Gran Premio dos Estados Unidos de 1960

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Flag of the United States.svg Gran Premio de Estados Unidos de 1960
Detalles da carreira
Carreira 10 de 10 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1960.
Trazado do circuíto de Riverside
Trazado do circuíto de Riverside
Data 20 de novembro 1960
Nome oficial III Gran Premio dos Estados Unidos
Localización Circuíto Riverside International
Riverside (California)
Percorrido Circuíto mixto permanente
5´271 km
Distancia 75 voltas, 395 km
ClimaAsollado
Pole position
Piloto Flag of the United Kingdom.svg Stirling Moss Lotus-Climax
Tempo 1:54.4
Volta rápida
Piloto Australia Jack Brabham Cooper-Climax
Tempo 1:56.3 na volta 71
Podio
Primeiro Flag of the United Kingdom.svg Stirling Moss Lotus-Climax
Segundo Flag of the United Kingdom.svg Innes Ireland Lotus-Climax
Terceiro Flag of New Zealand.svg Bruce McLaren Cooper-Climax

O Gran Premio dos Estados Unidos de 1960 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 20 de novembro de 1960 no circuíto de Riverside. Foi a décima e última carreira da tempada de Fórmula Un de 1960.

Sumario[editar | editar a fonte]

Por algunha razón (falta de familiaridad dos afeccionados cos coches de rodas abertas e cos pilotos europeos, a falta de apoio dos medios de comunicación e dos promotores do Leste, ou a falta de batalla polo campionato en curso), o promotor Alec Ulmann non tivo éxito en conseguir máis apoio para o Gran Premio dos Estados Unidos de 1960 no circuíto de Riverside en California do que tivo un ano antes en Sebring (Florida).

Situado no deserto preto das montañas de San Bernardino ao leste dos Ánxeles, o circuíto de Riverside ten unha sección particularmente esixente de eses costa arriba, logo de pasar a liña de meta. O residente en Riverside e heroe local Dan Gurney chegou á pista como o favorito da multitude, que só eran 25.000 espectadores. Jack Brabham, que xa conseguira o seu segundo Campionato Mundial consecutivo unhas semanas antes en Portugal, estaba de volta co seu compañeiro Bruce McLaren na fábrica Cooper - Climax. Lotus participou cos coches de Jim Clark, Innes Ireland e John Surtees, mentres que Rob Walker participou co Lotus de Stirling Moss. BRM participou con tres P48 con motor central para Jo Bonnier, Graham Hill e Gurney. Coa perda outra vez do campionato, Enzo Ferrari decidiu quedar cos seus coches en casa, pensando que o seu tempo estaría mellor empregado na preparación do novo coche de 1.5 litros para 1961. Aos pilotos Phil Hill e Wolfgang von Trips, con todo, permitíuselles participar na carreira con outros equipos. En particular Hill, quería protexer á súa posición no terceiro lugar no Campionato detrás dos seus compañeiros do equipo Cooper Brabham e McLaren.

Moss gañou a batalla da pole, moi por diante de Brabham e Gurney, que completaron a primeira fila. Phil Hill quedou sorprendido pola "incrible" diferenza no manexo entre o vello Cooper, verde e vermello con motor traseiro que recibiu para a carreira e o Ferrari Dino gañador de Monza que pilotara toda a tempada, pero se amañou para ser décimo terceiro na grella.

Un pequeno grupo de veteranos de Riverside estaban preparados para a carreira, pero víronse sorprendidos polo espectáculo dos coches de F1. Brabham tomou a dianteira na primeira curva, por diante de Gurney e Moss. Os Cooper de Phil Hill e Olivier Gendebien calaronse na grella, pero arrancaron e púxeronse en marcha. Na volta 4, Surtees trompeou o seu Lotus diante do seu compañeiro de equipo Jim Clark, quedando eliminado.

Os problemas do australiano deixaron a Moss na fronte, e cando o BRM de Gurney fundiu as buxías, o compañeiro de equipo de Moss Bonnier quedou segundo, por diante de Ireland, Graham Hill e o Texano Jim Hall, no seu primeiro Grand Prix. Xusto antes da metade da carreira de 75 voltas, Graham Hill retirouse coa caixa de cambios rota, e Bonnier comezou a perder posicións de novo cando un resorte de válvula roto causou un fallo de encendido. Brabham estaba atacando a través da pista desde a súa parada en boxes, finalmente terminou cuarto na batalla, detrás do seu compañeiro de equipo McLaren. Phil Hill ía quinto no seu Cooper ata que un trompo deixouno detrás de Bonnier, que chegou á meta co seu renqueante BRM logrando dous puntos.

Moss gañou a última carreira da éra dos dous litros e medio, e rematou terceiro no campionato por segundo ano consecutivo. Era a súa décimo cuarta vitoria coa normativa saínte, unha menos que o cinco veces campión do mundo Juan Manuel Fangio.

Ao non poder realizar o seu soño de triunfar ca Fórmula Un nos EE.UU. por segunda vez, Ulmann nobremente usou o seu propio diñeiro para pagar premios e honorarios por participar. O gañador Moss recibiu un cheque por 7.500 $, unha cantidade asombrosa para a época, os provedores tiveron que esperar uns meses para cobrar, pero recibiron ata o último centavo. Felizmente, o seguinte ano vería o GP de Estados Unidos finalmente establecido nunha sede normal, cun público fiel e agradecido en Watkins Glen, Nova York. Pero as carreiras de Fórmula Un ao final regresarían a California. En 1976, o Gran Premio do oeste dos Estados Unidos volvería a Long Beach, a só 60 quilómetros de distancia.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 5 Flag of the United Kingdom.svg Stirling Moss Lotus-Climax 75 2:28:52.2 1 8
2 10 Flag of the United Kingdom.svg Innes Ireland Lotus-Climax 75 + 38.0 7 6
3 3 Flag of New Zealand.svg Bruce McLaren Cooper-Climax 75 + 52.0 10 4
4 2 Australia Jack Brabham Cooper-Climax 74 + 1 volta 2 3
5 15 Flag of Sweden.svg Jo Bonnier BRM 74 + 1 volta 4 2
6 9 Flag of the United States.svg Phil Hill Cooper-Climax 74 + 1 volta 13 1
7 24 Flag of the United States.svg Jim Hall Lotus-Climax 73 + 1 volta 12
8 14 Flag of the United Kingdom.svg Roy Salvadori Cooper-Climax 73 + 2 voltas 15
9 26 Alemaña Wolfgang von Trips Cooper-Maserati 72 + 3 voltas 16
10 23 Flag of the United States.svg Chuck Daigh Scarab 70 + 5 voltas 18
11 25 Flag of the United States.svg Pete Lovely Cooper-Castellotti 69 + 6 voltas 20
12 7 Bélxica Olivier Gendebien Cooper-Climax 69 + 6 voltas 8
13 20 Flag of the United States.svg Robert Drake Maserati 68 + 7 voltas 22
14 8 Flag of the United Kingdom.svg Henry Taylor Cooper-Climax 68 + 7 voltas 14
15 18 Francia Maurice Trintignant Cooper-Maserati 66 + 9 voltas 19
16 12 Flag of the United Kingdom.svg Jim Clark Lotus-Climax 61 + 14 voltas 5
Ret 17 Flag of the United Kingdom.svg Graham Hill BRM 34 Caixa de cambios 11
Ret 19 Flag of the United Kingdom.svg Ian Burgess Cooper-Maserati 29 Encendido 23
Ret 21 Flag of the United Kingdom.svg Brian Naylor Cooper-Maserati 20 Motor 17
Ret 16 Flag of the United States.svg Dan Gurney BRM 18 Buxía fundida 3  
Ret 4 Flag of the United Kingdom.svg Ron Flockhart Cooper-Climax 11 Transmisión 21
Ret 6 Flag of the United Kingdom.svg Tony Brooks Cooper-Climax 6 Trompo 9
Ret 11 Flag of the United Kingdom.svg John Surtees Lotus-Climax 3 Accidente 6

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 6 mellores resultados contan para o Campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Nye, Doug (1978). The United States Grand Prix and Grand Prize Races, 1908-1977. B. T. Batsford. ISBN 0-7134-1263-1. 
  • Dennis Shattuck (February, 1961). "Grand Prix of the U.S.". Road & Track, 78-81.


Carreira anterior:
Gran Premio de Italia de 1960
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1960
Carreira seguinte:
Gran Premio de Mónaco de 1961
Carreira anterior:
Gran Premio dos Estados Unidos de 1959
Gran Premio dos Estados Unidos Carreira seguinte:
Gran Premio dos Estados Unidos de 1961