Gran Premio de Suráfrica de 1974
| Nome na lingua orixinal | (en) XXth South African Grand Prix |
|---|---|
| Tipo | Gran Premio de Suráfrica |
| Deporte | automobilismo |
| Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1974 |
| Localización e Datas | |
| Localización |
Suráfrica Circuíto de Kyalami (Midrand) |
| País | Suráfrica |
| Data | 30 de marzo de 1974 |
| Competición | |
| Primeiro posto | Carlos Reutemann Brabham |
| Pole position | Niki Lauda |
| Volta máis rápida | Carlos Reutemann |
O Gran Premio de Suráfrica de Fórmula 1 de 1974, celebrouse no Circuíto de Kyalami Kyalami, Gauteng, o 30 de marzo de 1974. Foi a terceira rolda da tempada de Fórmula Un de 1974.
Resumo da carreira
[editar | editar a fonte]Debido á crise enerxética a celebración do Gran Premio de Suráfrica estivo en dúbida, pero fíxoo, aínda que con atraso en marzo. Lotus sorprendeu ao paddock cun modelo innovador, presentado catro pedais e un embrague eléctrico.
Con todo, a práctica viuse ensombrecida por un tráxico accidente que custou a vida de Peter Revson, como consecuencia o seu equipo Shadow retirouse. Niki Lauda logrou a pole por diante de Carlos Pace. Os dous coches de Lotus engancháronse pouco despois da saída, tamén víronse involucrados Jochen Mass e Henri Pescarolo, a carreira de Tom Belsø non durou máis duns centos de metros, debido á problemas do embrague. Lauda liderou un tren de vehículos composto por Carlos Reutemann, Clay Regazzoni, Jody Scheckter e James Hunt, que sufría problemas de vibración no seu Hesketh.
Mike Hailwood alcanzou e pasou a Scheckter cando se perdeu unha marcha, e logo pasou Reutemann na volta 9. Na volta 75, case ao final, Lauda tivo que retirarse con problemas de encendido e baixa presión de aceite, dándolle a vantaxe a Reutemann. Esta foi a primeira vitoria dun arxentino desde Juan Manuel Fangio e a primeira de Brabham desde o Gran Premio de Suráfrica de 1970. Jean-Pierre Beltoise acadou o segundo posto e Mike Hailwood completou o podio final.
Clasificación
[editar | editar a fonte]| Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 7 | Brabham-Ford | 78 | 1:42:40.96 | 4 | 9 | |
| 2 | 14 | BRM | 78 | + 33.94 | 11 | 6 | |
| 3 | 33 | McLaren-Ford | 78 | + 42.16 | 12 | 4 | |
| 4 | 4 | Tyrrell-Ford | 78 | + 44.19 | 15 | 3 | |
| 5 | 9 | March-Ford | 78 | + 46.23 | 7 | 2 | |
| 6 | 20 | Iso Marlboro-Ford | 78 | + 56.04 | 3 | 1 | |
| 7 | 5 | McLaren-Ford | 78 | + 1:08.39 | 5 | ||
| 8 | 3 | Tyrrell-Ford | 78 | + 1:10.54 | 8 | ||
| 9 | 6 | McLaren-Ford | 77 | + 1 volta | 9 | ||
| 10 | 10 | March-Ford | 77 | + 1 volta | 19 | ||
| 11 | 18 | Surtees-Ford | 77 | + 1 volta | 2 | ||
| 12 | 26 | Lola-Ford | 77 | + 1 volta | 18 | ||
| 13 | 29 | Lotus-Ford | 76 | + 2 voltas | 22 | ||
| 14 | 32 | Tyrrell-Ford | 76 | + 2 voltas | 24 | ||
| 15 | 37 | BRM | 75 | + 3 voltas | 25 | ||
| 16 | 12 | Ferrari | 74 | Encendido | 1 | ||
| 17 | 8 | Brabham-Ford | 74 | + 4 voltas | 23 | ||
| 18 | 15 | BRM | 72 | + 6 voltas | 21 | ||
| 19 | 23 | McLaren-Ford | 71 | + 7 voltas | 20 | ||
| Ret | 11 | Ferrari | 65 | Presión aceite | 6 | ||
| Ret | 28 | Brabham-Ford | 54 | Sistema combustible | 13 | ||
| Ret | 2 | Lotus-Ford | 31 | Freos | 10 | ||
| Ret | 24 | Hesketh-Ford | 13 | Transmisión | 14 | ||
| Ret | 19 | Surtees-Ford | 11 | Suspensión | 17 | ||
| Ret | 30 | Lotus-Ford | 6 | Embrague | 26 | ||
| Ret | 1 | Lotus-Ford | 2 | Colisión | 16 | ||
| Ret | 21 | Iso Marlboro-Ford | 0 | Embrague | 27 | ||
| WD | 16 | Shadow-Ford | Accidente mortal | ||||
| WD | 17 | Shadow-Ford | Retirada previa |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
[editar | editar a fonte]- Durante a sesión de probas antes da carreira pilotando o Ford UOP Shadow-Ford DN3, Peter Revson sufriu a rotura da suspensión dianteira, e estrelouse con forza contra as barreiras na parte exterior da curva da Barbacue (curva 2), e morreu. Denny Hulme tratou de salvarlle a vida, pero foi en balde.
- Primeira vitoria na Fórmula Un de Carlos Reutemann.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Suráfrica de 1974 |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2015. Consultado o 2007-06-15.
| Carreira anterior: Gran Premio do Brasil de 1974 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1974 |
Carreira seguinte: Gran Premio de España de 1974 |
| Carreira anterior: Gran Premio de Suráfrica de 1973 |
Gran Premio de Suráfrica | Carreira seguinte: Gran Premio de Suráfrica de 1975 |