Connew
Nome completo | Connew Racing Team |
---|---|
Bandeira | Reino Unido |
Baseada en | Chadwell Heath, Reino Unido |
Tempadas en activo | 1972 |
Número de pilotos | François Migault David Purley |
Debut | Gran Premio do Reino Unido de 1972 |
Carreiras | 2 (1 saídas) |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas Rápidas | 0 |
Puntos totais | 0 |
Derradeiro GP | Gran Premio de Austria de 1972 |
Connew Racing Team, coñecida como Connew, foi un efémero construtor británico de Fórmula 1. Fundado en 1971 por Peter Connew, o equipo construíu un só coche, o PC1, coa intención de competir no Campionato Mundial de Fórmula Un de 1972. A falta de recursos financeiros e técnicos resultou que o coche só puido iniciar unha carreira do campionato, o Gran Premio de Austria de 1972, co piloto francés François Migault ao volante. Logo da carreira de Austria, o coche competiu nalgunhas carreiras fóra de campionato antes de ser convertido para cumprir cas especificacións da Fórmula 5000 para a tempada 1973. O chasis foi danado sen posibilidade de reparación durante a pechadura de campaña en Brands Hatch e o equipo liquidouse.
Historia
[editar | editar a fonte]Á idade de 24 anos, un amigo preguntoulle a Peter Connew si quería asistir ó Gran Premio de Italia en Monza. O xefe de Connew negouse a darlle tempo libre para asistir á carreira, así que renunciou e viaxou á carreira de todos os xeitos[1] ao regresar Connew buscou emprego e foi contratado por Surtees, un equipo de Fórmula 1 dirixido polo ex campión John Surtees, como proxectista.
1972: Fórmula Un
[editar | editar a fonte]Logo dunha discusión co director do equipo John Surtees, Connew deixou o equipo para deseñar o seu propio coche. Alugou un garaxe dunha casa en Chadwell Heath e comezou a construción dun prototipo de chasis en decembro de 1970. A Connew axudouno Roger Douran, que traballaba como montador e o curmán de Connew Barry Boor.[1][2]
A filosofía de deseño de Connew era que, o coche non só debe ser eficiente, senón que tamén debe ser fácil de traballar e manter. O deseño de Connew foi probado e refinado mediante a utilización dun túnel de vento dunha escola técnica local. Durante a construción, os pilotos Tony Trimmer, Howden Ganley e Gerry Birrell viñeron ver o coche, Trimmer afirmou que era un dos coches máis cómodos nos que se sentara.
O equipo tiña previsto facer o seu debut na competición en Mónaco, pero un repentino cambio de regras requiriu a construción doutro chasis nun tipo diferente de aluminio. Connew fixo un trato con McLaren para comprar un motor Cosworth DFV de segunda man. O francés François Migault asinou un contrato para pilotar para o equipo e tamén proporcionou un camión Ford, que levou o coche a Francia. O camión rompeuse antes de que puidese chegar ao Circuíto de Charade, a sede do Gran Premio de Francia e no seu lugar o equipo fixo un test no Circuíto Bugatti en Le Mans.
O pequeno equipo logrou presentarse no Gran Premio de Alemaña de 1972, pero sen facer unha entrada previa adecuada , a participación foi negada polos alemáns.
O coche, finalmente, participou na práctica do Gran Premio do Reino Unido de 1972, pero retirouse antes da carreira. O coche tiña unha suspensión traseira infrecuente que resultou non estar á altura, e o coche era demasiado lento.
O coche modificouse e participou no Gran Premio de Austria de 1972. Migault cualificado ao final da grella malia algúns problemas de motor. Logo de 22 voltas, Migault pasara 4 competidores, a suspensión rompeu e Migault pasou un momento desagradable. O coche desviouse cara ás barreiras na recta principal, pero o piloto detivo o coche nun punto seguro e sen danos.
O Connew reapareceu ao final da tempada do Campionato Mundial na carreira non de campionato Victory Race en Brands Hatch pilotado por David Purley, pero non puido saír debido a problemas eléctricos.
1973 : Fórmula 5000
[editar | editar a fonte]O coche foi modificado para cumprir cas normas da Fórmula 5000 e apareceu no campionato británico en 1973, equipado cun motor V8 Chevrolet[3] o coche fixo a súa primeira aparición na serie en Mallory Park. O piloto suízo Pierre Soukry clasificou o coche no vixésimo primeiro lugar, pero non puido saír debido a unha rotura na tubaxe de aceite.[4] Tres carreiras máis tarde, o Connew non puido clasificarse en Brands Hatch, con Soukry ao volante.[5] A última aparición do coche foi no final de tempada, de novo en Brands Hatch . Pilotaba Tony Trimmer pero unha colisión cunha barreira deixou o chasis sen posibilidade de reparación.
Resultados Completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida[6].
Ano | Chasis | Motor(es) | Pneu. | Pilotos | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | Puntos | Pos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1972 | Connew PC1 | Ford V8 | F | ARX | USD | ESP | MON | BEL | FRA | RU | ALE | AUT | ITA | CAN | USA | 0 | NC | |
François Migault | NTS | Ret |
Resultados en carreiras non de Campionato
[editar | editar a fonte]Ano | Carreira | Circuíto | Piloto | Resultado | Categoría | Informe |
---|---|---|---|---|---|---|
1972 | Rothmans 50.000[7] | Brands Hatch | François Migault | NSC | Fórmula Libre | |
1972 | John Player Challenge Trophy[8] | Brands Hatch | David Purley | NTS | Fórmula 1 | Resultados |
Fórmula 5000
[editar | editar a fonte]Campionato Británico de Fórmula 5000[9]
[editar | editar a fonte](Chave)
Ano | Chasis | Motor(es) | Pilotos | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1973 | Connew PC1 | Chevrolet V8 | BRA | MAL | SIL | SNE | BRA | OUL | MAL | MIS | ZAN | MAL | MON | SIL | BRA | OUL | JYL | ZAN | SNE | BRA | |
Pierre Soukry | NTS | NSC | |||||||||||||||||||
Tony Trimmer | Ret |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Nye, Doug (17 February 1972). "Connew: the story so far". Autosport 46 (7): 26–28.
- ↑ Diepraam, Mattijs and Muelas, Felix. "DIY heroes". forix.com. Consultado o 24/8/2007.
- ↑ Brown, Allen. "Connew PC1-002". Old Racing Cars. Arquivado dende o orixinal o 17/03/2016. Consultado o 24/8/2007.
- ↑ Brown, Allen. "Rothmans F5000 Championship round: Mallory Park, 8 Jul 1973". Old Racing Cars. Consultado o 24/8/2007.
- ↑ Brown, Allen. "Rothmans F5000 Championship round: Brands Hatch, 27 Aug 1973". Old Racing Cars. Consultado o 24/8/2007.
- ↑ Os resultados tómanse da páxina web oficial da Fórmula 1. 1972 Season review. Arquivado 19 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. www.formula1.com. Consultado o 9 de xaneiro de 2010.
- ↑ Os resultados da Rothmans 50.000 tómanse da páxina web OldRacingCars.com. Rothmans 50,000. www.oldracingcars.com. Consultado o 9 de xaneiro de 2010.
- ↑ Os resultados da John Player Challenge Trophy tómanse da páxina web OldRacingCars.com. John Player Challenge Trophy www.oldracingcars.com. Consultado o 9 de xaneiro de 2010.
- ↑ Os resultados da Fórmula 5000 tómanse da páxina web OldRacingCars.com. Formula 5000 races. www.oldracingcars.com. Consultado o 9 de xaneiro de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- DIY heroes. Artigo sobre o equipo.
- The Connew Story en YouTube.
- The Story of the Connew Formula 1 Team Arquivado 11 de setembro de 2013 en Wayback Machine. en Motorsport Retro.