Gran Premio de Italia de 1987
Nome oficial | 58º Gran Premio d'Italia |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Italia |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1987 |
Distancia do evento | 50 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Monza (Monza) 45°37′14″N 9°17′22″L / 45.620555555556, 9.2894444444444 |
Lonxitude | 5,793 km |
País | Italia |
Data | 6 de setembro de 1987 |
Competición | |
Primeiro posto | Nelson Piquet |
Pole position | Nelson Piquet |
Volta máis rápida | Ayrton Senna |
O Gran Premio de Italia de 1987 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada no circuíto de Monza o 6 de setembro de 1987. A carreira, que se disputou sobre 50 voltas, foi a décimo primeira proba da tempada de 1987. A carreira foi o 57º Gran Premio de Italia e o 52º, que se celebrou en Monza.
Resumo
[editar | editar a fonte]A carreira foi gañada polo piloto brasileiro Nelson Piquet pilotando un Williams FW11B. Esta foi a terceira e última vitoria de Piquet no ano mentres corría cara ao seu terceiro campionato do mundo. Tamén foi a sexta vitoria consecutiva para o equipo Williams, unha racha de vitorias que comezara no Gran Premio de Francia a principios de xullo. Piquet, competiu por primeira vez cun sistema de suspensión activa no seu FW11B, gañou a carreira por 1,8 segundos, logo de arrebatarlle o liderado a Ayrton Senna no Lotus 99T a oito voltas do final.
A primeira fila da grella foi para Williams: Piquet logrou a pole diante do seu compañeiro Mansell e Gerhard Berger, Ayrton Senna (Lotus) tivo que conformarse co cuarto lugar por diante de Boutsen, Prost, Alboreto e Fabi. Ao principio, Mansell saíu ben, pero pouco despois non puido cambiar de marcha, deixando o liderado a Piquet. Máis atrás, Senna caeu á sexta posición na primeira curva, detrás de Berger, Boutsen e Prost. Na segunda volta Berger e Mansell comezaron un duelo que terminou nun lixeiro contacto, Boutsen colocouse segundo e o inglés cuarto. A orde mantívose sen cambios ata a volta 17, cando Mansell pasou ao piloto de Ferrari e logo a Boutsen, recuperando a segunda posición.
Os cambios de pneumáticos a metade de carreira cambiaron as posicións, Senna non os cambiou e quedou na cabeza. Isto deixou presaxiar unha carreira como Mónaco ou Detroit, co dominio do brasileiro, debido a que todos os coches na carreira optaran por unha estratexia cunha parada en boxes. Os dous Williams eran segundo e terceiro, respectivamente, con Nelson Piquet e Nigel Mansell, por diante de Gerhard Berger e Thierry Boutsen. Senna dominou ata a volta número 43 cando saíuse da pista na curva Parabólica. Cando logrou recuperar a pista, Piquet estaba en primeira posición. Senna tratou de recuperar a posición, pero pronto sufriu unha caída no rendemento dos pneumáticos, e, finalmente, o seu compatriota de Williams gañaba facilmente por 1´8 segundos. O chanzo máis baixo do podio foi ocupado por Nigel Mansell, que chegou por diante do piloto de Ferrari Gerhard Berger, Thierry Boutsen e Stefan Johansson.
O Tyrrell DG016 do piloto francés Philippe Streiff foi o primeiro coche de aspiración natural para o trofeo Jim Clark terminou 12º, tres voltas detrás de Piquet.
A vitoria fortaleceu a Piquet no liderado do campionato 14 puntos sobre Senna e 20 sobre Mansell.
Durante a cualificación, o Williams-Honda de Piquet rexistrou a velocidade máis alta da tempada, cando logrou 352,135 km/h, uns 8 km/h máis rápido que Mansell no auto de suspensión convencional. Esta foi a velocidade máis rápida xamais acadada por un coche turbo alimentado de Fórmula Un lograda na primeira era do turbo (1977-1988) neste deporte.
Debido á participación de AGS e Coloni, por primeira vez na tempada 1987, dous pilotos non se cualificaron para a carreira, neste caso foron Nicola Larini no Coloni e Pascal Fabre no AGS.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 6 | Nelson Piquet | Williams-Honda | 50 | 1:14:47.707 | 1 | 9 |
2 | 12 | Ayrton Senna | Lotus-Honda | 50 | + 1.806 | 4 | 6 |
3 | 5 | Nigel Mansell | Williams-Honda | 50 | + 49.036 | 2 | 4 |
4 | 28 | Gerhard Berger | Ferrari | 50 | + 57.979 | 3 | 3 |
5 | 20 | Thierry Boutsen | Benetton-Ford | 50 | + 1:21.319 | 6 | 2 |
6 | 2 | Stefan Johansson | McLaren-TAG | 50 | + 1:28.787 | 11 | 1 |
7 | 19 | Teo Fabi | Benetton-Ford | 49 | + 1 volta | 7 | |
8 | 26 | Piercarlo Ghinzani | Ligier-Megatron | 48 | + 2 voltas | 19 | |
9 | 10 | Christian Danner | Zakspeed | 48 | + 2 voltas | 16 | |
10 | 25 | René Arnoux | Ligier-Megatron | 48 | + 2 voltas | 15 | |
11 | 11 | Satoru Nakajima | Lotus-Honda | 47 | + 3 voltas | 14 | |
12 (1) | 4 | Philippe Streiff | Tyrrell-Ford | 47 | + 3 voltas | 24 | |
13 (2) | 16 | Ivan Capelli | March-Ford | 47 | + 3 voltas | 25 | |
14 (3) | 3 | Jonathan Palmer | Tyrrell-Ford | 47 | + 3 voltas | 22 | |
15 | 1 | Alain Prost | McLaren-TAG | 46 | + 4 voltas | 5 | |
16 | 24 | Alessandro Nannini | Minardi-Motori Moderni | 45 | + 5 voltas | 18 | |
Ret | 9 | Martin Brundle | Zakspeed | 43 | Caixa de cambios | 17 | |
Ret | 30 | Philippe Alliot | Lola-Ford | 37 | Trompo | 23 | |
Ret | 23 | Adrián Campos | Minardi-Motori Moderni | 34 | Motor | 20 | |
Ret | 18 | Eddie Cheever | Arrows-Megatron | 27 | Palier | 13 | |
Ret | 22 | Franco Forini | Osella-Alfa Romeo | 27 | Turbo | 26 | |
Ret | 21 | Alex Caffi | Osella-Alfa Romeo | 16 | Suspensión | 21 | |
Ret | 27 | Michele Alboreto | Ferrari | 13 | Turbo | 8 | |
Ret | 17 | Derek Warwick | Arrows-Megatron | 9 | Eléctrico | 12 | |
Ret | 8 | Andrea de Cesaris | Brabham-BMW | 7 | Suspensión | 10 | |
Ret | 7 | Riccardo Patrese | Brabham-BMW | 5 | Motor | 9 | |
NSC | 32 | Nicola Larini | Coloni-Ford | ||||
NSC | 14 | Pascal Fabre | AGS-Ford | ||||
Fonte:[1]
|
Notas
[editar | editar a fonte]- Os números entre parénteses refírense ás posicións dos participantes con motores normalmente aspirados que competían polo Jim Clark Trophy.
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
Clasificación no campionato de piloto
|
|
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ "1987 Italian Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 3 November 2014. Consultado o 23 December 2015.
Carreira anterior: Gran Premio de Austria de 1987 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1987 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Portugal de 1987 |
Carreira anterior: Gran Premio de Italia de 1986 |
Gran Premio de Italia | Carreira seguinte: Gran Premio de Italia de 1988 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Italia de 1987 |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |