Leyton House Racing

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Leyton House Racing
Nome completo Flag of the United Kingdom.svg Leyton House Formula One Racing Team
Bandeira Flag of the United Kingdom.svg
Baseada en Bicester, Reino Unido
Tempadas en activo 2 (1991-1992)
Número de pilotos Flag of Brazil.svg Maurício Gugelmin
Italia Ivan Capelli
Austria Karl Wendlinger
Debut Gran Premio dos Estados Unidos de 1990
Carreiras 32
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0 (mellor resultado: 2º, Gran Premio de Francia de 1990)
Pole positions 0 (mellor posición na grella: 7º, Gran Premio de Francia de 1990 e Gran Premio de Portugal de 1991)
Voltas Rápidas 0
Puntos totais 0
Derradeiro GP Gran Premio de Australia de 1991

Leyton House Racing foi un construtor de Fórmula Un que correu nas tempadas de 1990 e 1991. Era, en esencia, a nova imaxe do equipo March que volveu á F1 na tempada 1987. Leyton House, unha empresa inmobiliaria xaponesa, foi o patrocinador da marca do equipo desde ese ano, e pasou a comprar o equipo en 1989. Os pilotos Ivan Capelli e Maurício Gugelmin, que pilotaran para o equipo March de 1987 a 1989, continuaron co equipo baixo a súa nova forma.

Tempada de 1990[editar | editar a fonte]

1990 resultou ser un desastre desde o principio. O chasis Leyton House CG901 non era fiable e durante as seis primeiras carreiras da tempada, o equipo non puido anotar un só punto e non lograron cualificarse en numerosas ocasións; tanto Gugelmin como Capelli non cualificaron para os grandes premios brasileiro e mexicano (Gugelmin tampouco puido cualificar para as carreiras de Mónaco e o Canadá). Con todo na carreira logo da catástrofe de México, o Gran Premio de Francia os dous coches non só cualificaron, senón que marcharon primeiro e segundo por un período ata que o motor de Gugelmin explotou. De feito Capelli liderou a maior parte do resto da carreira, antes de ser adiantado polo eventual gañador Alain Prost. Capelli terminou en segundo lugar, os seus únicos puntos e o único podio do equipo da tempada. Gugelmin anotou os seus únicos puntos da tempada (e o último da súa carreira na Fórmula 1) no Gran Premio de Bélxica de 1990, deixando a Capelli no odiado 7º lugar.

Fóra da pista, o director xerente Ian Phillips contraeu meninxite e deixou o seu posto tralo Gran Premio de Brasil. O director do equipo Harry Mandel tamén renunciou e o director técnico Adrian Newey foi despedido. Outros enxeñeiros, traídos de March Engineering, tamén marcharon ese ano.

O equipo orixinalmente terminou 7º no Campionato de Construtores, pero máis tarde foi promovido ao 6º porque Larrousse (irregularmente) utilizou chasis Lola.

Tempada 1991[editar | editar a fonte]

Leyton House cambiou motores para o ano 1991, abandonando o motor Judd V8 en favor do novo motor Ilmor V10, esperando que o novo equipo e as novas caras na xestión traduciranse en éxito na pista. Demostrouse exactamente o contrario, Capelli retirouse nos primeiros nove grandes premios da tempada antes de lograr o primeiro e único punto do equipo ao terminar sexto no Gran Premio de Hungría. O mellor resultado de toda a tempada de Gugelmin foi o 7º, que logrou tres veces: en Francia, Portugal e España.

Capelli pilotando para Leyton House Racing durante o Gran Premio dos Estados Unidos de 1991

En setembro de 1991, o propietario do equipo Akira Akagi viuse envolto nun escándalo financeiro que implicaba ao Banco Fuji e foi arrestado. O equipo foi dirixido por Akagi asociado a Ken Marrable pero o diñeiro era escaso e os coches seguiron loitando para terminar as carreiras.

Con dúas carreiras restantes na tempada, Capelli renunciou ao seu cargo para dar paso a piloto de probas Karl Wendlinger que, como Michael Schumacher a principios de tempada, entrou na F1 nun acordo de baixo perfil realizado por Jochen Neerpasch de Mercedes, para cuxo equipo Sauber - Mercedes de coches deportivos pilotaba no momento.

Capelli asinou por Ferrari para a tempada 1992 e Gugelmin marchou para Jordan.

Consecuencias[editar | editar a fonte]

O equipo foi vendido a un consorcio que incluía a Marrable, ao ex director técnico Gustav Brunner e outros. Anunciouse que o equipo continuaría na Fórmula Un, pero que volvería ao nome March F1 para o ano 1992, talvez co obxectivo de distanciarse da polémica en torno a Akagi e a súa compañía Leyton House. Wendlinger acordou permanecer como piloto a tempo completo e uníuselle Paul Belmondo. Mentres que o equipo March F1 correu toda a tempada de 1992, ningún destes pilotos completaron a tempada xa que tanto Belmondo como Wendlinger abandonaron cando quedaban cinco e dúas carreiras respectivamente. Foron substituídos por Emanuele Naspetti e Jan Lammers.

Os intentos de vender o equipo logo da tempada e fracasaron malia asinar Lammers e Jean-Marc Gounon para pilotar na tempada 1993 de Fórmula Un, os cartos esgotáronse e o equipo pechou a principios de 1993.

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Chasis Motor Pneu. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Puntos Pos.
1990 CG901 Judd EV 3.5 V8 G USA BRA SMR MON CAN MEX FRA RU ALE HUN BEL ITA POR ESP XPN AUS 7
15 Flag of Brazil.svg Maurício Gugelmin 14 NSC Ret NSC NSC NSC Ret NTS Ret 8 6 Ret 12 8 Ret Ret
16 Italia Ivan Capelli Ret NSC Ret Ret 10 NSC 2 Ret 7 Ret 7 Ret Ret Ret Ret Ret
1991 CG911 Ilmor 2175A 3.5 V10 G USA BRA SMR MON CAN MEX FRA RU ALE HUN BEL ITA POR ESP XPN AUS 1 12º
15 Flag of Brazil.svg Maurício Gugelmin Ret Ret 12 Ret Ret Ret 7 Ret Ret 11 Ret 15 7 7 8 14
16 Italia Ivan Capelli Ret Ret Ret Ret Ret Ret Ret Ret Ret 6 Ret 8 17 Ret
Austria Karl Wendlinger Ret 20

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]