Gordini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gordini
Gordini Type 16
Nome completo Simca-Gordini
Bandeira Francia
Baseada en Francia
Tempadas en activo 7 (1950-1956)
Número de pilotos
Debut Gran Premio de Mónaco de 1950
Carreiras 40
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0
Pole positions 0
Voltas Rápidas 0
Puntos totais
Derradeiro GP Gran Premio de Italia de 1956
Renault 8 Gordini
Renault Twingo RS Gordini

Gordini é unha división de Renault Sport Technologies (Renault Sport.[1][2] Nun principio "Gordini" foi un fabricante de coches deportivos e un tuneador de coches, fundado en 1946 por Amédée Gordini, alcumado "Le Sorcier" (O Feiticeiro). Gordini converteuse nunha división de Renault en 1968 e de Renault Sport en 1976.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

1950 Simca Gordini T15s, como correu e se retirou nas 24 Horas de Le Mans de 1950 pilotado por José Froilán González e Juan Manuel Fangio

Amédée Gordini tuneou coches e competiu en carreiras de motor desde a década de 1930. Os seus resultados incitaron a Simca (o ensamblador francés de Fiat) para contratalo para o seu programa de automobilismo deportivo e para desenvolver os coches de estrada. A súa asociación continuou logo da segunda guerra mundial.[4]

En 1946, Gordini presentou os primeiros coches que levaban o seu nome, un monopraza con motor Fiat, pilotado por el e José Scaron, logrando varias vitorias. A finais da década de 1940, a compañía abriu un taller no Boulevard Victor en París, participando en carreiras de coches deportivos e carreiras de Grand Prix.[5] Gordini e Simca comezaron a diverxir en 1951 por mor de conflitos políticos.[4]

Gordini competiu na Fórmula Un de 1950 a 1956 (cun breve regreso en 1957 cun motor de oito cilindros), aínda que logrou un éxito importante na Fórmula 2 durante ese período.[5]

Despois de finalizar o seu programa na Fórmula Un, Gordini traballou con Renault como preparador de motores, os coches presentáronse como Renault-Gordini nas 24 Horas de Le Mans entre 1962 e 1969. Logo disto, Gordini retirouse e vendeu a súa empresa a Renault. Tamén preparou os motores de Alpine, un fabricante de automóbiles deportivo rival tamén asociado con Renault. En 1957, Gordini e Renault fabricaron o Dauphine Gordini, unha versión modificada do Renault Dauphine, que era un éxito de vendas.[6] Os coches Renault tuneados por Gordini tamén gañaron varios rallies durante os anos 50 e os anos 60.[7] En 1963, a compañía Gordini planeaba trasladar a súa sede a Noisy-le-Roi. A finais de 1968, Gordini retirouse e vendeu unha participación maioritaria do 70% da súa firma a Renault.[8] Renault -Gordini trasladouse a Viry-Châtillon en 1969 e converteuse nunha división deportiva de Renault, antes de fusionala con Alpine para formar Renault Sport en 1976.[3] O 1 de xaneiro de 1976, René Vuaillat converteuse en director de Gordini.[9] O nome de Gordini comprouno Renault na súa totalidade en 1977.[8]

Renault vendeu versións de alto rendemento co distintivo Gordini dos modelos, Renault Dauphine, Renault 5, Renault 8 e Renault 12 e o Renault 17.

En novembro de 2009, Renault anunciou que resucitaría o nome de Gordini para unha liña exclusiva de Hot hatch é un xeito similar ao renacemento do nome Abarth en Fiat.[10]| Os modelos modernos que levan o nome inclúen o Renault Twingo e o Renault Clio.

Resultados na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Clave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Chasis Motor Piloto 1 2 3 4 5 6 7 8 9
1950 Simca Gordini Type 15 Gordini 4 en liña RU MON 500 SUI BEL FRA ITA
Francia Robert Manzon Ret 4 Ret
Francia Maurice Trintignant Ret Ret
1951 Simca Gordini Type 15 Gordini 4 en liña SUI 500 BEL FRA RU ALE ITA ESP
Francia André Simon Ret Ret 6 Ret
Francia Robert Manzon Ret 7 Ret 9
Francia Maurice Trintignant Ret Ret Ret Ret
Francia Aldo Gordini Ret
1952 Gordini Type 16 Gordini 6 en liña SUI 500 BEL FRA RU ALE NED ITA
Francia Robert Manzon Ret 3 4 Ret Ret 5 14
Francia Jean Behra 3 Ret 7 5 Ret Ret
Bélxica Johnny Claes 8
Tailandia Prince Bira Ret 11
Francia Maurice Trintignant Ret Ret 6 Ret
Simca Gordini Type 15 Simca 4 en liña Suíza Max de Terra Ret
Gordini 4 en liña Tailandia Prince Bira Ret 10
Bélxica Johnny Claes Ret 14 NSC
Flag of the United States.svg Robert O'Brien NC
Francia Maurice Trintignant 5
Bélxica Paul Frère Ret
1953 Gordini Type 16 Gordini 6 en liña ARX 500 NED BEL FRA RU ALE SUI ITA
Francia Jean Behra 6 Ret 10 Ret Ret Ret
Francia Maurice Trintignant 7† 6 5 Ret Ret Ret Ret 5
Flag of the United States.svg Harry Schell 7† Ret 7 Ret Ret Ret 9
Francia Robert Manzon Ret
Flag of Argentina.svg Carlos Menditeguy Ret
Flag of Argentina.svg Roberto Mieres NC Ret 6
Flag of the United States.svg Fred Wacker 9
Simca Gordini Type 15 Gordini 4 en liña Flag of Argentina.svg Pablo Birger Ret
Bélxica Georges Berger Ret
1954 Gordini Type 16 Gordini 6 en liña ARX 500 BEL FRA RU ALE SUI ITA ESP
Francia Jean Behra DSC Ret 6 Ret 10 Ret Ret Ret
Francia Élie Bayol 5
Francia Roger Loyer Ret
Bélxica Paul Frère Ret Ret Ret
Bélxica André Pilette 5 9 Ret
Francia Jacques Pollet Ret Ret
Bélxica Georges Berger Ret
Flag of Argentina.svg Clemar Bucci Ret Ret Ret Ret
Flag of the United States.svg Fred Wacker Ret 6
1955 Gordini Type 16 Gordini 6 en liña ARX MON 500 BEL NED RU ITA
Francia Élie Bayol Ret Ret
Flag of Argentina.svg Jesús Iglesias Ret
Flag of Argentina.svg Pablo Birger Ret
Francia Robert Manzon Ret Ret Ret
Francia Jacques Pollet 7 10 Ret
Flag of Brazil.svg Hernando da Silva Ramos 8 Ret Ret
Francia Mike Sparken 7
Francia Jean Lucas Ret
1956 Gordini Type 32 Gordini 8 en liña ARX MON 500 BEL FRA RU ALE ITA
Bélxica André Pilette 6† NTS
Francia Élie Bayol 6†
Francia Robert Manzon 9 9 Ret Ret
Flag of Brazil.svg Hernando da Silva Ramos 8 Ret Ret
Bélxica André Milhoux Ret
Gordini Type 16 Gordini 6 en liña Flag of Brazil.svg Hernando da Silva Ramos 5
Francia Robert Manzon Ret
Bélxica André Pilette 11
Francia André Simon 9

(† indican unidades compartidas)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Renault revives Gordini". Renault. Arquivado dende o orixinal o 21 May 2012. Consultado o 16 November 2013. 
  2. "Renault Sport range". Renault. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2014. Consultado o 15 November 2013. 
  3. 3,0 3,1 Smith, Roy P (2010). "The Winds of Change: 1974–1979". Alpine Renault: – The fabulous berlinettes. Veloce Publishing. pp. 180–181. ISBN 978-1-845844-04-2. 
  4. 4,0 4,1 Lawrence, Mike (1996). "Gordini". A to Z of Sports Cars, 1945–1990. A to Z. Motorbooks International. ISBN 1-870979-81-8. 
  5. 5,0 5,1 "Constructors: Gordini (Equipe Gordini)". Grandprix.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2013. Consultado o 15 de novembro de 2013. 
  6. "Gordini" (PDF). Renault. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de setembro de 2011. Consultado o 15 de novembro de 2013. 
  7. "Renault Manufacturer Profile & Rally History". Rallye-info.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2013. Consultado o 24 de febreiro de 2013. 
  8. 8,0 8,1 Smith, Roy (2008). "Gordini the name on the engine". Alpine and Renault: The Development of the Revolutionary Turbo F1 Car 1968–1979. Veloce Publishing. pp. 38–39. ISBN 978-1-84584-226-0. 
  9. Cléon - Association RENAULT HISTOIRE Arquivado 26 de xuño de 2015 en Wayback Machine. sur Association RENAULT HISTOIRE
  10. Joseph, Noah (10 November 2009). "Renault revives the Gordini name for exclusive line of hot hatches". Autoblog.