Saltar ao contido

Pole position

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nos deportes a motor, a pole position (en inglés, literalmente: posición de poste) ou simplemente pole, é o termo que se utiliza para designar ao primeiro lugar na grella de saída das carreiras de circuíto. A frase ten a súa orixe na hípica, onde o primeiro corredor saía desde o lugar máis próximo aos postes interiores.

As posicións de saída normalmente determínanse sobre a base dunha ou máis sesións previas de cualificación, onde os pilotos tratan de establecer a súa volta máis rápida, ou sobre a base das posicións que obtiveron na carreira anterior.

Diferentes categorías de deporte motor usan diferentes formatos para determinar que corredor ten a oportunidade de saír desde a pole position.

"Visión da recta de meta desde a pole position
Fórmula 1 1950 a 1995

Este foi o sistema de clasificación máis longo na historia da Fórmula 1, xa que se empregou durante 46 tempadas. Celebrábanse dúas sesións dunha hora: unha, o venres; e outra, o sábado. O mellor tempo de cada piloto en calquera das dúas sesións contaba para a grella de saída.

Fórmula 1 1996 a 2003

Os pilotos tiñan permitido ata un máximo de 3 saídas de boxes e 12 voltas nunha sesión clasificatoria dunha hora os Sábados previos á carreira.

Fórmula 1 desde o 28 de maio de 2003, 2004 e 2005

A pole position era determinada polo mellor tempo nunha soa volta con tanques cheos os Sábados.

Fórmula 1 dende o 6 de marzo ata o 22 de maio de 2005

A pole position era determinada pola sumatoria de tempos de dúas sesións de cualificación.. Unha os Sábados co mínimo de combustible e outra a mañá do Domingo con tanques cheos.

Fórmula 1 dende o 2006, ata a actualidade

Logo de 2 sesións eliminatorias de 15 minutos cada unha, os 12 coches máis lentos son eliminados, 6 en cada unha. Logo, os restantes 10 pilotos tratan de establecer a volta máis rápida coa carga de combustible da súa elección (que deberán usar ao momento da largada)

NASCAR

A pole position determínase mediante a cronometraxe de dúas voltas (unha volta nos circuítos da Copa Nextel). A volta máis rápida marca a pole.

500 Millas de Indianápolis

A pole position determínase o primeiro día dos 4 días de cualificación. Cada coche realiza 2 voltas. A velocidade media é o que determina as posicións, incluída a pole. O mellor tempo establecido nunha sesión previa sempre sairá por diante dun mellor tempo establecido nunha sesión posterior. Así, os 33 mellores tempos sempre saen.