O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2007 é o campionato anual número 58 de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Con 17 Grandes Premios no calendario, deu comezo o 18 de marzo, estando prevista a finalización para o 21 de outubro. Nel se outorgarán o 58º título de Campión Mundial de Pilotos e o 49º título de Campión Mundial de Construtores.
Este ano está marcado por varios sucesos extradeportivos que foron xurdiron ó longo da tempada, comezando porque é a derradeira tempada no que estará vixente o Pacto da Concordia firmado en 1998 por Bernie Ecclestone, a FIA e os construtores de monoprazas. Por outro lado, a polémica da espionaxe entre McLaren e Ferrari ameaza con ter consecuencias nefastas para o equipo inglés, se o recurso da escudería do cabalino rampante ante o Tribunal de Apelación da FIA prospera. Porén, esta non sería a única polémica para McLaren, xa que a comezos de agosto, confirmouse o que xa era un segredo a voces: as malas relacións entre os seus pilotos, o bicampión defensor do título de pilotos Fernando Alonso e o primeiro piloto de raza negra da historia da competición e actual líder da clasificación sendo un debutante, Lewis Hamilton.
Moitos cambios viñeron nesta tempada en comparación coa anterior: desaparecía o Gran Premio de Alemaña que se disputaba inenterrumpidamente dende case fai 50 anos e o Gran Premio do Xapón pasou a disputarse no Fiji Speedway dende o Circuíto de Suzuka; dende 1986 non se podía atopar un motor Cosworth na grella, Michelin retiraba os seus pneumáticos da competición, e o Honda RA107 convertíase no primeiro monopraza dende a década dos 70 que estaba totalmente libre de publicidade[1]
A pretempada comezaba no Circuíto de Cataluña o 28 de novembro de 2006, cando tódolos equipos agás Spyker F1 facían a súa primeira aparición nalgún dos catro días[2] que duraron os primeiros adestramentos libres con vistas cara o 2007. Estas primeiras probas estiveron centradas en desenvolve-lo monopraza do ano vindeiro, e sobre todo, para os antigos equipos Michelin, adaptarse ós novos pneumáticos Bridgestone[2]. Houbo ausencias significativas, como as de Kimi Räikkönen e de Fernando Alonso, que aínda estaban baixo contrato con McLaren e Renault respectivamente, e a de Jenson Button, que tiña unha fractura nas súas costelas. No día 3 dos adestramentos, o ex-campión Mika Häkkinen foi o encargado de pilotar un dos monoprazas de McLaren[3].
↑Fernando Alonso conseguiu a pole position no Gran Premio de Hungría, pero foi atrasado 5 posicións por obstruír a Lewis Hamilton no carril de boxes.
↑McLaren foi sancionado quitándoselle os puntos para o Mundial de Construtores conseguidos, e sen trofeo.
↑McLaren foi sancionado non deixándollese recoller o trofeo.
↑ 13,013,113,213,313,413,513,613,713,813,9O piloto non rematou a carreira, pero completou máis do 95% da distancia e por tanto se clasifica para o resultado final.
↑ 15,015,1Após un incidente na 3ª sesión de calificación no GP de Hungría, a FIA decidiu que McLaren non podería conseguir ningún punto por mor da infracción da prohibición de ordes de equipo. Porén, os pilotos de McLaren acumularon de todos os xeitos puntos. En total, foron 15 os puntos que McLaren deixou de sumar para o Campionato de Construtores, e aínda que a decisión pudo ser recorrida, a escudería decidiu non facelo por mor dunha sanción máis grande que se aplicou mais tarde.