Saltar ao contido

Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1957

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1957
Imaxe
TipoFórmula 1 Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFederación Internacional do Automóbil Editar o valor en Wikidata
Número de participantes76 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Intervalo de tempo13 de xaneiro de 1957 – 8 de setembro de 1957 Editar o valor en Wikidata
Número de edición8  (1957) Editar o valor en Wikidata
Competición

Campionato do Mundo de pilotos de Fórmula 1 Juan Manuel Fangio
Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Carreires8 Editar o valor en Wikidata

1956 Editar o valor en Wikidata
1958Editar o valor en Wikidata
Juan Manuel Fangio gañou o campionato mundial de pilotos de 1957 nun Maserati 250F.

O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1957 foi o oitavo campionato anual de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Con 8 Grandes Premios no calendario, deu comezo o 13 de xaneiro, e finalizou o 8 de setembro. Juan Manuel Fangio gañou o seu cuarto título consecutivo, o quinto da súa carreira.

Fangio decidiu de novo cambiar de equipo, uníndose a Maserati antes do inicio da tempada. O equipo de Ferrari, con Peter Collins, Eugenio Castellotti e a volta de Mike Hawthorn, non gañou unha carreira. Castellotti e Alfonso de Portago morreron en accidentes, facendo deste ano un verdadeiro desastre para Ferrari.

O home ao que substitúe Fangio en Maserati, Stirling Moss, trasladouse a Vanwall, o equipo revelación. Entre Fangio e Moss gañaron todos os Grandes Premios da tempada, agás Indianápolis, catro vitorias de Fangio por tres de Moss.

Os puntos do campionato eran entregados ás 5 primeiras posicións (8, 6, 4, 3, 2). Ademais dábase 1 punto extra pola volta máis rápida. Para o campionato do mundo só contaban os mellores cinco resultados das oito carreiras. É preciso ter en conta que nos coches compartidos os puntos dividíanse en partes iguais entre os pilotos, sen importar cantas voltas dera cada condutor ao volante.

Ao final do ano anunciouse que Fangio non regresaría na seguinte tempada. Maserati tamén se retirou, alegando razóns económicas. Este foi tamén o último ano no que se outorgaron puntos para as unidades compartidas.

Calendario de Grandes Premios

[editar | editar a fonte]
Rld Carreira Circuíto Data Pole position Volta rápida Piloto gañador Construtor Resultados
1 Gran Premio da Arxentina Buenos Aires 13 de xaneiro Stirling Moss Stirling Moss Juan Manuel Fangio Italia Maserati Resultados
2 Gran Premio de Mónaco Mónaco 19 de maio Juan Manuel Fangio Juan Manuel Fangio Juan Manuel Fangio Italia Maserati Resultados
3 Indianapolis 500 Indianapolis 30 demaio Pat O'Connor Jim Rathmann Sam Hanks Epperly-Offenhauser Resultados
4 Francia Gran Premio de Francia Rouen-Les-Essarts 7 de xullo Juan Manuel Fangio Italia Luigi Musso Juan Manuel Fangio Italia Maserati Resultados
5 Gran Premio do Reino Unido Aintree 20 de xullo Stirling Moss Stirling Moss Tony Brooks
Stirling Moss
Vanwall Resultados
6 Alemaña Gran Premio de Alemaña Nürburgring 4 de agosto Juan Manuel Fangio Juan Manuel Fangio Juan Manuel Fangio Italia Maserati Resultados
7 Italia Gran Premio de Pescara Pescara 18 de agosto Juan Manuel Fangio Stirling Moss Stirling Moss Vanwall Resultados
8 Italia Gran Premio de Italia Monza 8 de setembro Stuart Lewis-Evans Tony Brooks Stirling Moss Vanwall Resultados

Equipos e pilotos

[editar | editar a fonte]
Juan Manuel Fangio gañou o seu 5º e último campionato de pilotos, pilotando para o equipo oficial de Maserati

Os seguintes equipos e pilotos competiron no Campionato Mundial de Pilotos de 1957. A lista non inclúe aqueles equipos que só participaron nas 500 Millas de Indianápolis.

Foto Equipo Construtor Chasis Motor Pneu. Piloto Roldas
Italia Officine Alfieri Maserati Maserati 250F Maserati 250F1 2.5 L6
Maserati 250F1 2.5 V12
P Juan Manuel Fangio 1–2, 4–8
Stirling Moss 1
Francia Jean Behra 1, 4–8
Carlos Menditeguy 1–2, 4–5
Italia Giorgio Scarlatti 2, 6–8
Harry Schell 2, 4–8
Alemaña Hans Herrmann 2
Italia Scuderia Ferrari Ferrari 801 Ferrari DS50 2.5 V8 E


P

Peter Collins 1–2, 4–6, 8
Italia Luigi Musso 1, 4–8
Italia Eugenio Castellotti 1
Mike Hawthorn 1–2, 4–6, 8
Alemaña Wolfgang von Trips 1–2, 8
Italia Cesare Perdisa 1
España Alfonso de Portago 1
José Froilán González 1
Francia Maurice Trintignant 2, 4–5
Italia Scuderia Centro Sud Maserati 250F Maserati 250F1 2.5 L6 P Harry Schell 1
Joakim Bonnier 1, 7–8
Masten Gregory 2, 6–8
Francia André Simon 2
Alemaña Hans Herrmann 6
Ferrari 500 Ferrari 625 2.5 L4 Alejandro de Tomaso 1
Italia Luigi Piotti Maserati 250F Maserati 250F1 2.5 L6 P Italia Luigi Piotti 1–2, 7–8
Owen Racing Organisation BRM P25 BRM P25 2.5 L4 D Ron Flockhart 2, 4
Roy Salvadori 2
Herbert MacKay-Fraser 4
Jack Fairman 5
Les Leston 5
Connaught Engineering Connaught-Alta B Alta GP 2.5 L4 D Stuart Lewis-Evans 2
Ivor Bueb 2
Cooper Car Company Cooper-Climax T43 Climax FPF 2.0 L4 A


D

Australia Jack Brabham 2, 4, 7
Les Leston 2
Mike MacDowel 4
Roy Salvadori 5, 7
T43 Climax FPF 1.5 L4 D Roy Salvadori 6
Vandervell Products Vanwall VW 5 Vanwall 254 2.5 L4 P Stirling Moss 2, 5–8
Tony Brooks 2, 5–8
Stuart Lewis-Evans 4–8
Roy Salvadori 4
H.H. Gould Maserati 250F Maserati 250F1 2.5 L6 D Horace Gould 2, 4–8
Jo Bonnier Maserati 250F Maserati 250F1 2.5 L6 P Jo Bonnier 5
Gilby Engineering Maserati 250F Maserati 250F1 2.5 L6 D Ivor Bueb 5
R.R.C. Walker Racing Team Cooper-Climax T43 Climax FPF 2.0 L4 D Australia Jack Brabham 5
T43 Climax FPF 1.5 L4 D Australia Jack Brabham 6
Bob Gerard Cooper-Bristol T44 Bristol BS2 2.2 L6 D Bob Gerard 5
Bruce Halford Maserati 250F Maserati 250F1 2.5 L6 D Bruce Halford 6–8
Alemaña Dr Ing F. Porsche KG Porsche RS550 Porsche 547/3 1.5 F4 ? Italia Umberto Maglioli 6
Alemaña Edgar Barth 6
Ridgeway Management Cooper-Climax T43
T41
Climax FPF 1.5 L4 D Tony Marsh 6
Australia Paul England 6
Países Baixos Ecurie Maarsbergen Porsche RS550 Porsche 547/3 1.5 F4 D Países Baixos Carel Godin de Beaufort 6
J.B. Naylor Cooper-Climax T43 Climax FPF 1.5 L4 D Brian Naylor 6
Dick Gibson Cooper-Climax T43 Climax FPF 1.5 L4 D Dick Gibson 6
España Francisco Godia Sales Maserati 250F Maserati 250F1 2.5 L6 P España Paco Godia 6–8
Suíza Ottorino Volonterio Maserati 250F Maserati 250F1 2.5 L6 P Suíza Ottorino Volonterio 8
Francia André Simon 8
  • O fondo rosa sinala os equipos de F2 no Gran Premio de Alemaña

Clasificación do Mundial de Construtores de 1957

[editar | editar a fonte]

O primeiro Campionato de Construtores non foi disputado ata 1958.

Clasificación do Mundial de Pilotos de 1957

[editar | editar a fonte]
Pos. Piloto ARX
MON
500
FRA
Francia
GBR
ALE
Alemaña
PSC
ITA
Italia
Pts.
1 Juan Manuel Fangio 1 1* 1 Ret 1* 2 2 40 (46)
2 Stirling Moss 8* Ret 1*†/ Ret† 5 1* 1 25
3 Italia Luigi Musso Ret 2* 2 4 Ret 8 16
4 Mike Hawthorn Ret Ret†/ Ret 4 3 2 6 13
5 Tony Brooks 2 1†/ Ret† 9 Ret 7* 11
6 Masten Gregory 3 8 4 4 10
7 Harry Schell 4 Ret†/ Ret 5 Ret 7 3 5†/ Ret 10
8 Sam Hanks 1 8
9 Peter Collins 6†/ Ret Ret 3 Ret/ 4†‡ 3 12 8
10 Jim Rathmann 2* 7
11 Francia Jean Behra 2 6 Ret 6 Ret 14 6
12 Stuart Lewis-Evans 4 Ret 7 Ret 5 13 5
13 Francia Maurice Trintignant 5 Ret 4† 5
14 Alemaña Wolfgang von Trips 6† Ret† 3 4
15 Carlos Menditeguy 3 Ret Ret Ret 4
16 Jimmy Bryan 3 4
17 Paul Russo 4 3
18 Roy Salvadori NSC Ret 5 Ret 2
19 Andy Linden 5 2
20 Italia Giorgio Scarlatti Ret† 10 6 5† 1
21 España Alfonso de Portago 5† 1
22 José Froilán González 5† 1
23 Australia Jack Brabham 6 7† / Ret Ret 7 0
24 Johnny Boyd 6 0
25 Bob Gerard 6 0
26 Italia Cesare Perdisa 6† 0
27 Joakim Bonnier 7 Ret Ret 17 0
28 Marshall Teague 7 0
29 Mike MacDowel 7† 0
30 Ivor Bueb Ret 8 0
31 Pat O'Connor 8 0
32 España Paco Godia Ret Ret 9 0
33 Alessandro de Tomaso 9 0
34 Bob Veith 9 0
35 Italia Luigi Piotti 10 NSC Ret 18 0
36 Horace Gould Ret Ret NTS Ret Ret 10 0
37 Gene Hartley 10 0
38 Bruce Halford 11 Ret 15 0
39 Jack Turner 11 0
40 Suíza Ottorino Volonterio 11† 0
41 Francia André Simon NSC 11† 0
42 Johnny Thomson 12 0
43 Bob Christie 13 0
44 Chuck Weyant 14 0
45 Tony Bettenhausen 15 0
46 Johnnie Parsons 16 0
47 Don Freeland 17 0
Ron Flockhart Ret Ret 0
Alemaña Hans Herrmann NSC Ret 0
Les Leston NSC Ret 0
Italia Eugenio Castellotti Ret 0
Jimmy Reece Ret 0
Don Edmunds Ret 0
Johnnie Tolan Ret 0
Al Herman Ret 0
Fred Agabashian Ret 0
Eddie Sachs Ret 0
Mike Magill Ret 0
Eddie Johnson Ret 0
Bill Cheesbourg Ret 0
Al Keller Ret 0
Jimmy Daywalt Ret 0
Ed Elisian Ret 0
Rodger Ward Ret 0
Troy Ruttman Ret 0
Eddie Russo Ret 0
Elmer George Ret 0
Herbert MacKay-Fraser Ret 0
Jack Fairman Ret 0
Pos. Piloto ARX
MON
500
FRA
Francia
GBR
ALE
Alemaña
PSC
ITA
Italia
Pts.
Lenda
Cor Resultado
Ouro Gañador
Prata 2º posto
Bronce 3º posto
Verde Remata nos puntos
Azul Non remata nos puntos
Non se califica (NC)
Púrpura Non remata (Ret)
Vermello Non se califica (NSC)
Non se precalifica (NSPC)
Negro Descualificado (DSC)
Branco Non tomou a saída (NTS)
Carreira cancelada (C)
Azul claro Prácticas só (PS)
Piloto de probas dos venres (PP)
(desde 2003 en diante)
En branco Non participou nas prácticas (NPP)
Excluído (EX)
Non chegou (NCG)
  • * Volta rápida (1 punto)
  • † Posición compartida entre os condutores do mesmo auto
  • Só os 5 mellores resultados contan para o Campionato. Os números sen paréntese son puntos do campionato, os números entre paréntese son puntuación total obtida.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]