Giancarlo Baghetti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Giancarlo Baghetti
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Italia Italia
Anos en activo 19611967
Escudería(s) Ferrari, Automobili Turismo e Sport, Scuderia Centro Sud, Brabham, Reg Parnell, Lotus
Grandes Premios disputados 21
Campionatos 0
Vitorias 1
Podios 1
Pole positions 0
Voltas rápidas 1
Primeiro GP Gran Premio de Francia de 1961
Primeira vitoria Gran Premio de Francia de 1961
Derradeira vitoria Gran Premio de Francia de 1961
Derradeiro GP Gran Premio de Italia de 1967

Giancarlo Baghetti (nado o 25 de decembro de 1934 en Milan, Italia, finou o 27 de novembro de 1995 tamén en Milán) foi un piloto de Fórmula 1 que competiu cos equipos Ferrari, ATS (a escudería italiana), BRM, Brabham e Lotus. Era o fillo dun rico industrial de Milan.[1]

Baghetti foi un dos tres únicos pilotos que gañaron a súa primeira carreira no Campionato do Mundo, os outros dous son Nino Farina, que gañou a primeira carreira do Campionato do Mundo (o Gran Premio do Reino Unido de 1950) e Johnnie Parsons , que gañou as 500 Millas de Indianápolis de 1950 (as 500 Millas de Indianápolis formaron parte do Campionato do Mundo de 1950 a 1960).

Andaina na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

Baghetti comezou a competir en 1955 en coches de fábrica, pasando á Fórmula Júnior en 1958. En 1961 foi seleccionado pola Federazione Italiana Scuderie Automobilistiche (FISA), unha coalición de propietarios de equipos italianos independentes que chegaran a un acordo de préstamo con Ferrari dun 156 Dino.[2] O coche de Fórmula 2 era para correr en Grandes Premios non de Campionato, para dar experiencia aos pilotos italianos máis prometedores. Malia non mostrar unha forma espectacular nas categorías inferiores, Baghetti foi elixido sobre Albino Buttichi e Lucien de Sanctis para o asento.

O equipo FISA adquiriu despois un novo Ferrari 156 para o Gran Premio de Francia de 1961 en Reims-Gueux, participando Baghetti nesta carreira do Campionato do Mundo. Unha vez que Wolfgang von Trips, Richie Ginther e Phil Hill retiraronse cos 156 de fábrica, Baghetti defendeu a honra de Ferrari. Venceu a Dan Gurney no Porsche 718. Gañando así os tres primeiros grandes premios nos que participou, os outros dous non eran puntuables para o campionato mundial. A vitoria significou que Baghetti converteuse no primeiro italiano desde 1954 en gañar unha proba do Campionato do Mundo de Fórmula Un. Tamén se converteu no primeiro e único piloto en gañar no seu debut nun Gran Premio do Campionato Mundial nunha pista que non estaba enteiramente composta por outros pilotos debutantes.

Participou noutras dúas carreiras do Campionato, retirándose do Gran Premio do Reino Unido de 1961 e Gran Premio de Italia de 1961, malia que marcou a volta rápida no segundo. Tamén gañou a pouca participativo Prima Coppa Italia carreira en Vallelunga nun Porsche 718.

Foi promovido ao equipo de fábrica de Ferrari en 1962, pero puntuou en só dúas carreiras do campionato, cuarto no Gran Premio dos Países Baixos, e quinto no Gran Premio de Italia, Ferrari foi superado polos equipos británicos. Baghetti logrou o segundo lugar na carreira non de campionato Mediterráneo Grand Prix. Estivo involucrado no desastroso intento de ATSen 1963, uníndose a Phil Hill no equipo de Carlo Chiti, pero só finalizou unha das súas cinco participacións. En 1964 pasou á Scuderia Centro Sud cun vello BRM P57 acadando o maior logro co sétimo posto no Gran Premio de Austria. Nese intre a súa carreira nos Grades Premios prácticamente terminou, aínda que participou tres veces máis todas no Gran Premio de Italia, nun Brabham de fábrica en 1965, cun Ferrari do equipo Reg Parnell en 1966, e un Lotus de fabrica en 1967, cando estaba preto de puntuar, rompeulle o motor.

Logo da Fórmula Un[editar | editar a fonte]

Alcanzou un certo éxito no Campionato Europeo de Turismos con Alfa Romeo e FIAT Abarth, gañando o Campionato de Clase 1000cc en 1966 cun Abarth 1000. Logo de probar en Fórmula 3, retirouse logo de ver un grave accidente en 1967 no " Monza Lottery".

Máis tarde converteuse en xornalista e fotógrafo de automobilismo e de moda.

Morte e herdanza[editar | editar a fonte]

Baghetti morreu de cancro en 1995.

A vitoria de Baghetti na súa carreira de debut no Campionato aseguroulle un posto na historia da Fórmula Un, ao converterse no único piloto que gañou as súas tres primeiras carreiras de Fórmula Un, aínda que dous Grandes Premios non eran puntuables para o campionato do mundo.

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos Puntos
1961 FISA Ferrari 156 Ferrari V6 MON
NED
BEL
FRA
1
9
Scuderia Sant Ambroeus RU
Ret
ALE
ITA
Ret
USA
1962 Scuderia Ferrari Ferrari 156 Ferrari V6 NED
4
MON
BEL
Ret
FRA
RU
ALE
10
ITA
5
USA
RSA
11º 5
1963 Automobili Turismo e Sport ATS 100 ATS V8 MON
BEL
Ret
NED
Ret
FRA
RU
ALE
ITA
15
USA
Ret
MEX
Ret
RSA
NC 0
1964 Scuderia Centro Sud BRM P57 BRM V8 MON
DNA
NED
10
BEL
8
FRA
RU
12
ALE
Ret
AUT
7
ITA
8
USA
MEX
NC 0
1965 Brabham Racing Organisation Brabham BT7 Climax V8 RSA
MON
BEL
FRA
RU
NED
ALE
ITA
Ret
USA
MEX
NC 0
1966 Reg Parnell Racing Ltd Ferrari 246 Ferrari V6 MON
BEL
FRA
RU
NED
ALE
ITA
NC
USA
MEX
NC 0
1967 Team Lotus Lotus 49 Cosworth V8 RSA
MON
NED
BEL
FRA
RU
ALE
CAN
ITA
Ret
USA
MEX
NC 0

Carreiras non de campionato[editar | editar a fonte]

(key) (Races in italics indicate fastest lap)

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21
1961 FISA Ferrari 156 Ferrari V6 LOM GLV PAU BRX VIE AIN SYR
1
NAP
1
LON SIL SOL KAN DAN MOD FLG OUL LEW
Scuderia Sant Ambroeus Porsche 718 Porsche Flat-4 VAL
1
RAN NAT RSA
1962 Scuderia Ferrari Ferrari 156 Ferrari V6 CAP BRX LOM LAV GLV PAU AIN
4
INT NAP MAL CLP RMS
DNA
SOL KAN MED
2
DAN OUL MEX RAN NAT
1963 Ecurie Filipinetti Lotus 21 Climax Straight-4 LOM GLV PAU IMO
DNQ
SYR AIN INT ROM SOL KAN MED AUT OUL RAN
1964 Scuderia Centro Sud BRM P57 BRM V8 DMT
DNS
NWT
9
SYR
Ret
AIN
9
INT
8
SOL MED RAN
1965 Scuderia Centro Sud BRM P57 BRM V8 ROC SYR SMT INT MED
Ret
RAN
1966 Anglo-Suisse Racing Team Lotus 33 BRM RSA SYR
Ret
INT OUL

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Baghetti Of Italy Takes Auto Race, New York Times, July 3, 1961, Page 11.
  2. Non está claro si tratábase dun 156 de F2 utilizado en 1950, ou o novo 156 de F1 de 1961 (Small (2000), p. 51, limítase a enumerar as 3 participacións de Baghetti en 1961 como "Ferrari 156 V6 1´5 "). A confusión débese aos múltiples modelos de Ferrari diferentes que comparten os mesmos números de modelo sobre todo nos primeiros anos.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]