Antes da segunda guerra mundial unha das fábricas de BMW atopábase en Eisenach, e logo da guerra pasou a mans dos soviéticos, Eisenach estaba na zona de ocupación soviética. A fábrica continuou a produción de automóbiles e motocicletas baixo a marca BMW, pero logo dun xuízo en 1952 tivo que cambiar o nome á EMW no seu lugar. O logotipo tamén era similar, pero en lugar do azul usado por BMW, EMW utilizou o vermello.
Máis tarde, a sección de automóbiles da EMW converteuse en VEB Automobilwerk Eisenach e construíu o Wartburg. A fabricación da motocicletas terminou na década de 1950.