En 1952, Chico Landi creou a Escudería Bandeirantes, con tres Maserati A6GCM, para competir polos principais premios de Europa. Gino Bianco acompañouno para ser un dos pilotos. Ademais dos dous brasileiros, a Escudería Bandeirantes contou co uruguaio Eitel Cantoni e, en dúas carreiras, o holandés Jan Flinterman e o francés Philippe Étancelin (ambos competiron nunha soa carreira). Os coches dos brasileiros estaban pintados de amarelo e tiñan rodas verdes, era a pintura nacional requirida pola FIA. Non era un equipo rico: só participou en catro GP, ás veces con só dous coches, e o seu mellor resultado foi o 8º posto de Landi no GP de Italia.
Resultados completos do Campionato Mundial de Fórmula 1