial de Pilotos e Campionato de Construtores, pondo fin a cinco anos de dominio de Michael Schumacher e Ferrari. O éxito de Alonso converteuno no campión máis novo na historia deste deporte nese momento. O seu éxito foi o primeiro de Renault como construtor.
A tempada 2005 foi a última de varios equipos de Fórmula Un, con Minardi, BAR e Jordan mercados por novos propietarios.
Informes
[editar | editar a fonte]O aspecto máis coñecido da tempada foi o desacordo de Ferrari causado principalmente por unha nova norma que prohibía o cambio de pneumáticos durante o transcurso da carreira. O pneumáticos Bridgestone usados por Ferrari non puideron atopar o equilibrio adecuado entre rendemento e fiabilidade, deixando para os pilotos Michelin a loita polas carreiras. Outros cambios no regulamento fixeron fincapé na fiabilidade, os motores deberían durar dous Grandes Premios sen ser cambiados.
Renault foi o equipo máis rápido nas probas de pretemporada e dominaron as primeiras carreiras. Giancarlo Fisichella gañou a primeira da tempada en Australia antes de que o seu compañeiro de equipo Alonso demostrase as súas credenciais ao título cunha serie de vitorias en Malaisia, Bahrain e San Marino. A medida que a tempada avanzaba o equipo McLaren de Kimi Raikkonen e Juan Pablo Montoya fíxose cada vez máis competitivo e nas últimas carreiras da tempada, o McLaren considerábase en xeral o equipo máis rápido. Con todo, as constantes fallas técnicas significaron que nin o equipo nin Raikkonen puidesen traducir a velocidade no seu éxito no campionato.
Alonso asegurou o seu Campionato de Pilotos cun terceiro posto no Gran Premio do Brasil. A pesar de que tanto el como Räikkönen tiñan seis vitorias neste punto da tempada, unha maior consistencia de Alonso significou que el gañase o campionato dúas carreiras antes de rematar a tempada. O Campionato de Construtores foi asegurado por Renault na carreira final, coa sétima vitoria de Alonso no ano. Renault conseguiu o seu primeiro campionato como construtor, anteriormente, só lograra triunfar como provedor de motores, a pesar de gañar dúas carreiras menos que McLaren.
Ferrari terminou terceiro no Campionato de Construtores con só unha vitoria, no Gran Premio dos Estados Unidos, nunha penosa estampa logo de que a carreira fora disputada por só seis coches con pneumáticos Bridgestone logo de que Michelin declarase inseguros os seus pneumáticos no Circuíto de Indianápolis único con curvas peraltadas.[1]
Logo dunha impresionante tempada no 2004 a caída máis notable no rendemento despois de Ferrari foi a de BAR-Honda, que foi descualificado e excluído das seguintes dúas carreiras cando os comisarios descubriron en San Marino un compartimento de combustible oculto que permitía que os seus automóbiles correran con baixo peso. Eles foron batidos no Campionato por Williams, cuxo socio de motor BMW, anunciara que ían a unirse a Sauber en xuño, e Toyota, que logrou cinco podios perdeu o terceiro posto no campionato, porque Ferrari acadou a dúas primeiras posicións en Indianápolis.
Todos os equipos anotaron puntos no campionato do mundo ao longo da tempada, Minardi anotou puntos na súa última tempada grazas a ser capaz de correr na carreira dos Estados Unidos.
Pilotos e construtores
[editar | editar a fonte]Os seguintes equipos e pilotos competiron no campionato do mundo de Fórmula Un de 2005.
† Todos os motores son de 3´0 litros, configuración V10.
- Anthony Davidson ( BAR) competiu en Malaisia substituíndo a Takuma Sato enfermo (febre, gripe).
- Pedro de la Rosa (McLaren) competiu en Bahrain substituíndo a un lesionado Juan Pablo Montoya (lesión no ombreiro); Alexander Wurz foi o terceiro piloto en lugar de de la Rosa no Gran Premio de San Marino de 2005, de la Rosa e Wurz intercambiaron os papeis.
- Vitantonio Liuzzi e Christian Klein foron contratados en Red Bull Racing para participar en polo menos tres carreiras, e aceptaron compartir o seu asento durante a tempada. Klien pilotou as tres primeiras carreiras, Liuzzi o substituíu nos Grandes Premios de San Marino, España, Mónaco e Europa; Klien regresou de novo no GP do Canadá, e completou o resto das carreiras da tempada.
- Robert Doornbos foi o terceiro piloto de Jordan en 9 das 11 primeiras carreiras da tempada. Franck Montagny substituíuno no Gran Premio de Europa, Jordan prohibiulles o uso dun terceiro coche no Gran Premio do Canadá logo de usar demasiados pneumáticos na carreira anterior. Nicolas Kiesa substituíu a Doornbos do Gran Premio de Alemaña en diante.
- Patrick Friesacher foi substituído no Minardi por Robert Doornbos a partir do Gran Premio de Alemaña de 2005 por cuestións de patrocinio.
- Os equipos con Pneumáticos Michelin non participaron no Gran Premio dos Estados Unidos por razóns de seguridade, deixando só seis coches na grella de saída da carreira.
- Chanoch Nissany converteuse no terceiro piloto de Minardi para o Gran Premio de Hungría.
- Enrique Toccacelo substituíu a Chanoch Nissany como terceiro piloto de Minardi no Gran Premio de Turquía.
- Antonio Pizzonia substituíu a Heidfeld en Williams no Gran Premio de Italia logo de que Heidfeld decidira retirarse logo de queixarse dunha severa dor de cabeza. A principios de semana, estrelouse durante unha sesión de probas en Monza. Pizzonia substituíu a Heidfeld de novo nas tres restantes carreiras da tempada logo de que Heidfeld tivese un accidente de motocicleta.
- No Gran Premio de Hungría, West McLaren Mercedes converteuse no equipo McLaren Mercedes.
- 2005 foi o último ano do motor de 3 litros V10.
Cambios pilotos
[editar | editar a fonte]O cambio máis notable da tempada de 2005 foi a aliñación de pilotos, só sete pilotos correron para o equipo co que comezaran na tempada 2004, outros 7 pilotos cambiaron a novos equipos.
- *Jarno Trulli cambiou de Renault a Toyota durante a tempada de 2004.
Cambio escuderías
[editar | editar a fonte]Red Bull Racing fíxose cargo do equipo Jaguar, e correu con motores Cosworth. O primeiro piloto de Red Bull, foi o veterano escocés David Coulthard, xunto con Christian Klein. Red Bull obtivo un bo inicio, anotando 11 puntos tras as dúas primeiras carreiras. Jordan Grand Prix con motores Toyota foi comprado por Midland Group, con todo o equipo continuou como Jordan ata 2006.
Logo do GP dos Estados Unidos, Peter Sauber anunciou que Credit Suisse vendera a BMW a súa participación maioritaria no seu equipo Sauber, anunciando na práctica a súa intención de correr como equipo de fábrica de BMW en 2006.
Calendario dos Grandes Premios de Fórmula Un de 2005
[editar | editar a fonte]Resultados e clasificación
[editar | editar a fonte]No calendario de Fórmula 1 de 2005 aparece unha nova carreira en Turquía, a poucos quilómetros da liña divisoria entre Europa e Asia. O circuíto de nova construción en Istambul uniuse aos recentemente chegados en 2004 Bahrain e a China. A tempada de 2005, foi testemuña de dous dos grandes premios máis calorosos da historia: a temperatura da pista no inicio da carreira de Malaisia foi de 51 °C, mentres que en Bahrain o mercurio disparouse máis aló dos 56 °C.
Grandes Premios
[editar | editar a fonte]Pilotos
[editar | editar a fonte]
|
Negra – Pole |
Construtores
[editar | editar a fonte]
|
Negra – Pole |
Cambios na regulación
[editar | editar a fonte]Durante un tempo existiu posibilidade real de que algúns equipos participaran con tres coches en cada Gran premio. (Menos de 10 equipos, ou 20 coches na grella de saída podería dar lugar a que algúns equipos correran con tres coches, nun termo escuro do Acordo da Concordia). Na primeira carreira da tempada, había dez equipos, Red Bull comprara Jaguar e estaba listo para a carreira de Australia. Minardi, inicialmente recibiu unha autorización permitindolles competir a pesar de que os seus coches non cumprían a nova normativa, foron modificados posteriormente para cumprir o Regulamento de 2005.
Esta tempada estréanse novas regras tendientes a diminuír a velocidade dos automóbiles, reducir os custos dos equipos de Fórmula 1 e de reducir a enorme diferenza entre equipos da tempada anterior. Estes cambios concéntranse en catro aspectos importantes: O sistema de cualificación para as posicións de saída, o motor, os pneumáticos e a aerodinámica:
Sistema de cualificación
[editar | editar a fonte]Nas primeiras seis carreiras da tempada 2005 utilizouse o novo formato de cualificación, sendo a terceira vez en cinco anos de grandes cambios nas normas de cualificación. Había unha primeira quenda de cualificación o sábado pola tarde, cada piloto tiña dereito a unha volta cronometrada. A orde de partida era o inverso á orde de chegada da carreira precedente. Non había restrición sobre a cantidade de combustible para esta primeira quenda. O resultado desta quenda definía a orde de partida da segunda quenda e, en parte, a posición de partida da carreira.
Unha segunda quenda de clasificación tiña lugar o domingo na mañá, novamente a cada piloto cronometrabaselle unha soa volta. Os pilotos saian en orde inversa ao da posición lograda na primeira quenda de cualificación. A cantidade de combustible a fixaba cada equipo, pero non se podía agregar combustible adicional antes do inicio da carreira da tarde. Os resultados desta quenda de cualificación sumados aos da primeira quenda definian as posicións de partida para a carreira.
A partir das clasificacións do Gran Premio de Europa (en Nürburgring), cambiouse a un novo sistema, mestura dos deste ano e o anterior: a partir deste GP, limitouse a quenda de cualificacións a só 1 volta, o sábado. A orde de saída ségueo determinando o inverso da clasificación da carreira precedente.
Motor
[editar | editar a fonte]En 2005, os motores son V10, de 3000 cc, sen límite de peso, e debían durar dúas carreiras incluídas as súas quendas de cualificación respectivas e os ensaios de venres e sábado. Se era necesario cambiar o motor antes da primeira quenda de cualificación, o vehículo tiña unha penalización de 10 postos na posición de partida da carreira. Por un cambio de motor entre as quendas de cualificación e a carreira, o vehículo sairá último na grella.
Estímase que cada motor debería circular 1.500 km. Se un piloto non termina unha carreira, pode cambiar de motor sen penalización.
Para as tempadas 2006-2007, os motores dun coche de Fórmula 1 deberían ser V8, 2400 cc, e cun peso limitado a 95 kg. Aínda que non se determina cantas carreiras debería durar este novo motor, había rumores de que deberán durar entre 5 a 6 GPs.
Poderían ser usados motores V10 de 3000 cc os equipos que non puidesen acceder aos novos motores, baixo autorización da FIA, a que determinará as limitacións en potencia e revolucións de motor aplicables a este. Estas limitacións serán cambiadas cada certo tempo (2 ou 3 GPs).
Pneumáticos
[editar | editar a fonte]Cada equipo terá opción entre tres tipos de pneumáticos para chan seco nas prácticas do venres. Do tipo escollido, terán sete xogos dispoñibles: tres para ensaios do venres, tres para quendas de cualificación e carreira e outro para cambiar en caso de picada ou defecto dos pneumáticos. Este cambio só poderá ser autorizado por un Comisario da FIA, na medida que el considere conveniente.
O cambio a pneumáticos de choiva só poderá realizarse se o director da carreira xunto cos Comisarios de Pista, estímano así conveniente, para non arriscar a integridade dos pilotos, comisarios en pista, técnicos en pista e público presente. Este cambio será autorizado en función da humidade da pista.
Aerodinámica
[editar | editar a fonte]Este ano na Fórmula 1 o alerón dianteiro será máis alto e máis pequeno que na tempada anterior, e máis próximo ao eixo de gravidade do vehículo. Igualmente redúcese o tamaño dos outros aleróns, diminuíndo así os apoios aerodinámicos.
Un alerón traseiro só pode deformarse 1 grao como máximo, por 1000 N (100 kg) de peso aplicado nel.
A FIA poderá realizar probas de flexibilidade nos aleróns ou outras partes do coche, da forma e momento que estime conveniente.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Seven teams boycott US Grand Prix". BBC News. 2005-06-19. Consultado o 2006-10-03.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2005 |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- formula1.com – resultados oficiais do campionato de pilotos de 2005
- formula1.com – resultados oficiais do campionato de construtores de 2005
- 2005 Formula One season images Consultado en www.motorsport.com o 5 de decembro de 2008