Gran Premio do Reino Unido de 1959
| Nome oficial | XII RAC British Grand Prix |
|---|---|
| Nome na lingua orixinal | (en) XII RAC British Grand Prix |
| Tipo | Gran Premio do Reino Unido |
| Deporte | automobilismo |
| Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1959 |
| Distancia do evento | 75 |
| Localización e Datas | |
| Localización | Circuíto de Aintree (Aintree (pt) |
| Lonxitude | 4,828 km |
| País | Reino Unido |
| Data | 18 de xullo de 1959 |
| Competición | |
| Primeiro posto | Jack Brabham |
| Pole position | Jack Brabham |
| Volta máis rápida | Stirling Moss |
O Gran Premio do Reino Unido de 1959 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 18 de xullo de 1959 no Circuíto de Aintree, Liverpool, Inglaterra. Foi a quinta carreira do Campionato do Mundo da tempada de 1959 de Fórmula Un. Foi 14º Gran Premio do Reino Unido e a terceira que se celebrou no Circuíto de Aintree, un circuíto trazado nos terreos da Aintree Racecourse hipódromo de carreiras de cabalos. A carreira levouse a cabo sobre 75 voltas ao circuíto de catro quilómetros, cunha distancia de carreira de 362 quilómetros.
Informe
[editar | editar a fonte]
A carreira foi gañada polo australiano Jack Brabham, logrando a súa segunda vitoria nun Gran Premio nun Cooper T51 de fábrica. Brabham dominou a carreira, liderando as 75 voltas para gañar por 22 segundos sobre o piloto británico Stirling Moss pilotando un BRM P25 do equipo British Racing Partnership. Era a primeira vez que BRP terminaba entre os tres primeiros. O compañeiro de Brabham en Cooper, o neozelandés Bruce McLaren terminou en terceiro lugar, a só 0´2 segundos por detrás de Moss, logo de perder a segunda posición ao final da carreira. Harry Schell terminou en cuarto lugar para o equipo Owen Racing Organisation con BRM, unha volta detrás de Brabham.
O Gran Premio de Inglaterra tivo a maior participación da tempada, agás da Indianápolis 500, con 30 coches na cualificación e 24 na grella de saída, a pesar da ausencia de Ferrari. As folgas en Italia atraparon ao equipo en casa, deixando sós aos equipos británicos loitando pola carreira. O novo líder de Ferrari, o piloto Tony Brooks, comezou a carreira nun Vanwall, pero foi o primeiro en retirarse na 13ª volta, despois de saír nun modesto 17º lugar, logo de gañar o Gran Premio de Francia de 1959 un par de semanas antes.
Coa vitoria, Brabham ampliou a súa vantaxe en puntos sobre Brooks, a 13 puntos. Moss e McLaren situaronse no 4º posto, só medio punto por detrás do ausente Phil Hill.
Clasificación
[editar | editar a fonte]| Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 12 | Cooper-Climax | 75 | 2:30:11.6 | 1 | 8 | |
| 2 | 6 | BRM | 75 | + 22.2 | 7 | 6´5 | |
| 3 | 16 | Cooper-Climax | 75 | + 22.4 | 8 | 4´5 | |
| 4 | 8 | BRM | 74 | + 1 volta | 3 | 3 | |
| 5 | 18 | Cooper-Climax | 74 | + 1 volta | 4 | 2 | |
| 6 | 2 | Aston Martin | 74 | + 1 volta | 2 | ||
| 7 | 14 | Cooper-Climax | 73 | + 2 voltas | 5 | ||
| 8 | 30 | Lotus-Climax | 71 | + 4 voltas | 12 | ||
| 9 | 28 | Lotus-Climax | 70 | + 5 voltas | 9 | ||
| 10 | 48 | Cooper-Borgward | 70 | + 5 voltas | 16 | ||
| 11 | 58 | Cooper-Climax | 69 | + 6 voltas | 21 | ||
| 12 | 52 | Cooper-Climax | 69 | + 6 voltas | 23 | ||
| 13 | 46 | Cooper-Borgward | 69 | + 6 voltas | 18 | ||
| Ret | 4 | Aston Martin | 69 | Encendido | 6 | ||
| Ret | 40 | Maserati | 57 | Accidente | 20 | ||
| Ret | 42 | BRM | 53 | Trompo | 11 | ||
| Ret | 38 | Cooper-Climax | 39 | Caixa de cambios | 15 | ||
| Ret | 10 | BRM | 37 | Freos | 10 | ||
| Ret | 22 | Cooper-Maserati | 31 | Transmisión | 13 | ||
| Ret | 24 | Cooper-Maserati | 21 | Caixa de cambios | 19 | ||
| Ret | 64 | Lotus-Climax | 19 | Temperatura | 22 | ||
| Ret | 36 | JBW-Maserati | 18 | Transmisión | 14 | ||
| Ret | 50 | Cooper-Climax | 17 | Transmisión | 24 | ||
| Ret | 20 | Vanwall | 13 | Encendido | 17 | ||
| NSC | 54 | Cooper-Climax | |||||
| NSC | 56 | Cooper-Climax | |||||
| NSC | 60 | Fry-Climax | |||||
| NSC | 62 | Lotus-Climax | |||||
| NSC | 44 | Cooper-Climax | |||||
| NSC | 66 | Cooper-Climax |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio do Reino Unido de 1959 |
- "Brabham presses home his claim on the title". Grand Prix Racing. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2007. Consultado o 2007-09-07.
- "GRAND PRIX RESULTS: BRITISH GP, 1959". GrandPrix.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 2007-09-07.
- "1959 British GP". ChicaneF1.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 2007-09-07. (Resultados da carreira e estatísticas)
| Carreira anterior: Gran Premio de Francia de 1959 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1959 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Alemaña de 1959 |
| Carreira anterior: Gran Premio do Reino Unido de 1958 |
Gran Premio do Reino Unido | Carreira seguinte: Gran Premio do Reino Unido de 1960 |