Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2015

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA de 2015
Previo: 2014 Vindeiro: 2016
Índice: Carreiras por país | Carreiras por tempada
Jordan F1 icon.png
A Galipedia ten un portal sobre:

O campionato Mundial de Fórmula 1 de 2015 é o campionato anual número 66 de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Nel están inscritos para competiren dez equipos e vinte pilotos, disputarán vinte Grandes Premios, comezando o en Australia o 15 de marzo e terminando en Abu Dabi o 29 de novembro.

A tempada 2015 verá a introdución do "Teito de Custos", unha serie de medidas de redución de custos negociados pola FIA en 2013.[1]

Equipos e pilotos[editar | editar a fonte]

Os seguintes equipos e pilotos participaran no Campionato Mundial de fórmula 1 de 2015. A raíz dos problemas financeiros agobiantes que obrigaron a Caterham a perderse os grandes premios de Estados Unidos e Brasil, a súa participación na tempada 2015 foi posta en dúbida.[2] Con todo, unha lista provisional de inscritos que foi presentada en novembro de 2014 inclue o equipo.[3]

Equipo Foto Construtor Chasis Motor Pneu. Piloto Roldas Piloto probas
Italia Scuderia Ferrari Sebastian Vettel 2015 Malaysia FP2 3.jpg Ferrari SF15-T Ferrari P 5
7
Alemaña Sebastian Vettel
Finlandia Kimi Räikkönen
1–9
1–9
Flag of India.svg Sahara Force India F1 Team Nico Hulkenberg 2015 Malaysia FP2 1.jpg Force India-Mercedes VJM08 Mercedes PU106B Hybrid P 11
27
Flag of Mexico.svg Sergio Pérez
Alemaña Nico Hülkenberg
1–9
1–9
Flag of the United Kingdom.svg Lotus F1 Team Romain Grosjean 2015 Malaysia FP1.jpg Lotus-Mercedes E23 Hybrid Mercedes PU106B Hybrid P 8
13
Francia Romain Grosjean
Flag of Venezuela.svg Pastor Maldonado       
1–9
1–9
30 Flag of the United Kingdom.svg Jolyon Palmer
Flag of the United Kingdom.svg Manor Marussia F1 Team[4] Will Stevens 2015 Malaysia FP2 2.jpg Marussia-Ferrari MR03[5] Ferrari 059/3[6][7] P 28
98
Flag of the United Kingdom.svg Will Stevens
España Roberto Merhi
2–9
2–9
Flag of the United Kingdom.svg McLaren Honda Jenson Button 2015 Malaysia FP2 2.jpg McLaren-Honda MP4-30 Honda RA615H Hybrid P 20
14
22
Dinamarca  Kevin Magnussen
España Fernando Alonso
Flag of the United Kingdom.svg Jenson Button
1
2–9
1–9
Alemaña Mercedes AMG Petronas F1 Team         Lewis Hamilton 2015 Malaysia FP2 1.jpg Mercedes F1 W06 Hybrid Mercedes PU106B Hybrid P 6
44
Alemaña Nico Rosberg
Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton
1–9
1–9
Austria Infiniti Red Bull Racing Daniil Kvyat 2015 Malaysia FP2.jpg Red Bull-Renault RB11 Renault Energy F1-2015 P 3
26
Australia Daniel Ricciardo
Flag of Russia.svg Daniil Kvyat
1–9
1–9
Suíza   Sauber F1 Team Raffaele Marciello 2015 Malaysia FP1 1.jpg Sauber-Ferrari C34 Ferrari P 9
12
Flag of Sweden.svg Marcus Ericsson
Flag of Brazil.svg Felipe Nasr
1–9
1–9
36 Italia Raffaele Marciello       
Italia Scuderia Toro Rosso Carlos Sainz Jr 2015 Malaysia FP2 1.jpg Toro Rosso-Renault STR10 Renault Energy F1-2015 P 33
55
Flag of the Netherlands.svg Max Verstappen
España Carlos Sainz Jr.
1–9
1–9
Flag of the United Kingdom.svg Williams Martini Racing Felipe Massa 2015 Malaysia FP2 1.jpg Williams-Mercedes FW37 Mercedes PU106B Hybrid P 19
77
Flag of Brazil.svg Felipe Massa
Finlandia Valtteri Bottas
1–9
1–9
Fontes:[3][4][8][9][10][11][12][13][14]

Novos equipos[editar | editar a fonte]

En decembro de 2013, a FIA anunciou a súa intención de abrir a grella a máis equipos, buscando o que denominou "equipos competitivos" dispostos a comprometerse co campionato ata a tempada 2020.[15] Recibíronse tres solicitudes, incluíndo unha oferta de Gene Haas, copropietario do equipo Stewart-Haas Racing da NASCAR Sprint Cup Series unha solicitude de Romania,[16] en conxunto co exdirector de Jordan, Midland, Spyker, Force India HRT Colin Kolles,[17][18] e unha terceira de Zoran Stefanovic, un enxeñeiro aeroespacial serbio que xa o intentara na tempada 2010 e 2011 baixo o nome de Stefan GP.[19] O proceso de licitación atrasouse, a FIA só estaba buscando un equipo para agregar á grella, pero que o as dúas primeiras ofertas eran igualmente viables.[17] Haas F1 foi o candidato elixido,[20][21] pero Haas aprazou a súa participación ata a tempada 2016.[22] Bernie Ecclestone anunciou que o equipo romanes, chamado Forza Rossa Racing, fora aceptado,[23][24] pero o equipo non se incluíu na lista provisional de inscritos para a tempada 2015.[3]

McLaren renovará a súa relación co fabricante xaponés Honda vinte e tres anos despois desde que competiran por última vez xuntos. Na foto o McLaren MP4/6, un dos últimos coches construídos por McLaren que utilizaba un motor Honda, competindo no Gran Premio dos Estados Unidos de 1991.

Cambios de equipos[editar | editar a fonte]

  • Honda volvera á Fórmula Un como fornecedor de motores, proporcionando a McLaren un motor V6 e o paquete de Sistema de Recuperación de Enerxía, poñendo fin á asociación de 20 anos do equipo con Mercedes.[25] Honda fornecera previamente a McLaren desde a tempada 1988 ata 1992, cando Honda terminou o seu programa de fornecemento de motores. A compañía volveu ao deporte como provedor de motores na tempada 2000, que forneceu a British American Racing os motores ata que comprou o equipo na tempada 2006 para competir como construtor, ata a tempada 2008. Ademais do contrato con McLaren, Honda anunciou a súa vontade de fornecer a outros equipos.
  • Lotus cambiara de fornecedor de motores, poñendo fin á súa asociación con Renault en favor dun acordo con Mercedes.[26]

Cambios de pilotos[editar | editar a fonte]

Sebastian Vettel de Red Bull Racing, o equipo co que gañou catro campionatos mundiais de pilotos ao final da tempada 2014

Outros cambios[editar | editar a fonte]

Seguindo as recomendacións do informe do accidente de Jules Bianchi no Gran Premio de Xapón de 2014, a hora de inicio de 5 carreiras adiantarase unha hora, xa que as carreiras téñense que iniciar como mínimo 4 horas antes do anoitecer. Polo tanto, os Grandes Premios de Australia, Malaisia, China, Xapón e Rusia comezarán unha hora antes que en 2014.[30]

Lista de carreiras planificadas[editar | editar a fonte]

Os seguintes dezanove grandes premios están programados para levarse a cabo en 2015.[31]

Rolda Grand Prix Nat.                          Circuíto                      Data
1 Gran Premio de Australia Australia Melbourne Grand Prix Circuit, Melbourne 15 marzo
2 Gran Premio de Malaisia Flag of Malaysia.svg Circuíto Internacional de Sepang, Kuala Lumpur 29 marzo
3 Gran Premio de China Flag of the People's Republic of China.svg Circuíto Internacional de Shanghai, Shanghai 12 abril
4 Gran Premio de Bahrain Bahrain Circuíto Internacional de Bahrain, Sakhir 19 abril
5 Gran Premio de España España Circuíto de Cataluña, Barcelona 10 maio
6 Gran Premio de Mónaco Flag of Monaco.svg Circuíto de Mónaco, Monte Carlo 24 maio
7 Gran Premio do Canadá Flag of Canada.svg Circuíto Gilles Villeneuve, Montreal 7 xuño
8 Gran Premio de Austria Austria Red Bull Ring, Spielberg 21 xuño
9 Gran Premio do Reino Unido Flag of the United Kingdom.svg Circuíto de Silverstone, Silverstone 5 xullo
10 Gran Premio de Hungría Hungría Hungaroring, Budapest 26 xullo
11 Gran Premio de Bélxica Bélxica Circuíto de Spa-Francorchamps, Stavelot 23 agosto
12 Gran Premio de Italia Italia Autodromo Nazionale Monza, Monza 6 setembro
13 Gran Premio de Singapur Flag of Singapore.svg Circuíto urbano de Singapur, Singapur 20 setembro
14 Gran Premio de Xapón Flag of Japan.svg Circuíto de Suzuka, Suzuka 27 setembro
15 Gran Premio de Rusia Flag of Russia.svg Circuíto urbano de Sochi, Sochi 11 outubro
16 Gran Premio dos Estados Unidos Flag of the United States.svg Circuíto das Américas, Austin, Texas 25 outubro
17 Gran Premio de México Flag of Mexico.svg Autódromo Hermanos Rodríguez, Cidade de México 1 novembro
18 Gran Premio de Brasil Flag of Brazil.svg Autódromo José Carlos Pace, São Paulo 15 novembro
19 Gran Premio de Abu Dhabi Flag of the United Arab Emirates.svg Circuíto de Yas Marina, Abu Dabi 29 novembro
Fonte:[31]

Cambios[editar | editar a fonte]

Cambios no calendario[editar | editar a fonte]

  • O Gran Premio de Alemaña tiña que disputarse en Nürburgring, de conformidade co acordo de reparto de carreiras que estableceuse entre o circuíto de Nürburgring e o de Hockenheimring en 2008.[32] Nürburgring acollera a carreira en 2013 polo que tocáballe acollela de novo en 2015, pero foi deixada fóra da axenda provisional,[33] deixando o acordo de reparto de carreiras nun punto morto.[34][35] Con ningún circuíto disposto a acoller a carreira,[36][37] o evento foi finalmente cancelado, deixando ao país fora do calendario de Grandes Premios por primeira vez desde 1960.[38]
  • O Gran Premio de Corea estaba programado para regresar ao calendario de Fórmula Un logo de ser eliminado en 2014, pero o plan foi abandonado en última instancia.[40]

Cambios no regulamento[editar | editar a fonte]

Regulamento Técnico[editar | editar a fonte]

  • O número de motores que pode usar un piloto nunha tempada reducirase de cinco en 2014 a catro en 2015.[41]
  • As normas relativas ao desenvolvemento do motor que se introduciron na tempada 2014 cambiarán, a FIA confirmou que o regulamento non establece prazos para o desenvolvemento do motor, negando así a interpretación anterior que fixaba o 28 de febreiro como o último día para os cambios.[42]
  • Logo da reacción aos "feos" deseños dos morros da tempada 2014, a FIA modificou as normas que rodean o deseño dos morros para a tempada 2015. Os morros serán máis baixos que en 2014, conservando unha sección mínima, pero deben diminuír un punto a velocidade lineal, prohibindo de feito as espectaculares formas de dedo vistos en 2014 en favor dunhas formas máis graduais. Ademais, o deseño do morro debe ser simétrico e en consonancia coa liña central do coche, prohibindo así os deseños máis exóticos, como o de "dobre colmillo" utilizado por Lotus no chasis E22.[43]
  • O peso mínimo dos vehículos foi aumentado a 702 kg.
  • A prohibición dos sistemas de suspensión dianteiras e traseiras interconectadss (Fric) aplicadas no medio da tempada de 2014 formalizouse. Non pode haber transferencia entre as suspensións dianteira e traseira, o que era habitual nos últimos anos, en practicamente todos os equipos, para manter a altura do coche constante en curvas e freadas, mellorar a estabilidade do monopraza e o desgaste das rodas.
  • Os paneis anti-intrusión en ambos lados da célula de supervivencia estendéronse cara arriba ata o bordo da bañeira e á beira da cabeza do piloto.
  • Logo dos problemas financeiros que pasaron os equipos Marussia e Caterham en 2014, a FIA aprobou o uso do chasis cas especificacións de 2014 en 2015 para estes equipos que recibiron unha dispensa para competir cos seus vellos chasis.

Regulamento Deportivo[editar | editar a fonte]

  • A prohibición parcial de comunicacións entre os pits e os coches introducida no Gran Premio de Singapur de 2014 ampliarase para incluír unha prohibición xeral sobre o intercambio de información técnica entre o equipo e o piloto, como os axustes específicos de consumo de combustible.[44]
  • Xa non se premiara con puntos dobres a carreira final do campionato.
  • Tralo grave accidente de Jules Bianchi Durante o Gran Premio de Xapón de 2014 presentarase un novo procedemento chamado coche de seguridade virtual (VSC), que obriga aos pilotos a reducir a velocidade para que coincida coa que se indique nas pantallas dos seus volantes. O procedemento poderá iniciarse cando ondeen as dobres bandeiras amarelas en calquera sección dun circuíto no que os competidores e os comisarios poidan estar en perigo, pero as circunstancias non sexan tan perigosas como para xustificar a saída do coche de seguridade real. As letras VSC (Virtual Safety Car) leranse nos paneis dos comisarios de posto e os pilotos non poderán entrar en pits salvo para cambiar pneumáticos. Cando acabe o perigo informarase aos equipos e entre 10 e 15 segundos despois, o cartel VSC cambiará a verde para que continúe a carreira.
  • Foron modificados os procedementos do coche de seguridade. Se anula a idea de facer novas saidas con cada coche de seguridade real que salga, e xa non terá que esperar a que todos os dobrados recuperen a posición para volver ao pit lane.[45]
  • Se suspéndese unha carreira, os coches xa non aliñaranse na grella, no seu lugar procederan a saír lentamente pola rúa de boxes.[45]
  • Se o equipamento ou persoal do equipo permanecen na grella logo do sinal de quince segundos antes do inicio da volta de formación, o piloto do coche en cuestión debe comezar a carreira desde o pit lane. Se o piloto non o fai, recibirá unha penalización dun stop an go de dez segundos..[45]
  • A substitución dunha unidade de potencia completa xa non dará lugar a unha penalización. En cambio, as sancións aplicaranse de forma acumulativa para os compoñentes individuais da unidade de potencia. Se un piloto non pode cumprir as sancións con posicións na grella, non se acumulan para o seguinte Gran Premio, senón que se transforman en sancións de tempo nesa mesma carreira.
  • Os comisarios poden sancionar agora con 10 segundos e non cinco, as pequenas infraccións de carreira.
  • Se un coche regresa á pista logo da parada en boxes de forma perigosa será castigado automaticamente cun stop and go de dez segundos. Aplicaranse outras sancións se os comisarios creen que o piloto é consciente disto e trata de pilotar o coche sen telo en conta.[45]
  • Os procedementos de cualificación foron modificados para atender os diferentes tamaños das grellas de saída; se cualifican vinte e catro coches na carreira, serán eliminados sete logo da de cada un dos dous primeiros segmentos de cualificación; se cualifican vinte e dous coches, serán eliminados seis logo de cada segmento da cualificación e así sucesivamente se cualifican menos coches.

Pneumáticos[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Pneumáticos de Fórmula 1.

Desde 2011, Pirelli e o fornecedor de pneumáticos do campionato oficial de F1.

Os 6 compostos de pneumáticos fornecidos por Pirelli para a tempada 2014 de Fórmula 1
Nome do composto Cor Banda de rodamento Condicións de condución Tipo seco* Adherencia Lonxevidade
Super Brando Vermello Neumático F1 Súper blando.png Slick Seco Opción Máis adherencia Menos duradeiro
Brando Amarelo Neumático F1 Blando.png Slick Seco Prime/Option Medio Médio
Medio Branco Neumático F1 Medio.png Slick Seco Prime/Option Medio Médio
Duro Laranxa Neumático F1 Duro.png Slick Seco Prime Menos adherencia Máis duradeiro
Intermedio Verde Neumático F1 Intermedios.png Sucos Mollado (auga non estancada) x x x
Chuvia Azul Neumático F1 Lluvia.png Sucos Mollado (auga estancada) x x x

* Pirelli designa 2 tipos de pneumáticos secos para cada Gran Premio. O máis brando é chamado "option" e o máis duro "prime".

Resultados[editar | editar a fonte]

Grandes Premios[editar | editar a fonte]

# Gran Premio Pole position Volta rápida Piloto gañador Escudería gañadora Informe
1 Australia Gran Premio de Australia Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Alemaña Mercedes Informe
2 Flag of Malaysia.svg Gran Premio de Malaisia Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Alemaña Nico Rosberg Alemaña Sebastian Vettel Italia Ferrari Informe
3 Flag of the People's Republic of China.svg Gran Premio de China Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Alemaña Mercedes Informe
4 Bahrain Gran Premio de Bahrain Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Finlandia Kimi Räikkönen Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Alemaña Mercedes Informe
5 España Gran Premio de España Alemaña Nico Rosberg Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Alemaña Nico Rosberg Alemaña Mercedes Informe
6 Flag of Monaco.svg Gran Premio de Mónaco Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Australia Daniel Ricciardo Alemaña Nico Rosberg Alemaña Mercedes Informe
7 Flag of Canada.svg Gran Premio do Canadá Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Finlandia Kimi Räikkönen Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Alemaña Mercedes Informe
8 Austria Gran Premio de Austria Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Alemaña Nico Rosberg Alemaña Nico Rosberg Alemaña Mercedes Informe
9 Flag of the United Kingdom.svg Gran Premio do Reino Unido Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Alemaña Mercedes Informe
10 Hungría Gran Premio de Hungría Informe
11 Bélxica Gran Premio de Bélxica Informe
12 Italia Gran Premio de Italia Informe
13 Flag of Singapore.svg Gran Premio de Singapur Informe
14 Flag of Japan.svg Gran Premio de Xapón Informe
15 Flag of Russia.svg Gran Premio de Rusia Informe
16 Flag of the United States.svg Gran Premio dos Estados Unidos Informe
17 Flag of Mexico.svg Gran Premio de México Informe
18 Flag of Brazil.svg Gran Premio de Brasil Informe
19 Flag of the United Arab Emirates.svg Gran Premio de Abu Dabi Informe

Pilotos[editar | editar a fonte]

Puntuación: os puntos outórganse aos 10 finalistas clasificados.

Posición                             10º 
Puntos 25 18 15 12 10 8 6 4 2 1
Pos Piloto AUS
Australia
MAL
Flag of Malaysia.svg
CHN
Flag of the People's Republic of China.svg
BHR
Bahrain
ESP
España
MON
Flag of Monaco.svg
CAN
Flag of Canada.svg
AUT
Austria
RU
Flag of the United Kingdom.svg
HUN
Hungría
BEL
Bélxica
ITA
Italia
SIN
Flag of Singapore.svg
XPN
Flag of Japan.svg
RUS
Flag of Russia.svg
USA
Flag of the United States.svg
MEX
Flag of Mexico.svg
BRA
Flag of Brazil.svg
ABU
Flag of the United Arab Emirates.svg
Puntos
1 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton 44 1 2 1 1 2 3 1 2 1 194
2 Alemaña Nico Rosberg 6 2 3 2 3 1 1 2 1 2 177
3 Alemaña Sebastian Vettel 5 3 1 3 5 3 2 5 4 3 135
4 Finlandia Valtteri Bottas 77 NTS 5 6 4 4 14 3 5 5 77
5 Finlandia Kimi Räikkönen 7 Ret 4 4 2 5 6 4 Ret 8 76
6 Flag of Brazil.svg Felipe Massa 19 4 6 5 10 6 15 6 3 4 74
7 Australia Daniel Ricciardo 3 6 10 9 6 7 5 13 10 Ret 36
8 Flag of Russia.svg Daniil Kvyat 26 NTS 9 Ret 9 10 4 9 12 6 27
9 Alemaña Nico Hülkenberg 27 7 14 Ret 13 15 11 8 6 7 24
10 Francia Romain Grosjean 8 Ret 11 7 7 8 12 10 Ret Ret 17
11 Flag of Brazil.svg Felipe Nasr 12 5 12 8 12 12 9 16 11 NTS 16
12 Flag of Mexico.svg Sergio Pérez 11 10 13 11 8 13 7 11 9 9 15
13 Flag of Venezuela.svg Pastor Maldonado 13 Ret Ret Ret 15 Ret Ret 7 7 Ret 12
14 Flag of the Netherlands.svg Max Verstappen 33 Ret 7 17† Ret 11 Ret 15 8 Ret 10
15 España Carlos Sainz 55 9 8 14 Ret 9 10 12 Ret Ret 9
16 Flag of Sweden.svg Marcus Ericsson 9 8 Ret 10 14 14 13 14 13 11 5
17 Flag of the United Kingdom.svg Jenson Button 22 11 Ret 13 NTS 16 8 Ret Ret Ret 4
18 España Fernando Alonso 14 Ret 12 11 Ret Ret Ret Ret 10 1
19 España Roberto Merhi 98 NPP 15 16 17 18 16 Ret 14 12 0
20 Flag of the United Kingdom.svg Will Stevens 28 NPP NTS 15 16 17 17 17 Ret 13 0
21 Dinamarca Kevin Magnussen 20 NTS 0
Pos Piloto AUS
Australia
MAL
Flag of Malaysia.svg
CHN
Flag of the People's Republic of China.svg
BHR
Bahrain
ESP
España
MON
Flag of Monaco.svg
CAN
Flag of Canada.svg
AUT
Austria
RU
Flag of the United Kingdom.svg
HUN
Hungría
BEL
Bélxica
ITA
Italia
SIN
Flag of Singapore.svg
XPN
Flag of Japan.svg
RUS
Flag of Russia.svg
USA
Flag of the United States.svg
MEX
Flag of Mexico.svg
BRA
Flag of Brazil.svg
ABU
Flag of the United Arab Emirates.svg
Puntos
Lenda
Cor Resultado
Ouro Gañador
Prata 2º posto
Bronce 3º posto
Verde Remata nos puntos
Azul Non remata nos puntos
Non se califica (NC)
Púrpura Non remata (Ret)
Vermello Non se califica (NSC)
Non se precalifica (NSPC)
Negro Descualificado (DSC)
Branco Non tomou a saída (NTS)
Carreira cancelada (C)
Azul claro Prácticas só (PS)
Piloto de probas dos venres (PP)
(desde 2003 en diante)
En branco Non participou nas prácticas (NPP)
Excluído (EX)
Non chegou (NCG)

Negra – Pole
Cursiva – Volta rápida
† Pilotos que non terminaron o Gran Premio,
pero se clasificaron ao completar máis do 90%
da distancia de carreira.

Construtores[editar | editar a fonte]

Pos Construtor Pil AUS
Australia
MAL
Flag of Malaysia.svg
CHN
Flag of the People's Republic of China.svg
BHR
Bahrain
ESP
España
MON
Flag of Monaco.svg
CAN
Flag of Canada.svg
AUT
Austria
RU
Flag of the United Kingdom.svg
HUN
Hungría
BEL
Bélxica
ITA
Italia
SIN
Flag of Singapore.svg
XPN
Flag of Japan.svg
RUS
Flag of Russia.svg
USA
Flag of the United States.svg
MEX
Flag of Mexico.svg
BRA
Flag of Brazil.svg
ABU
Flag of the United Arab Emirates.svg
Puntos
1 Alemaña Mercedes 6 ROS 2 3 2 3 1 1 2 1 2 371
44 HAM 1 2 1 1 2 3 1 2 1
2 Italia Ferrari 5 VET 3 1 3 5 3 2 5 4 3 211
7 RAI Ret 4 4 2 5 6 4 Ret 8
3 Flag of the United Kingdom.svg WilliamsMercedes 19 MAS 4 6 5 10 6 15 6 3 4 151
77 BOT NTS 5 6 4 4 14 3 5 5
4 Austria Red BullRenault 3 RIC 6 10 9 6 7 5 13 10 55
30 KVY NTS 9 Ret 9 10 4 9 12
5 Flag of India.svg Force IndiaMercedes 11 PER 10 13 11 8 13 7 11 9 31
27 HÜL 7 14 Ret 13 15 11 8 6
6 Flag of the United Kingdom.svg LotusRenault 8 GRO Ret 11 7 7 8 12 10 Ret 29
13 MAL Ret Ret Ret 15 Ret Ret 7 7
7 Suíza SauberFerrari 9 ERI 8 Ret 10 14 14 13 14 13 21
12 NAS 5 12 8 12 12 9 16 12
8 Italia Toro RossoRenault 33 VES Ret 7 17† Ret 11 Ret 15 8 19
55 SAI 9 8 14 Ret 9 10 12 Ret
9 Flag of the United Kingdom.svg McLarenHonda 14 ALO Ret 12 11 Ret Ret Ret Ret 4
20 MAG NTS
22 BUT 11 Ret 13 NTS 16 8 Ret Ret
10 Flag of the United Kingdom.svg Manor MarussiaFerrari 28 STE NPP NTS 15 16 17 17 17 Ret 0
98 MER NPP 15 16 17 18 16 Ret 14
Pos Construtor Pil AUS
Australia
MAL
Flag of Malaysia.svg
CHN
Flag of the People's Republic of China.svg
BHR
Bahrain
ESP
España
MON
Flag of Monaco.svg
CAN
Flag of Canada.svg
AUT
Austria
RU
Flag of the United Kingdom.svg
HUN
Hungría
BEL
Bélxica
ITA
Italia
SIN
Flag of Singapore.svg
XPN
Flag of Japan.svg
RUS
Flag of Russia.svg
USA
Flag of the United States.svg
MEX
Flag of Mexico.svg
BRA
Flag of Brazil.svg
ABU
Flag of the United Arab Emirates.svg
Puntos
Lenda
Cor Resultado
Ouro Gañador
Prata 2º posto
Bronce 3º posto
Verde Remata nos puntos
Azul Non remata nos puntos
Non se califica (NC)
Púrpura Non remata (Ret)
Vermello Non se califica (NSC)
Non se precalifica (NSPC)
Negro Descualificado (DSC)
Branco Non tomou a saída (NTS)
Carreira cancelada (C)
Azul claro Prácticas só (PS)
Piloto de probas dos venres (PP)
(desde 2003 en diante)
En branco Non participou nas prácticas (NPP)
Excluído (EX)
Non chegou (NCG)

Negra – Pole
Cursiva – Volta rápida
† Coches que non terminaron o Gran Premio,
pero se clasificaron ao completar
máis do 90% da distancia de carreira.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Straw, Edd (9 de decembro de 2013). «Formula 1 to introduce budget cap in 2015». Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 12 de decembro de 2013. 
  2. «Absence of Marussia and Caterham casts shadow over US Grand Prix». theguardian.com. 30 October 2014. Consultado o 3 November 2014. 
  3. 3,0 3,1 3,2 «2015 FIA F1 World Championship - Entry List». FIA.com. Federation Internationale de l'Automobile. 5 November 2014. Consultado o 5 November 2014. 
  4. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Marussia
  5. Collantine, Keith (12 March 2015). «Manor F1 car appears in Australia». F1 Fanatic (Keith Collantine). Consultado o 12 March 2015. 
  6. «Manor F1 Team on provisional 2015 entry list». ESPN Sport UK. 5 November 2014. Consultado o 5 November 2014. 
  7. Anderson, Ben; Noble, Jonathan (20 February 2015). «Manor F1 team agrees to use 2014 Ferrari engines». Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 20 February 2015. 
  8. «Renault Energy F1-2015: Media Guide» (PDF). Renault Sport. Renault. Consultado o 29 January 2015. 
  9. «Mercedes provide early look at 2015 car». Grand Prix 247. Consultado o 29 January 2015. 
  10. «McLaren». formula1.com. Formula One Administration. Consultado o 28 February 2015. 
  11. «2015 Australian Grand Prix - Entry List» (PDF). FIA.com (Fédération Internationale de l'Automobile). 12 March 2015. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 12 March 2015. Consultado o 12 March 2015. 
  12. «Grid overview: Formula 1 teams of 2015». GP Update (GP Update). 7 March 2015. Consultado o 21 March 2015. 
  13. «2015 Malaysian Grand Prix - Entry List» (PDF). FIA.com (Fédération Internationale de l'Automobile). 26 March 2015. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 26 March 2015. Consultado o 26 March 2015. 
  14. «2015 Chinese Grand Prix - Entry List» (PDF). FIA.com (Fédération Internationale de l'Automobile). 9 April 2015. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 9 April 2015. Consultado o 9 April 2015. 
  15. Collantine, Keith (11 December 2013). «FIA invites "competitive" new teams to enter F1». F1 Fanatic (Keith Collantine). Consultado o 12 December 2013. 
  16. «Premieră pentru România. Vom avea echipă de Formula 1: "Proiectul este 100% privat, nu există implicarea Guvernului"» [Premiere for Romania: "We have a team in Formula 1; the project is 100% privately owned, with no government involvement"] (en Romanian). Gândul. 8 June 2014. 
  17. 17,0 17,1 Cooper, Adam (28 February 2014). «FIA delays its decision on new F1 team». Adam Cooper's F1 Blog (WordPress). Consultado o 1 March 2014. 
  18. Cooper, Adam (16 January 2014). «Romanian project applies for 2015 F1 entry». Adam Cooper's F1 Blog (WordPress). Consultado o 17 January 2014. 
  19. Rencken, Dieter; Noble, Jonathan (16 January 2014). «NASCAR team boss Gene Haas plans new Formula 1 squad for 2015». Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 16 January 2014. 
  20. Gluck, Jeff (14 April 2014). «Gene Haas: No reason U.S.-based Formula One team can't succeed». USA Today Sports. Consultado o 15 April 2015. 
  21. Noble, Jonathan (11 April 2014). «Gene Haas granted Formula 1 entry for 2015 season». Autosport.com. Haymarket Media. Consultado o 11 April 2014. 
  22. «Haas confirms debut will be in 2016». ESPN. 4 June 2014. Consultado o 4 June 2014. 
  23. Noble, Jonathan (6 April 2014). «Formula 1 could have two new teams in 2015 - Bernie Ecclestone». Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 7 April 2014. «They will be accepted," he said about the Haas entry. "We have also accepted another team as well.» 
  24. «FIA WMSC statement, Marrakech, 11 April 2014». FIA.com. Fédération Internationale de l'Automobile. 11 April 2014. Consultado o 11 April 2014. 
  25. Collantine, Keith (16 May 2013). «Honda confirm F1 return with McLaren in 2015». F1 Fanatic (Keith Collantine). Consultado o 16 May 2013. 
  26. Anderson, Ben (9 October 2014). «Lotus confirms Mercedes engine switch». Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 9 October 2014. 
  27. Noble, Jonathan (7 November 2014). «Marussia Formula 1 team closes doors, staff made redundant.». Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 7 November 2014. 
  28. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome STR
  29. Simmons, Marcus (18 August 2014). «Analysis: why Verstappen can handle F1». Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 19 August 2014. 
  30. «Formula 1 races to start early after Jules Bianchi crash». BBC Sport. 20 January 2015. Consultado o 20 January 2015. 
  31. 31,0 31,1 «World Motor Sport Council 2014 – Doha». FIA.com (Fédération Internationale de l'Automobile). 3 December 2014. Consultado o 3 December 2014. 
  32. «Hockenheim handed reprieve». PlanetF1.com. 1 October 2009. Consultado o 10 March 2010. 
  33. «German GP at Nürburgring still uncertain». GPUpdate (JHED Media BV). 13 January 2015. Consultado o 13 January 2015. 
  34. «Hockenheim says 'nothing fixed' for 2015». GPUpdate (GPUpdate). 15 January 2015. Consultado o 15 January 2015. 
  35. Galloway, James (21 January 2015). «Bernie Ecclestone says German GP not certain to take place in 2015». Sky Sports F1 (British Sky Broadcasting Plc). Consultado o 22 January 2015. 
  36. «Hockenheim rules out hosting German GP». GP Update (GP Update). 17 March 2015. Consultado o 20 March 2015. 
  37. «Nürburgring will not stage German GP». GPUpdate (JHED Media BV). 19 March 2015. Consultado o 20 March 2015. 
  38. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Germany_Dropped
  39. «Ecclestone rules out 2015 Indian GP». The Hindu. 22 August 2014. Consultado o 6 February 2015. 
  40. Benson, Andrew (6 January 2015). «Korea dropped from 2015 calendar». BBC Sport (BBC). Consultado o 6 January 2015. 
  41. Collins, Sam (5 March 2013). «Renault RS34 – the future of Formula 1». Racecar Engineering (Chelsea Magazines Ltd.). Consultado o 1 May 2013. 
  42. Saward, Joe (8 July 2014). «Changing the F1 engines of today». joeblogsf1. WordPress. Consultado o 9 July 2014. 
  43. Noble, Jonathan; Scarborough, Craig (20 June 2014). «Formula 1 chiefs move to avoid ugly noses in 2015». Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 21 June 2014. 
  44. «FIA postpones radio clampdown until 2015». SpeedCafe.com. 19 September 2014. Consultado o 20 September 2014. 
  45. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome 15_calendar_2


Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2015 Modificar a ligazón no Wikidata