Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2022

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA de 2022
Previo: 2021 Vindeiro: 2023
Índice: Carreiras por país | Carreiras por tempada
Max Verstappen gañou o seu segundo Campionato Mundial de Pilotos consecutivo pilotando para Red Bull Racing.
Max Verstappen gañou o seu segundo Campionato Mundial de Pilotos consecutivo pilotando para Red Bull Racing.
Charles Leclerc, rematou subcampión, pilotando para Ferrari.
Charles Leclerc, rematou subcampión, pilotando para Ferrari.
O compañeiro de equipo de Verstappen Sergio Pérez foi terceiro, pilotando para Red Bull Racing.
O compañeiro de equipo de Verstappen Sergio Pérez foi terceiro, pilotando para Red Bull Racing.
Red Bull Racing gañou o seu quinto Campionato do Mundo de Construtores.
Red Bull Racing gañou o seu quinto Campionato do Mundo de Construtores.

O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2022 foi a 73ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), [a] o órgano de goberno internacional do automobilismo, como a máxima clase de competición para coches de carreiras de rodas aberta. O campionato disputouse nunha serie de 22 carreiras, ou Grandes Premios, celebrados en todo o mundo e que remataron antes que noutros anos recentes para evitar a superposición co Mundial de Fútbol de 2022. Equipos e pilotos competiron polo Campionato do Mundo de Pilotos e polo Campionato do Mundo de Construtores.

O campionato de 2022 introduciu cambios significativos no regulamento técnico do deporte. Estaba previsto introducir estes cambios en 2021, pero atrasáronse ata 2022 en resposta á pandemia da COVID-19. Max Verstappen, que era o vixente campión de pilotos, acadou o seu segundo título no Gran Premio do Xapón, mentres que o seu equipo, o Red Bull Racing, logrou o seu quinto Campionato Mundial de Construtores, e o primeiro desde 2013, no seguinte Gran Premio dos Estados Unidos. Mercedes eran os anteriores campións de construtores.[1][2][3]

Esta foi a última tempada para o catro veces campión do mundo Sebastian Vettel.[4] O sete veces campión do mundo Lewis HamiltonaAfrontou unha tempada difícil con Mercedes, sen conseguir nin unha pole position nin unha vitoria nun Gran Premio durante a tempada, a primeira vez que ocorreu desde que debutara en 2007.[5][6]

Equipos e pilotos[editar | editar a fonte]

Os seguintes construtores e pilotos competiron no Campionato Mundial de 2022. Todos os equipos competiron cos pneumáticos subministrados por Pirelli.[7]


Equipo Foto Construtor Chasis Motores Pneu. Pilotos Roldas
Suíza Alfa Romeo F1 Team Orlen Alfa Romeo-Ferrari C42[8] Ferrari 066/7 P 24 República Popular da China Guanyu Zhou Todas
77 Finlandia Valtteri Bottas Todas
Italia Scuderia AlphaTauri AlphaTauri-Red Bull AT03 Red Bull RBPTH001 P 10 Francia Pierre Gasly Todas
22 Yuki Tsunoda Todas
Francia BWT Alpine F1 Team[9] Alpine-Renault A522 Renault E-Tech RE22[10] P 14 España Fernando Alonso Todas
31 Francia Esteban Ocon Todas
Aston Martin Aramco Cognizant F1 Team[11] Aston Martin-Mercedes AMR22 Mercedes-AMG F1 M13 P 5 Alemaña Sebastian Vettel 3-21
18 Lance Stroll todas
27 Alemaña Nico Hülkenberg 1-2
Italia Scuderia Ferrari Ferrari F1-75[12] Ferrari 066/7 P 16 Charles Leclerc Todas
55 España Carlos Sainz Todas
Haas F1 Team Haas-Ferrari VF-22[13] Ferrari 066/7 P 20 Dinamarca Kevin Magnussen[14] Todas
47 Alemaña Mick Schumacher Todas
McLaren F1 Team McLaren-Mercedes MCL36[15] Mercedes-AMG F1 M13 P 3 Australia Daniel Ricciardo Todas
4 Lando Norris Todas
Alemaña Mercedes-AMG Petronas F1 Team Mercedes F1 W13[13] Mercedes-AMG F1 M13 P 44 Lewis Hamilton Todas
63 George Russell Todas
Austria Oracle Red Bull Racing[16] Red Bull Racing RB18[17] Red Bull RBPTH001[18] P 1[b] Países Baixos Max Verstappen Todas
11 Sergio Pérez Todas
Williams Racing Williams-Mercedes FW44[20] Mercedes-AMG F1 M13 P 6 Nicholas Latifi Todas
23 Tailandia Alexander Albon [c] 1-15, 17-21[d]
45 Países Baixos Nyck de Vries 16
Fonte:[22]

Trocos nos equipos[editar | editar a fonte]

Honda anunciou que non subministrarían unidades de potencia máis aló de 2021.[23] A compañía proporcionou unidades de enerxía a Scuderia AlphaTauri (anteriormente chamada Scuderia Toro Rosso) desde o 2018 e a Red Bull Racing desde o 2019.[24] Red Bull Racing asumirá o programa de motores de Honda e o xestionara internamente creando unha nova división chamada Red Bull Powertrains Limited. A decisión tomouse despois de meter presión aos outros nove equipos para que negociasen unha conxelación do desenvolvemento do motor ata 2025. Red Bull Racing recoñeceu que abandonarían o campionato se non se acordara a conxelación do desenvolvemento de motores xa que carecían da capacidade para desenvolver un novo motor e non estaban dispostos a volver ser clientes de Renault.[25][e]

Panthera Team Asia anunciou a súa intención de unirse á grella en 2022.[27] O equipo tiña previsto entrar no campionato en 2021, pero viuse obrigado a atrasar os seus plans por mor da pandemia da COVID-19.[28] Non obstante, a falta de novas sobre o equipo puxo en dúbida a súa entrada potencial en 2022.[29]

Trocos de pilotos[editar | editar a fonte]

Kimi Räikkönen anunciou a súa retirada ao final do campionato 2021, rematando a súa carreira na Fórmula Un despois de 19 tempadas.[30] O asento de Räikkönen en Alfa Romeo Racing será cuberto por Valtteri Bottas, que abandonara Mercedes a finais de 2021. George Russell substituíra a Bottas, abandonando o seu asento en Williams que será cuberto polo expiloto de Red Bull Racing Alexander Albon.[31]

O piloto de Fórmula 2 Guanyu Zhou graduarase na Fórmula Un con Alfa Romeo Racing, en lugar de Antonio Giovinazzi, que deixará o equipo a finais de 2021.[32] Zhou converteríase no primeiro piloto chinés en competir na Fórmula Un.

Nikita Mazepin debía competir orixinalmente conr Haas por segundo ano consecutivo. Tras a invasión rusa de Ucraína e a cancelación do patrocinio do título de Uralkali, recindíuse o seu contrato.[33] Foi substituído por Kevin Magnussen, quen competiu por última vez en 2020 co mesmo equipo.[34]

Cambios a media tempada[editar | editar a fonte]

Antes do Gran Premio de Bahrain, Sebastian Vettel deu positivo por coronavirus. Substituíuno no Aston Martin o piloto de reserva Nico Hülkenberg, quen correu a última vez no Gran Premio de Eifel de 2020, pilotando para o antigo equipo Racing Point.[35]

Durante a fin de semana do Gran Premio de Italia, Alexander Albon sufriu apendicite. Foi substituído en Williams polo piloto de reserva de Mercedes e piloto de Fórmula E Nyck de Vries, que fixo o seu debut nunha carreira de Fórmula Un.[36]

Lista de carreiras planificadas[editar | editar a fonte]

As Nacións programadas para albergar un Gran Premio de Fórmula 1 en 2022 resáltanse en verde, coas localizacións dos circuítos marcadas cun punto negro. As anteriores nacións de acollida móstranse en gris escuro, e os antigos circuítos anfitrións están marcados cun punto branco.

O calendario de 2022 consta de vinte e dous eventos, suxeitos a contrato entre os organizadores das carreiras e o Grupo de Fórmula Un,[37] e as normativas permisivas co COVID-19 establecidas polos gobernos locais e o Grupo de Fórmula Un.[37][38]

Rolda Gran Premio Circuíto Data
1 Gran Premio de Bahrain Bahrain Circuíto Internacional de Bahrain, Sakhir 20 de marzo
2 Gran Premio de Arabia Saudita Circuíto urbano de Jeddah, Jeddah 27 de marzo
3 Gran Premio de Australia Australia Circuíto de Albert Park, Melbourne 10 de abril
4 Gran Premio da Emilia-Romaña Italia Circuíto de Imola, Imola 24 de abril
5 Gran Premio de Miami Autódromo Internacional de Miami, Miami Gardens, Florida 8 de maio
6 Gran Premio de España España Circuíto de Barcelona-Catalunya, Montmeló 22 de maio
7 Gran Premio de Mónaco Circuíto de Mónaco, Mónaco 29 de maio
8 Gran Premio de Acerbaixán Acerbaixán Circuíto urbano de Bakú, Bakú 12 de xuño
9 Gran Premio do Canadá Circuíto Gilles Villeneuve, Montréal 19 de xuño
10 Gran Premio do Reino Unido Circuíto de Silverstone, Silverstone 3 de xullo
11 Gran Premio de Austria Austria Red Bull Ring, Spielberg 10 de xullo
12 Gran Premio de Francia Francia Circuíto Paul Ricard, Le Castellet 24 de xullo
13 Gran Premio de Hungría Hungría Hungaroring, Mogyoród 31 de xullo
14 Gran Premio de Bélxica Bélxica Circuíto de Spa-Francorchamps, Stavelot 28 de agosto
15 Gran Premio dos Países Baixos Países Baixos Circuíto Park Zandvoort, Zandvoort 4 de setembro
16 Gran Premio de Italia Italia Circuíto de Monza, Monza 11 de setembro
17 Gran Premio de Singapur Singapur Circuíto urbano de Marina Bay, Singapur 2 de outubro
18 Gran Premio do Xapón Circuíto de Suzuka, Suzuka 9 de outubro
19 Gran Premio dos Estados Unidos Circuíto das Américas, Austin, Texas 23 de outubro
20 gran Premio da Cidade de México Autódromo Hermanos Rodríguez, Cidade de México 30 de outubro
21 Gran Premio de São Paulo Circuíto de Interlagos, São Paulo 13 de novembro
22 Gran Premio de Abu Zabi Emiratos Árabes Unidos Circuíto de Yas Marina, Abu Zabi 20 de novembro
Fonte:[37][39]

Ampliación e cambios do calendario[editar | editar a fonte]

Cambios na regulación[editar | editar a fonte]

Normativa técnica[editar | editar a fonte]

O Campionato do Mundo de 2022 deberá revisar a normativa técnica.[46] Estes cambios estaban previstos para a súa introdución na tempada 2021, cos equipos desenvolvendo os seus coches ao longo de 2020. Non obstante, a introdución da normativa atrasouse ata o campionato de 2022 en resposta á pandemia da COVID-19.[47] Unha vez anunciado o atraso, prohibiuse aos equipos realizar calquera desenvolvemento dos seus coches do 2022 durante o ano natural do 2020.[48]

Consultouse aos pilotos sobre o desenvolvemento da nova normativa técnica,[49] que fixóse deliberadamente restritiva para evitar que os equipos desenvolvan deseños radicais que limiten a capacidade dos pilotos para adiantarse.[50] A FIA creou un grupo de traballo especializado, ou comité de enxeñeiros, encargado de identificar e pechar as lagoas na normativa antes da súa publicación. A eliminación das lagoas impedirá, en teoría, que un equipo teña un coche dominante e, á súa vez, permitirá unha competición máis estreita en toda a pista ao tempo que mellorará a estética dos coches. Esta filosofía foi un dos principais obxectivos da nova normativa.[51]

Aerodinámica e carrozaría[editar | editar a fonte]

A normativa técnica reintroducirá o uso de efecto solo por primeira vez desde que prohibíronse nos anos 80.[52] [f] Isto coincidirá cunha simplificación da carrozaría dos coches, facendo da parte inferior do coche a principal fonte de agarre aerodinámico. Con isto preténdese reducir as turbulencias de aire no ronsel dos coches para permitir aos pilotos seguirse máis de preto, mantendo un nivel similar de carga aerodinámica en comparación cos anos anteriores. Outros cambios na aerodinámica están destinados a limitar a capacidade dos equipos para controlar o fluxo de aire ao redor das rodas dianteiras e reducir aínda máis a estela aerodinámica dos coches.[53] Isto inclúe a eliminación de deflectores, os complexos dispositivos aerodinámicos que manipulan o fluxo de aire ao redor do corpo do coche.[54] simplificarase a á frontal e as placas traseiras, reducindo o número e a complexidade dos elementos aerodinámicos. A á dianteira tamén debe conectarse directamente coa punta do morro a diferenza dos deseños anteriores a 2022 onde a á podía conectarse ao morro mediante soportes para crear un espazo baixo o monocasco, fomentando así o fluxo de aire debaixo do coche a través da superficie máis grande da á e do aumento da altura do morro. As ás traseiras serán máis anchas e montadas máis altas que en anos anteriores, con restricións adicionais para limitar a capacidade dos equipos de usar os gases de escape do coche para xerar carga aerodinámica e requirirase revestir a carrozría de goma para minimizar o risco de que os compoñentes se rompan nos coches, para minimizar o risco de bandeiras amarelas nun sector, coches de seguridade e paradas. As cifras publicadas polo grupo de traballo revelaron que, cando un coche coas especificacións de 2019 seguía a outro coche só tiña o 55% dos seus niveis normais de carga aerodinámica dispoñible, un coche coas especificacións de 2022 que seguise a outro coche tería ata o 86% dos seus niveis normais de carga aerodinámica.[55]

Os equipos restrinxiranse aínda máis no número de melloras aerodinámicas que poden introducir no coche, tanto durante a fin de semana de carreira como durante o campionato. Estas regras introducíronse para reducir aínda máis os custos da competición.[56][57] Tras a decisión de atrasar a normativa de 2021 a 2022, o desenvolvemento aerodinámico dos coches prohibúse desde o 28 de marzo ata finais de 2020.


Unidades de potencia[editar | editar a fonte]

Os debates sobre a normativa sobre motores de 2021 comezaron en 2017 e finalizáronse en maio de 2018.[58][59] A normativa proposta consistía en eliminar a Unidade de recuperación de calor ( MGU-H) para simplificar a tecnoloxía empregada no motor mentres aumenta o límite máximo de revolucións en 3000 rpm.[60] Outras propostas alcumadas como "plug-and-play" verían aos fornecedores de motores obrigados pola normativa a facer os compoñentes individuais dos motores compatibles universalmente, permitindo aos equipos obter os seus compoñentes de múltiples provedores.[61]

Os fabricantes tamén estarán suxeitos a unha regulación similar sobre os materiais dispoñibles comercialmente xa que os construtores de chasis estaran suxeitos a partir de 2021. As propostas deseñáronse para simplificar a tecnoloxía dos motores e facer o deporte máis atractivo para os novos participantes.[62] Non obstante, como ningún novo provedor de unidades de potencia se comprometeu para entrar no deporte a partir de 2021, os provedores existentes propuxeron manter a fórmula da unidade de potencia existente nun intento de reducir os custos globais de desenvolvemento.[63]

O sistema de cotas dos compoñentes da unidade de potencia continuará en 2021, recibindo os equipos un número limitado de compoñentes individuais que se poden usar antes de incorrer nunha penalización. O sistema de escape engadirase á lista de compoñentes, cos equipos autorizados a usar un máximo de seis ao longo do campionato.[56]

Compoñentes estandarizados[editar | editar a fonte]

O deporte pretende introducir unha serie de compoñentes estandarizados a partir de 2022, coa normativa que prevé que os compoñentes estándar estean en vigor ata 2024. Estes compoñentes normalizados inclúen a caixa de cambios e o sistema de combustible.[64][65] Algúns compoñentes aerodinámicos, como a bandexa que se atopa na parte dianteira do chan do coche, tamén se normalizarán para restrinxir a capacidade dos equipos para desenvolver a área e gañar unha vantaxe competitiva. [55] As pezas individuais clasificaranse agora como un xeito de aclarar as regras que as rodean: [55]

  • "Pezas listadas" refírese ás pezas do coche que os equipos están obrigados a deseñar por si mesmos.
  • "Pezas estándar" é o nome que reciben as pezas do coche que deben empregar todos os equipos, incluídas as pinas e os equipos empregados nas paradas en boxes.
  • As "pezas transferibles" son pezas que un equipo pode desenvolver e vender a outro equipo, como a caixa de cambios e o embrague.
  • As "pezas prescritas" son pezas que os equipos están obrigados a desenvolver segundo un conxunto de regulamentos prescritivos. As pezas prescritas inclúen pasos de roda e aerodinámica de rodas.
  • As "pezas de código aberto" poden ser desenvolvidas colectivamente por equipos e vendidas aos clientes. Os volantes e o mecanismo DRS están listadas como pezas de código aberto.

O sistema de categorización de pezas introduciuse para permitir a liberdade de deseño xa que a revisión da normativa aerodinámica era moi prescritiva.[55]

Pneumáticos[editar | editar a fonte]

O campionato pasará de rodas de 13 polgadas (33 cm.) a 18 polgadas (45´7 cm.). Orixinalmente propúxose que se prohibirá o uso de mantas eléctricas deseñadas para quentar os pneumáticos e manter os pneumáticos á temperatura de funcionamento óptima mentres non se usan[66] aínda que esta decisión foi posteriormente anulada logo da oposición do fornecedor de pneumáticos Pirelli.[67] Os quentadores de pneumáticos pasarán a converterse nun equipo estandarizado, e todos os equipos deberán usar o mesmo produto co fin de eventualmente eliminalos por completo.[Cómpre referencia]

Normas deportivas[editar | editar a fonte]

Sistema de puntos Sprint e eventos[editar | editar a fonte]

Despois de probarse por primeira vez baixo o nome de "clasificación ao sprint" en 2021, o formato volveu tamén para este campionato co nome cambiado a "sprint". O formato de fin de semana non cambiará desde 2021 e correráse nos Grandes premios de Emilia Romaña, Austria e São Paulo con puntos agora concedidos aos oito primeiros clasificados en lugar dos tres primeiros clasificados, como foi o caso de 2021. A diferenza da tempada anterior, o piloto que marca o mellor tempo na cualificación acreditarase como o polesitter oficial, sendo o gañador do sprint o que ten dereito a comezar o Gran Premio desde o primeiro lugar na grella.[68]

Sistema de puntos para carreiras acurtadas[editar | editar a fonte]

Tras a polémica sobre a concesión de puntos no Gran Premio de Bélxica de 2021, modificáronse os criterios necesarios para a concesión de puntos por eventos sen completar. O requisito, pendente de aprobación polo Consello Mundial de Automobilismo da FIA, cambiouse de xeito que:[69]

  • Non se outorgarán puntos a non ser que se completaran un mínimo de dúas voltas baixo as condicións de bandeira verde.
  • Se se completan máis de dúas voltas, pero menos do 25% da distancia da carreira programada, outorgaranse puntos sobre unha base de 6–4–3–2–1 aos 5 primeiros.
  • Se se completa entre o 25% e o 50% da distancia da carreira programada, outorgaranse puntos de 13–10–8–6–5–4–3–2–1 aos 9 primeiros.
  • Se se completa entre o 50% e o 75% da distancia da carreira programada, outorgaranse puntos de 19–14–12–9–8–6–5–3–2–1 aos 10 primeiros.
  • Se se completa máis do 75% da distancia da carreira programada, outorgaranse puntos completos.

Os criterios anteriores estiveron en vigor durante máis de 40 anos antes do cambio, modificando a última vez entre a tempada de Fórmula Un de 1977 e a tempada de 1980.[70]

Procedemento de seguridade do coche[editar | editar a fonte]

Á luz da polémica arredor do coche de seguridade no Gran Premio de Abu Zabi de 2021, modificáronse os procedementos para o reinicio do coche de seguridade. En lugar de agardar ata a volta despois de que o último coche se desdobre do líder, o coche de seguridade retirarase agora unha volta despois de que se dea a instrución de que os coches que se atopan en voltas poden desdobrarse.[71]

Elección do pneumático[editar | editar a fonte]

Descartouse a norma que estaba en vigor desde 2014, que obrigaba aos pilotos a comezar a carreira cos pneumáticos que utilizaron para marcar o seu mellor tempo na cualificación. Todos os pilotos terán agora libre elección de pneumáticos para a saída no Gran Premio o domingo en todos os eventos.[72]

Pneumáticos[editar | editar a fonte]

A categoría cambiará ao uso de pneumáticos de 18 polgadas en lugar dos actuais de 13 polgadas. Inicialmente propúxose que se prohiba o uso de quentadores de pneumáticos (cobertas eléctricas deseñadas para manter os pneumáticos a temperatura óptima de funcionamento cando non están en uso) pero esta decisión reverteuse tras a forte oposición do fornecedor de pneumáticos, Pirelli.[73] Pola contra, os quentadores de pneumáticos converteranse en equipos estandarizados con todos os equipos utilizando o mesmo produto co obxectivo de eventualmente eliminalos por completo.

Compostos de pneus fornecidos por Pirelli para a tempada de 2022 da Fórmula 1
Nome do composto Cor Banda de rodamento Condicións Nome oficial Aderencia Lonxevidade
Brando Vermello C3 Slick
(P Zero™)
Seco Brando Moi alta Moi baixa
C4
C5
Medio Amarelo C2 Slick
(P Zero™)
Seco Medio Media Media
C3
C4
Duro Branco C1 Slick
(P Zero™)
Seco Duro Moi baixa Moi alta
C2
C3
Intermedio Verde I Sucos
(Cinturato™)
Mollado
(Auga non estancada)
Intermedio
Chuvia Azul W Sucos
(Cinturato™)
Mollado
(Auga estancada)
Mollado
Compostos BAR
Bahrain
ARA
AUS
Australia
EMI
Italia
MIA
ESP
España
MON
AZE
Acerbaixán
CAN
GBR
AUT
Austria
FRA
Francia
HUN
Hungría
BEL
Bélxica
PBS
Países Baixos
ITA
Italia
SIN
Singapur
JAP
Xapón
EUA
MEX
SAO
ABU
Emiratos Árabes Unidos
Duro C1 C2 C2 C2 C2 C1 C3 C3 C3 C1 C3 C2 C2 C2 C1 C2 C3 C1 C2 C2 C2 C3
Medio C2 C3 C3 C3 C3 C2 C4 C4 C4 C2 C4 C3 C3 C3 C2 C3 C4 C2 C3 C3 C3 C4
Brando C3 C4 C5 C4 C4 C3 C5 C5 C5 C3 C5 C4 C4 C4 C3 C4 C5 C3 C4 C4 c$ C5
Intermedio I I I I I I I I I I I I I I I I I I I I I I
Chuvia W W W W W W W W W W W W W W W W W W W W W W

Resumo da tempada[editar | editar a fonte]

Pretempada[editar | editar a fonte]

Debido ao cambio no regulamento técnico, a Fórmula Un decidiu realizar dúas probas de inverno en dúas pistas diferentes para axudar aos equipos a reunir máis datos sobre os seus novos coches, sendo o Circuíto de Barcelona-Catalunya en Montmeló a sede da primeira os días 23 e 25 de febreiro e o Circuíto Internacional de Bahrain en Sakhir o que acolleu o segundo os días 10 e 12 de marzo.[74]

Resultados[editar | editar a fonte]

Grandes Premios[editar | editar a fonte]

# Gran Premio Pole position Volta rápida Piloto gañador Segundo posto Terceiro posto Escudaría gañadora Informe
1 Bahrain Gran Premio de Bahrain Charles Leclerc Charles Leclerc Charles Leclerc España Carlos Sainz Lewis Hamilton Ferrari Resultados
2 Gran Premio de Arabia Saudita Sergio Pérez Charles Leclerc Países Baixos Max Verstappen Charles Leclerc España Carlos Sainz Red Bull Racing-RBPT Resultados
3 Australia Gran Premio de Australia Charles Leclerc Charles Leclerc Charles Leclerc Sergio Pérez George Russell Ferrari Resultados
4 Italia Gran Premio da Emilia-Romaña Países Baixos Max Verstappen[g] Países Baixos Max Verstappen Países Baixos Max Verstappen Sergio Pérez Lando Norris Red Bull Racing-RBPT Resultados
5 Gran Premio de Miami Charles Leclerc Países Baixos Max Verstappen Países Baixos Max Verstappen Charles Leclerc España Carlos Sainz Red Bull Racing-RBPT Resultados
6 España Gran Premio de España Charles Leclerc Sergio Pérez Países Baixos Max Verstappen Sergio Pérez George Russell Red Bull Racing-RBPT Resultados
7 Gran Premio de Mónaco Charles Leclerc Lando Norris Sergio Pérez España Carlos Sainz Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-RBPT Resultados
8 Acerbaixán Gran Premio de Acerbaixán Charles Leclerc Sergio Pérez Países Baixos Max Verstappen Sergio Pérez George Russell Red Bull Racing-RBPT Resultados
9 Gran Premio do Canadá Países Baixos Max Verstappen España Carlos Sainz Países Baixos Max Verstappen España Carlos Sainz Lewis Hamilton Red Bull Racing-RBPT Resultados
10 Gran Premio do Reino Unido España Carlos Sainz Lewis Hamilton España Carlos Sainz Sergio Pérez Lewis Hamilton Ferrari Resultados
11 Austria Gran Premio de Austria Países Baixos Max Verstappen[h] Países Baixos Max Verstappen Charles Leclerc Países Baixos Max Verstappen Lewis Hamilton Ferrari Resultados
12 Francia Gran Premio de Francia Charles Leclerc España Carlos Sainz Países Baixos Max Verstappen Lewis Hamilton George Russell Red Bull Racing-RBPT Resultados
13 Hungría Gran Premio de Hungría George Russell Lewis Hamilton Países Baixos Max Verstappen Lewis Hamilton George Russell Red Bull Racing-RBPT Resultados
14 Bélxica Gran Premio de Bélxica España Carlos Sainz[i] Países Baixos Max Verstappen Países Baixos Max Verstappen Sergio Pérez España Carlos Sainz Red Bull Racing-RBPT Resultados
15 Países Baixos Gran Premio dos Países Baixos Países Baixos Max Verstappen Países Baixos Max Verstappen Países Baixos Max Verstappen George Russell Charles Leclerc Red Bull Racing-RBPT Resultados
16 Italia Gran Premio de Italia Charles Leclerc Sergio Pérez Países Baixos Max Verstappen Charles Leclerc George Russell Red Bull Racing-RBPT Resultados
17 Singapur Gran Premio de Singapur Charles Leclerc George Russell Sergio Pérez Charles Leclerc España Carlos Sainz Red Bull Racing-RBPT Resultados
18 Gran Premio do Xapón Países Baixos Max Verstappen República Popular da China Guanyu Zhou Países Baixos Max Verstappen Sergio Pérez Charles Leclerc Red Bull Racing-RBPT Resultados
19 Gran Premio dos Estados Unidos España Carlos Sainz George Russell Países Baixos Max Verstappen Lewis Hamilton Charles Leclerc Red Bull Racing-RBPT Resultados
20 Gran Premio da Cidade de México Países Baixos Max Verstappen George Russell Países Baixos Max Verstappen Lewis Hamilton Sergio Pérez Red Bull Racing-RBPT Resultados
21 Gran Premio de São Paulo Dinamarca Kevin Magnussen[j] George Russell George Russell Lewis Hamilton España Carlos Sainz Mercedes Resultados
22 Emiratos Árabes Unidos Gran Premio de Abu Zabi Países Baixos Max Verstappen Lando Norris Países Baixos Max Verstappen Charles Leclerc Sergio Pérez Red Bull Racing-RBPT Resultados

Pilotos[editar | editar a fonte]

Puntuación: os puntos outórganse aos 10 finalistas clasificados.

Posición                             10º   VR 
Puntos 25 18 15 12 10 8 6 4 2 1 1[k]
Carreira ao sprint[l] 8 7 6 5 4 3 2 1
Pos. N.º Piloto BAH
Bahrain
SAU
AUS
Australia
EMI
Italia
MIA
ESP
España
MCO
AZE
Acerbaixán
CAN
GBR
AUT
Austria
FRA
Francia
HUN
Hungría
BEL
Bélxica
NED
Países Baixos
ITA
Italia
SGP
Singapur
XAP
USA
MEX
BRA
ABU
Emiratos Árabes Unidos
Puntos
1 1 Países Baixos Max Verstappen 19† 1 Ret 11 1 1 3 1 1 7 21 1 1 1 1 1 7 1 1 1 64 1 454
2 16 Charles Leclerc 1 2 1 62 2 Ret 4 Ret 5 4 12 Ret 6 6 3 2 2 3 3 6 46 2 308
3 11 Sergio Pérez 18† 4 2 23 4 2 1 2 Ret 2 Ret5 4 5 2 5 6 1 2 4 3 75 3 305
4 63 George Russell 4 5 3 4 5 3 5 3 4 Ret 44 3 3 4 2 3 14 8 5 4 11 5 275
5 55 España Carlos Sainz 2 3 Ret Ret4 3 4 2 Ret 2 1 Ret3 5 4 3 8 4 3 Ret Ret 5 32 4 246
6 44 Lewis Hamilton 3 10 4 13 6 5 8 4 3 3 38 2 2 Ret 4 5 9 5 2 2 23 18† 240
7 4 Lando Norris 15 7 5 35 Ret 8 6 9 15 6 7 7 7 12 7 7 4 10 6 9 Ret7 6 122
8 31 Francia Esteban Ocon 7 6 7 14 8 7 12 10 6 Ret 56 8 9 7 9 11 Ret 4 11 8 8 7 92
9 14 España Fernando Alonso 9 Ret 17 Ret 11 9 7 7 9 5 10 6 8 5 6 Ret Ret 7 7 19† 5 Ret 81
10 77 Finlandia Valtteri Bottas 6 Ret 8 57 7 6 9 11 7 Ret 11 14 20† Ret Ret 13 11 15 Ret 10 9 15 49
11 3 Australia Daniel Ricciardo 14 Ret 6 186 13 12 13 8 11 13 9 9 15 15 17 Ret 5 11 16 7 Ret 9 37
12 5 Alemaña Sebastian Vettel Ret 8 17† 11 10 6 12 9 17 11 10 8 14 Ret 8 6 8 14 11 10 37
13 20 Dinamarca Kevin Magnussen 5 9 14 98 16† 17 Ret Ret 17 10 87 Ret 16 16 15 16 12 14 9 17 Ret8 17 25
14 10 Francia Pierre Gasly Ret 8 9 12 Ret 13 11 5 14 Ret 15 12 12 9 11 8 10 18 14 11 14 14 23
15 18 Lance Stroll 12 13 12 10 10 15 14 16† 10 11 13 10 11 11 10 Ret 6 12 Ret 15 10 8 18
16 47 Alemaña Mick Schumacher 11 NTS 13 17 15 14 Ret 14 Ret 8 6 15 14 17 13 12 13 17 15 16 13 16 12
17 22 Yuki Tsunoda 8 NTS 15 7 12 10 17 13 Ret 14 16 Ret 19 13 Ret 14 Ret 13 10 Ret 17 11 12
18 24 República Popular da China Guanyu Zhou 10 11 11 15 Ret Ret 16 Ret 8 Ret 14 16† 13 14 16 10 Ret 16 12 13 12 12 6
19 23 Tailandia Alexander Albon 13 14† 10 11 9 18 Ret 12 13 Ret 12 13 17 10 12 WD Ret Ret 13 12 15 13 4
20 6 Nicholas Latifi 16 Ret 16 16 14 16 15 15 16 12 Ret Ret 18 18 18 15 Ret 9 17 18 16 19† 2
21 45 Países Baixos Nyck de Vries 9 2
22 27 Alemaña Nico Hülkenberg 17 12 0
Pos. Piloto BAH
Bahrain
SAU
AUS
Australia
EMI
Italia
MIA
ESP
España
MCO
AZE
Acerbaixán
CAN
GBR
AUT
Austria
FRA
Francia
HUN
Hungría
BEL
Bélxica
NED
Países Baixos
ITA
Italia
SGP
Singapur
XAP
USA
MEX
BRA
ABU
Emiratos Árabes Unidos
Puntos
Lenda
Cor Resultado
Ouro Gañador
Prata 2º posto
Bronce 3º posto
Verde Remata nos puntos
Azul Non remata nos puntos
Non se califica (NC)
Púrpura Non remata (Ret)
Vermello Non se califica (NSC)
Non se precalifica (NSPC)
Negro Descualificado (DSC)
Branco Non tomou a saída (NTS)
Carreira cancelada (C)
Azul claro Prácticas só (PS)
Piloto de probas dos venres (PP)
(desde 2003 en diante)
En branco Non participou nas prácticas (NPP)
Excluído (EX)
Non chegou (NCG)

Negra – Pole
Cursiva – Volta rápida
† Coches que non terminaron o Gran Premio, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira.
‡ concedéronse metade dos puntosn no Gran Premio de Bélxica xa que completouse menos do 75% da distancia programada debido á intensa choiva. A volta rápida non se concedeu na clasificación final.

Construtores[editar | editar a fonte]

Pos. Construtor BAH
Bahrain
SAU
AUS
Australia
EMI
Italia
USA
ESP
España
MCO
AZE
Acerbaixán
CAN
GBR
AUT
Austria
FRA
Francia
HUN
Hungría
BEL
Bélxica
NED
Países Baixos
ITA
Italia
SGP
Singapur
XAP
USA
MEX
BRA
ABU
Emiratos Árabes Unidos
Puntos
1 Austria Red Bull-RBPT 1 19† 1 Ret 11 1 1 3 1 1 7 21 1 1 1 1 1 7 1 1 1 65 1 759
11 18† 4 2 23 4 2 1 2 Ret 2 Ret5 4 5 2 5 6 1 2 4 3 75 3
2 Italia Ferrari 16 1 2 1 62 2 Ret 4 Ret 5 4 12 Ret 6 6 3 2 2 3 3 6 46 2 554
55 2 3 Ret Ret4 3 4 2 Ret 2 1 Ret3 5 4 3 8 4 3 Ret Ret 5 32 4
3 Alemaña Mercedes 44 3 10 4 13 6 5 8 4 3 3 38 2 2 Ret 4 5 9 5 2 2 23 18† 515
63 4 5 3 4 5 3 5 3 4 Ret 44 3 3 4 2 3 14 8 5 4 11 5
4 Francia Alpine 14 9 Ret 17 Ret 11 9 7 7 9 5 10 6 8 5 6 Ret Ret 7 7 19† 5 Ret 173
31 7 6 7 14 8 7 12 10 6 Ret 56 8 9 7 9 11 Ret 4 11 8 8 7
5 McLaren-Mercedes 3 14 Ret 6 186 13 12 13 8 11 13 9 9 15 15 17 Ret 5 11 16 7 Ret 9 159
4 15 7 5 35 Ret 8 6 9 15 6 7 7 7 12 7 7 4 10 6 9 Ret7 6
6 Suíza Alfa Romeo-Ferrari 24 10 11 11 15 Ret Ret 16 Ret 8 Ret 14 16† 13 14 16 10 Ret 16 12 13 12 15 55
77 6 Ret 8 57 7 6 9 11 7 Ret 11 14 20† Ret Ret 13 11 15 Ret 10 9 15
7 Aston Martin-Mercedes 5 Ret 8 17† 11 10 6 12 9 17 11 10 8 14 Ret 8 6 8 14 11 10 55
18 12 13 12 10 10 15 14 16† 10 11 13 10 11 11 10 Ret 6 12 Ret 15 10 8
27 17 12
8 Haas-Ferrari 20 5 9 14 98 16† 17 Ret Ret 17 10 87 Ret 16 16 15 16 12 14 9 17 Ret 17 36
47 11 NTS 13 17 15 14 Ret 14 Ret 8 6 15 14 17 13 12 13 17 15 16 13 16
9 Italia AlphaTauri-RBPT 10 Ret 8 9 12 Ret 13 11 5 14 Ret 15 12 12 9 11 8 10 18 14 11 14 14 35
22 8 NTS 15 7 12 10 17 13 Ret 14 16 Ret 19 13 Ret 14 Ret 13 10 Ret 17 11
10 Williams-Mercedes 6 16 Ret 16 16 14 16 15 15 16 12 Ret Ret 18 18 18 15 Ret 9 17 18 16 19† 8
23 13 14† 10 11 9 18 Ret 12 13 Ret 12 13 17 10 12 19† Ret Ret 13 12 15 13
45 9
Pos. Construtor BAH
Bahrain
SAU
AUS
Australia
EMI
Italia
USA
ESP
España
MCO
AZE
Acerbaixán
CAN
GBR
AUT
Austria
FRA
Francia
HUN
Hungría
BEL
Bélxica
NED
Países Baixos
ITA
Italia
SGP
Singapur
XAP
USA
MEX
BRA
ABU
Emiratos Árabes Unidos
Puntos
Lenda
Cor Resultado
Ouro Gañador
Prata 2º posto
Bronce 3º posto
Verde Remata nos puntos
Azul Non remata nos puntos
Non se califica (NC)
Púrpura Non remata (Ret)
Vermello Non se califica (NSC)
Non se precalifica (NSPC)
Negro Descualificado (DSC)
Branco Non tomou a saída (NTS)
Carreira cancelada (C)
Azul claro Prácticas só (PS)
Piloto de probas dos venres (PP)
(desde 2003 en diante)
En branco Non participou nas prácticas (NPP)
Excluído (EX)
Non chegou (NCG)

Negra – Pole
Cursiva – Volta rápida
† Coches que non terminaron o Gran Premio, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira.
‡ concedéronse metade dos puntosn no Gran Premio de Bélxica xa que completouse menos do 75% da distancia programada debido á intensa choiva. A volta rápida non se concedeu na clasificación final.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Na historia da Fórmula 1, as regulacións da Fórmula 1 presentáronse por primeira vez durante a tempada de Grandes Premio de 1946. Estas adaptáronse para todas as carreiras en 1948, e oraganizáronse oficialmente nun campionato en 1950.
  2. Max Verstappen exerceu o seu dereito a utilizar o número 1 como vixente campión do mundo. O seu número persoal, o 33, segue reservado para el.[19]
  3. Alexander Albon competiu anteriormente como piloto tailandés. Despois de que a Axencia Mundial Antidopaxe descubrise que Tailandia "incumpre" o seu código, prohibiu a Tailandia competir en campionatos mundiais, suxeito a unha apelación prevista.[21]
  4. Alexander Albon participou no Gran Premio de Italia, pero máis tarde retirouse tras sufrir unha apendicite.
  5. Segundo a normativa técnica, o provedor de motores que fornece o menor número de equipos con motores está obrigado a fornecer motores a calquera equipo sen provedor. No momento do anuncio de Honda da súa retirada, tanto Mercedes como Ferrari fornecían máis equipos que Renault e non estaban dispostos a subministrar motores a Red Bull Racing, deixando a Renault como a única alternativa de Red Bull Racing.[26]
  6. O efecto chan xa se permitiu ata a tempada 1983 cando o concepto prohibiuse por preocupacións sobre o aumento da velocidade en curva e deseños de automóbiles radicais como o Brabham BT46B "coche ventilador".
  7. Verstappen acadou a pole position despois da cualificación, e tamén comezou primeiro no Gran Premio despois de quedar primeiro no sprint.
  8. Max Verstappen logrou a pole position despois da cualificación. Tamén comezou a carreira na primeira posición despois de gañar o sprint.[75]
  9. Max Verstappen marcou o mellor tempo na cualificación, pero foi obrigado a comezar a carreira desde a parte traseira da grella por superar a súa cota de elementos de unidade de potencia. Tamén recibiu unha penalización de cinco postos na grella por unha nova transmisión da caixa de cambios.[76] Carlos Sainz Vázquez de Castro ascendeu a pole position no seu lugar.[77]
  10. Kevin Magnussen foi acreditado coa pole position despois da cualificación.[78]
  11. O punto só se concede se o piloto remata a carreira entre os dez primeiros. No caso de que o piloto que acade a volta rápida fose fóra dos dez primeiros, non se outorgará o punto da volta rápida para esa carreira.[79][80]
  12. A cualificación ao Sprint tivo lugar no Gran Premio de Emilia Romagna, Austria e no Gran Premio de São Paulo.
Referencias
  1. "Brilliant Verstappen claims maiden title after victory in Abu Dhabi season finale following late Safety Car drama". Formula One. 12 de decembro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2021. Consultado o 12 de decembro de 2021. 
  2. "Verstappen crowned world champion with Japanese GP victory after late penalty for Leclerc". Formula One. 9 de outubro de 2022. Arquivado dende o orixinal o 9 de outubro de 2022. Consultado o 10 de outubro de 2022. 
  3. "Verstappen beats Hamilton to United States GP victory as Red Bull secure an emotional constructors' title win". Formula1.com. 23 de outubro de 2022. Consultado o 23 de outubro de 2022. 
  4. "Sebastian Vettel to retire from F1 at the end of the 2022 season". Aston Martin F1 Team. 28 de xullo de 2022. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2022. Consultado o 28 de xullo de 2022. 
  5. https://www.statsf1.com/en/statistiques/pilote/pole/annee-consecutive.aspx
  6. https://www.planetf1.com/news/lewis-hamilton-ends-2022-zero-wins/
  7. Coch, Mat (26 de novembro de 2018). "Pirelli to remain F1 tyre supplier until 2023". speedcafe.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2019. Consultado o 10 de febreiro de 2019. 
  8. "F1: Alfa Romeo anuncia nome e data de lançamento do carro de 2022". motorsport.uol.com.br. 2022-02-02. Consultado o 2022-02-11. 
  9. "F1: Alpine deve ter pintura azul e rosa por causa de patrocinador". motorsport.uol.com.br. 2022-02-11. Consultado o 2022-02-11. 
  10. "Alpine A522". Alpinecars.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2022. Consultado o 21 de febreiro de 2022. 
  11. "F1: Aston Martin sela acordo de patrocínio com Aramco". motorsport.uol.com.br. 2022-02-03. Consultado o 2022-02-11. 
  12. "Ferrari to call 2022 car the F1-75 in honour of first production car". Formula 1. 2022-02-01. Consultado o 2022-02-11. 
  13. 13,0 13,1 "Haas homologates chassis as Merc fires up for ’22". RACER (en inglés). 2021-12-23. Consultado o 2021-12-23. 
  14. "BREAKING: Kevin Magnussen to make sensational F1 return with Haas in 2022 | Formula 1®". www.formula1.com (en inglés). Consultado o 2022-03-09. 
  15. "Triple threat". McLaren Racing (en inglés). McLaren Racing Ltd. 2021-07-03. Arquivado dende o orixinal o 3 de xullo de 2021. Consultado o 2021-07-04. ...xa temos pezas de proba do MCL36 en fabricación, así como compoñentes que requiren un maior prazo de fabricación, como o chasis e a carcasa da caixa de cambios. 
  16. "F1: Red Bull anuncia novo patrocinador para temporada de 2022; veja". motorsport.uol.com.br. 2022-02-09. Consultado o 2022-02-11. 
  17. "Horner explains why the Red Bull RB17 will 'never exist'". RacingNews365 (en inglés). Consultado o 2021-12-23. 
  18. Smith, Luke (3 July 2021). "Honda's Sakura facility will supply Red Bull F1 engines in 2022". Autosport. Consultado o 18 de xullo de 2021. 
  19. "Champion Verstappen to run No.1 on Red Bull in 2022 as he reveals congratulations from Wolff and Hamilton". Formula1.com. 14 de decembro de 2021. Consultado o 14 de decembro de 2021. 
  20. "F1: Williams anuncia quando revelará carro de 2022". motorsport.uol.com.br. Consultado o 2022-02-11. 
  21. Steve, Keating; Ken, Ferris (8 de outubro de 2021). "North Korea, Thailand, Indonesia ruled non-compliant by WADA". Reuters. Consultado o 28 de decembro de 2021. 
  22. "2022 FIA Formula One World Championship – Entry List". Fédération Internationale de l'Automobile. 7 de decembro de 2021. Consultado o 7 de decembro de 2021. 
  23. "Honda to quit Formula 1 at the end of 2021 season". www.motorsport.com (en inglés). Consultado o 2 de outubro de 2020. 
  24. Adam Cooper (2 de outubro de 2020). "Red Bull, AlphaTauri to remain in F1 despite Honda exit at end of '21". Autosport.com. Arquivado dende o orixinal o 4 de outubro de 2020. Consultado o 3 de outubro de 2020. 
  25. Daniel Herrero (23 de xaneiro de 2021). "Marko: Red Bull engine freeze demand 'not blackmail'". speedcafe.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2021. Consultado o 23 de xaneiro de 2021. 
  26. "Red Bull 'committed' to F1 and evaluating power unit options following Honda departure news". 2 de outubro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 5 de novembro de 2020. Consultado o 16 de febreiro de 2021. 
  27. "New Asian team still targeting F1 2022 entry". motorsport.com. Motorsport Network. 7 de maio de 2020. Consultado o 7 de maio de 2020. 
  28. Smith, Luke; Watkins, Gary (7 de maio de 2020). "Panthera Team Asia targets F1 grid slot in 2022". autosport.com. Motorsport Network. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2021. Consultado o 7 de maio de 2020. 
  29. "What now for Panthera Team Asia F1 ?". www.unracedf1.com. 19 de xaneiro de 2021. Consultado o 10 de maio de 2021. 
  30. "Raikkonen to retire from Formula 1 at end of 2021 season". www.motorsport.com. 1 de setembro de 2021. Consultado o 1 de setembro de 2021. 
  31. "Williams Racing Confirms Latifi & Albon as 2022 Driver Line Up". WilliamsF1.com (en inglés). 8 de setembro de 2021. Consultado o 8 de setembro de 2021. 
  32. "Alfa Romeo confirm Antonio Giovinazzi will leave the team at the end of the season, as Italian announces Formula E switch". www.formula1.com (en inglés). Consultado o 2022-02-01. 
  33. "Haas to part ways with Nikita Mazepin 'with immediate effect'". Formula1.com. 5 de marzo de 2022. Consultado o 5 de marzo de 2022. 
  34. "Kevin Magnussen to make sensational F1 return with Haas in 2022". Formula1.com. 9 de marzo de 2022. Consultado o 9 de marzo de 2022. 
  35. "Vettel to be replaced by Hulkenberg for 2022 Bahrain GP after positive Covid test". Formula1.com. 17 de marzo de 2022. Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  36. Collantine, Keith. "De Vries to make F1 debut as substitute for Albon in Italian Grand Prix". RaceFans. Consultado o 10 de setembro de 2022. 
  37. 37,0 37,1 37,2 37,3 37,4 37,5 "Formula 1 announces 23-race calendar for 2022". www.formula1.com. 15de outubro de 2021. Consultado o 15 de outubro de 2021. 
  38. 38,0 38,1 Baldwin, Alan; Sarkar, Pritha; Ferris, Ken (15 de outubro de 2021). "Chinese GP off F1 calendar for third year in a row". Reuters (Londres). Consultado o 21 de outubro de 2021. 
  39. 39,0 39,1 Benson, Andrew (15 de outubro de 2021). "Chinese Grand Prix: Shanghai race dropped from 2022 F1 calendar". BBC Sport. Consultado o 21 de outubro der 2021. 
  40. "Miami Grand Prix to join F1 calendar in 2022, with exciting new circuit planned". Formula1.com (en inglés). 18 de abril de 2021. Consultado o 18 de abril de 2021. 
  41. Cooper, Adam (30 de setembro de 2021). "F1 confirms Qatar GP on 2021 calendar as part of long-term deal". Autosport.com (en inglés). Motorsport Network. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2021. Consultado o 30 de setembro de 2021. Non haberá Gran Premio en 2022 xa que o país centrarase en acoller a Copa do Mundo da FIFA que comezará exactamente un ano despois da primeira carreira de Fórmula Un. O evento volverá entón en 2023 nun lugar aínda por confirmar, cun novo circuíto agora en fase de planificación. 
  42. Rencken, Dieter; Collantine, Keith (21 de xullo de 2020). "New race deal to keep Formula 1 in China until 2025". Race Fans. Consultado o 22 de outubro de 2021. 
  43. "F1 extends Chinese Grand Prix contract to 2025". Formula1.com. 6 de novembro de 2021. Consultado o 6 de novembro de 2021. 
  44. "Formula 1 statement on the Russian Grand Prix". Formula1.com. 25 de febreiro de 2022. Consultado o 25 de febreiro de 2022. 
  45. "FIA announces World Motor Sport Council decisions in relation to the situation in Ukraine". Fédération Internationale de l'Automobile. 1 de marzo de 2022. Consultado o 1 de marzo de 2022. 
  46. Herrero, Daniel (14 de xuño de 2019). "Formula 1 delays presentation of 2021 regulations". speedcafe.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto 2019. Consultado o 19 de xuño de 2019. 
  47. Herrero, Daniel (20 de marzo de 2020). "Formula 1's new regulations delayed until 2022". speedcafe.com (Speedcafe). Consultado o 20 de marzo de 2020. 
  48. Pugmire, Jerome (2020-03-31). "F1 rule changes approved amid coronavirus disruption". Federal News Network (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2022. Consultado o 2022-02-01. 
  49. Coch, Mat (25 de xuño de 2019). "F1 keen to work with drivers on new rules". speedcafe.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2019. Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  50. Noble, Jonathan (19 de xullo de 2019). "2021 Formula 1 rules made restrictive to prevent racing limitations". Autosport. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2019. Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  51. Noble, Jonathan (19 de xullo de 2019). "F1 creates aero group to find 2021 loopholes in same way teams try". Autosport. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2019. Consultado o 20 de xullo de 2019. 
  52. Noble, Jonathan (17 de xullo de 2019). "F1 commits to reintroducing ground effect aero concept with '21 rules". autosport.com (Motorsport Network). Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2019. Consultado o 17 de xullo de 2019. 
  53. Coch, Mat (19 de xullo de 2019). "F1 rubbishes cookie cutter 2021 design concerns". speedcafe.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2019. Consultado o 20 de xullo de 2019. 
  54. "Tech Tuesday: What's been banned under the 2021 rules". formula1.com. Formula One Administration. 12 de novembro de 2019. Consultado o 8 de decembro de 2019. 
  55. 55,0 55,1 55,2 55,3 "F1's 2021 rule changes: 10 things you need to know". autosport.com. Motorsport Network. Consultado o 24 de decembro de 2019 – vía youtube.com. 
  56. 56,0 56,1 "2021 F1 rules: The Key Changes Explained". formula1.com. Formula One Administration. Consultado o 24 de decembro de 2019. 
  57. "FIA approve raft of F1 rule changes for 2020 and 2021". 31 de marzo de 2020. Consultado o 8 de abril de 2020. 
  58. Herrero, Dan (14 de abril de 2018). "May deadline for 2021 F1 engine regulations". speedcafe.com. Consultado o 9 de maio de 2018. 
  59. Coch, Mat (4 de maio de 2018). "Ferrari 'encouraged' by change in F1 attitude". speedcafe.com. Consultado o 9 de maio de 2018. 
  60. Mitchell, Scott (11 de maio de 2018). "F1 removing MGU-H for 2021 engines a 'backwards step' - Mercedes". Autosport. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2019. Consultado o 11 de maio de 2018. 
  61. "Formula 1 unveils 2021 engine plans". speedcafe.com. 1 de novembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 7 de novembro de 2017. Consultado o 9 de maio de 2018. 
  62. Coch, Mat (23 de maio de 2018). "FIA boss wants simpler F1 engines". speedcafe.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto det 2019. Consultado o 23 de maio de 2018. 
  63. Cooper, Adam (10 de xullo de 2018). "F1 manufacturers push back on 2021 engine proposals". Autosport. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2018. Consultado o 10 de xullo de 2018. 
  64. Cooper, Adam (19 de febreiro de 2019). "FIA issues tender for standard F1 gearbox supplier from 2021 season". Autosport. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2019. Consultado o 19 de febreiro de 2019. 
  65. Cooper, Adam (20 de maio de 2019). "FIA releases new standard parts tender for key F1 fuel system parts". Autosport. Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2019. Consultado o 20 de maio de 2019. 
  66. Coch, Mat (21 de xullo de 2018). "F1 to run bigger wheels, ban tyre warmers". speedcafe.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2019. Consultado o 21 de xullo de 2018. 
  67. Cooper, Adam. "Decision to ban tyre blankets from F1 for 2021 reversed". autosport.com. Motorsport Network. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2019. Consultado o 2019-10-31. 
  68. "Formula 1 to hold three Sprint events in 2022 – with more points on offer". www.formula1.com. Formula One. Consultado o 14 de febreiro de 2022. 
  69. "F1 Commission approves changes to Sporting Regulations regarding points for shortened races". formula1. 14 de febreiro de 2022. Consultado o 14 de febreiro de 2022. 
  70. Cooper, Adam. "How a 40-year-old rule turned F1 on its head at Spa". Autosport.com. Motorsport Network. Consultado o 1 de setembro de 2021. 
  71. Smith, Luke. "FIA makes rule tweak to streamline F1 safety car restart process". Autosport. Motorsport Network. Consultado o 18 de febreiro de 2022. 
  72. Smith, Luke. "F1 regulations update confirms removal of Q2 tyre rule". www.motorsport.com. Motorsport Network. Consultado o 19 de febreiro de 2022. 
  73. Cooper, Adam. "Decision to ban tyre blankets from F1 for 2021 reversed". Autosport.com (en inglés). Consultado o 1 de maio de 2020. 
  74. Formula 1 (2022-01-26). "2022 pre-season testing dates in Barcelona and Bahrain confirmed". Formula 1 (en inglés). Consultado o 2022-02-27. 
  75. "Pole-sitter Verstappen leads battling Ferraris for Sprint victory and P1 grid spot for the Austrian GP". Formula1.com. 9 July 2022. Consultado o 9 July 2022. 
  76. "Verstappen, Leclerc e algúns pilotos máis teñen penalizacións na grella do Gran Premio de Bélxica tras cambiar a unidade de potencia". Formula1.com. 26 de agosto de 2022. Consultado o 26 de agosto de 2022. 
  77. "Verstappen foi o máis rápido na clasificación, pero Sainz comezará na pole tras as penalizacións na grella do GP de Bélxica". Formula1. 27 de agosto de 2022. Consultado o 27 de agosto de 2022. 
  78. "Magnussen domina a cronometraxe en Interlagos logrando unha sensacional pole position nunha cualificación en mollado do venres". Formula1.com. 11 de novembro de 2022. Consultado o 11 de novembro de 2022. 
  79. "Bonus point to be awarded for fastest lap in 2019". Formula1.com. Consultado o 12 de marzo de 2019. 
  80. Benson, Andrew (11 de marzo de 2019). "F1 to award point to driver who sets fastest lap in a Grand Prix". BBC sport. Consultado o 11 de marzo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]