Gran Premio de Suráfrica de 1975
| Nome oficial | XXI South African Grand Prix |
|---|---|
| Nome na lingua orixinal | (en) XXIst South African Grand Prix |
| Tipo | Gran Premio de Suráfrica |
| Deporte | automobilismo |
| Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1975 |
| Distancia do evento | 78 |
| Localización e Datas | |
| Localización |
Suráfrica Circuíto de Kyalami (Midrand) |
| País | Suráfrica |
| Data | 1 de marzo de 1975 |
| Competición | |
| Primeiro posto | Jody Scheckter Tyrrell Racing |
| Pole position | José Carlos Pace |
| Volta máis rápida | José Carlos Pace |
O Gran Premio de Suráfrica de Fórmula 1 de 1975, celebrouse no Circuíto de Kyalami Kyalami, Gauteng, o 1 de marzo de 1975. Foi a terceira rolda da tempada de Fórmula Un de 1975. Foi o 21º Gran Premio de Suráfrica desde o primeiro Gran Premio disputado en 1934 e o noveno que se celebrou en Kyalami, nos arredores de Xohanesburgo. Levouse a cabo sobre 78 voltas ao circuíto de catro quilómetros para un distancia de carreira de 320 quilómetros.
A carreira pasou a historia porque Jody Scheckter se converteu no primeiro piloto surafricano en gañar a carreira do seu país. Pilotando un Tyrrell 007 tomou a iniciativa da carreira logo de adiantar a Carlos Pace na terceira volta e levouse a súa terceira vitoria por diante do Brabham BT44B de Carlos Reutemann. O compañeiro de Scheckter en Tyrrell, Patrick Depailler, terminou terceiro.
Resumo da carreira
[editar | editar a fonte]Ferrari utilizara proveitosamente o mes de febreiro libre, para producir o novo modelo 312T cunha nova caixa de cambios transversal. Tamén apareceu unha nova cara, a muller piloto italiana Lella Lombardi.
A práctica foi complicada, Graham Hill trompeou ó pasar sobre unha mancha de aceite que deixara o coche de Ronnie Peterson, destruíu o seu coche e optou por non saír na carreira. Unha vez que se limparon os restos e se repararon os buracos da barreira, houbo un segundo accidente: Niki Lauda trompeou sobre unha mancha de aceite, golpeando a muro a 193 km/h. Logo de novos violentos accidentes de Jody Scheckter e Guy Tunmer, os pilotos consideraron que o circuíto non era seguro e negáronse a continuar ata que se solucionasen os defectos nas barreiras e melloraran a pista, apoiados polos mecánicos que insistiron no cesamento das prácticas.
Cando a carreira se puxo en marcha, Carlos Pace liderou desde a pole pero tiña problemas de freado e pronto foi superado por Jody Scheckter e Carlos Reutemann. Pouco despois Depailler tamén o adiantou e acadou a terceira praza. James Hunt retirouse co cable do acelerador roto, Vittorio Brambilla retirouse con problemas no radiador de aceite e Ian Scheckter estrelouse. Emerson Fittipaldi desafiaba a Depailler para o cuarto lugar, cando sufriu problemas nun cable das buxías. Jody Scheckter pilotou con seguridade para aferrarse á súa única vitoria en casa por diante de Reutemann.
Clasificación
[editar | editar a fonte]| Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Points |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 3 | Tyrrell-Ford | 78 | 1:43:16.90 | 3 | 9 | |
| 2 | 7 | Brabham-Ford | 78 | + 3.74 | 2 | 6 | |
| 3 | 4 | Tyrrell-Ford | 78 | + 16.92 | 5 | 4 | |
| 4 | 8 | Brabham-Ford | 78 | + 17.31 | 1 | 3 | |
| 5 | 12 | Ferrari | 78 | + 28.64 | 4 | 2 | |
| 6 | 2 | McLaren-Ford | 78 | + 1:03.64 | 16 | 1 | |
| 7 | 23 | Hill-Ford | 78 | + 1:12.91 | 14 | ||
| 8 | 28 | Penske-Ford | 77 | + 1 volta | 18 | ||
| 9 | 16 | Shadow-Ford | 77 | + 1 volta | 19 | ||
| 10 | 5 | Lotus-Ford | 77 | + 1 volta | 8 | ||
| 11 | 34 | Lotus-Ford | 76 | + 2 voltas | 25 | ||
| 12 | 6 | Lotus-Ford | 76 | + 2 voltas | 21 | ||
| 13 | 33 | Lotus-Ford | 76 | + 2 voltas | 22 | ||
| 14 | 31 | McLaren-Ford | 76 | + 2 voltas | 20 | ||
| 15 | 14 | BRM | 76 | + 2 voltas | 24 | ||
| 16 | 11 | Ferrari | 71 | Acelerador | 9 | ||
| 17 | 27 | Parnelli-Ford | 70 | Transmisión | 6 | ||
| NC | 21 | Williams-Ford | 69 | Non clasificado | 23 | ||
| NC | 1 | McLaren-Ford | 65 | Non clasificado | 11 | ||
| Ret | 32 | Tyrrell-Ford | 55 | Accidente | 17 | ||
| Ret | 24 | Hesketh-Ford | 53 | Sistema combustible | 12 | ||
| Ret | 17 | Shadow-Ford | 37 | Temperatura | 13 | ||
| Ret | 10 | March-Ford | 23 | Sistema combustible | 26 | ||
| Ret | 20 | Williams-Ford | 22 | Motor | 15 | ||
| Ret | 18 | Surtees-Ford | 19 | Embrague | 10 | ||
| Ret | 9 | March-Ford | 16 | Radiador | 7 | ||
| NSC | 30 | Fittipaldi-Ford | |||||
| NSC | 22 | Lola-Ford |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
| Carreira anterior: Gran Premio do Brasil de 1975 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1975 |
Carreira seguinte: Gran Premio de España de 1975 |
| Carreira anterior: Gran Premio de Suráfrica de 1974 |
Gran Premio de Suráfrica | Carreira seguinte: Gran Premio de Suráfrica de 1976 |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Suráfrica de 1975 |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2014. Consultado o 2007-06-15.