Maki Engineering foi un construtor xaponés de Fórmula 1. Un pequeno equipo fundado por Kenji Mimura, participou por primeira vez na tempada de Fórmula 1 de 1974 foi o primeiro equipo xaponés desde a retirada de Honda ao final da tempada de 1968. Participou por primeira vez no Gran Premio do Reino Unido de 1974, co piloto neozelandésHowden Ganley pilotando un único Maki F101, impulsado polo omnipresente motor Cosworth DFV V8. Non puido clasificarse, e logo resultou gravemente ferido nas pernas no seguinte Gran Premio de Alemaña. Posteriormente, o equipo retirouse ao Xapón para reparar e modificar o coche.
O equipo desapareceu unha vez máis, só para volver unha vez máis a Fórmula Un na derradeira carreira da tempada de 1976, o Gran Premio do Xapón. Con Trimmer de piloto, o actualizado F102A fracasou unha vez máis non logrando clasificarse para a carreira, o equipo nunca volveu a aparecer de novo na Fórmula Un.