Gran Premio de México de 1964
| Nome oficial | III Mexican Grand Prix |
|---|---|
| Tipo | Gran Premio de México |
| Deporte | automobilismo |
| Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1964 |
| Distancia do evento | 65 |
| Localización e Datas | |
| Localización |
Cidade de México (México) Autódromo Hermanos Rodríguez (Iztacalco) |
| País | México |
| Data | 25 de outubro de 1964 |
| Competición | |
| Primeiro posto | Dan Gurney Brabham |
| Pole position | Jim Clark |
| Volta máis rápida | Jim Clark |
O Gran Premio de México de Fórmula 1 de 1964 celebrouse en Cidade de México o 25 de outubro de 1964.
Resumo
[editar | editar a fonte]Foi unha das finais máis dramáticas na historia do Campionato do Mundo de Fórmula Un. Os puntos para o Campionato só podían ser anotados polos seis primeiros finalistas (9-6-4-3-2-1). Ao chegar á carreira, tres pilotos tiñan a oportunidade de gañar o título. Graham Hill (BRM) con 39 puntos, John Surtees (Ferrari) con 34 puntos e Jim Clark (Lotus-Climax) con 32 puntos. A carreira comezou con Clark saíndo desde a pole position por diante de Dan Gurney no Brabham-Climax (Gurney tiña só dez puntos ao inicio desta carreira logo de gañar o Gran Premio de Francia e dun sexto lugar). Hill e Lorenzo Bandini, compañeiro de Surtees en Ferrari, loitaban polo terceiro posto, con Surtees nun distante quinto lugar, aparentemente sen ningunha posibilidade de gañar o título. De rematar nestas posicións, Clark sería campión con catro vitorias por dúas vitorias de Hill, a pesar de estar empatados a 39 puntos. Bandini bateu á parte traseira do coche de Hill facéndoo trompear e perder algúns postos. A partir de entón coche de Hill correu co tubo de escape abolado, o que lle fixo perder potencia. O campionato estaba agora nas mans de Clark. Na penúltima volta, o motor de Clark parouse e as posicións quedaron Gurney-Bandini-Surtees. O título estaba de novo nas mans de Hill. Ao darse conta de que Surtees podería gañar o título terminando en segundo lugar, o director do equipo Ferrari avisou freneticamente a Bandini para que frease e entrase en boxes na última volta, para deixar adiantar a Surtees. Bandini obedientemente fíxoo e Surtees terminou en segundo lugar, gañando así o Campionato Mundial por un punto sobre Hill (40 por 39).
Clasificación
[editar | editar a fonte]| Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 6 | Brabham-Climax | 65 | 2:09:50.32 | 2 | 9 | |
| 2 | 7 | Ferrari | 65 | + 1:08.94 | 4 | 6 | |
| 3 | 8 | Ferrari | 65 | + 1:09.63 | 3 | 4 | |
| 4 | 2 | Lotus-Climax | 65 | + 1:21.86 | 5 | 3 | |
| 5 | 1 | Lotus-Climax | 64 | Motor | 1 | 2 | |
| 6 | 18 | Ferrari | 64 | + 1 volta | 9 | 1 | |
| 7 | 9 | Cooper-Climax | 64 | + 1 volta | 10 | ||
| 8 | 4 | BRM | 64 | + 1 volta | 11 | ||
| 9 | 10 | Cooper-Climax | 63 | Motor | 15 | ||
| 10 | 17 | Lotus-Climax | 63 | + 2 voltas | 14 | ||
| 11 | 3 | BRM | 63 | + 2 voltas | 6 | ||
| 12 | 11 | BRP-BRM | 61 | + 4 voltas | 16 | ||
| 13 | 23 | Brabham-BRM | 60 | + 5 voltas | 19 | ||
| Ret | 15 | Lotus-BRM | 46 | Caixa cambios | 12 | ||
| Ret | 5 | Brabham-Climax | 44 | Eléctrico | 7 | ||
| Ret | 14 | Lotus-BRM | 12 | Temperatura | 17 | ||
| Ret | 22 | Brabham-BRM | 11 | Bomba gasolina | 13 | ||
| Ret | 16 | Brabham-Climax | 9 | Suspensión | 8 | ||
| Ret | 12 | BRP-BRM | 6 | Temperatura | 18 |
Notas
[editar | editar a fonte]- Por primeira vez, tres pilotos británicos chegaron á última carreira con opcións de gañar o campionato.
- Graham Hill (39 pts.) necesitaba:
- Ser 1º
- Ser 3º, con Surtees segundo ou peor
- Clark segundo ou peor, Surtees terceiro ou peor
- John Surtees (34 pts.) necesitaba:
- Ser 1º
- Ser 2º, con Graham Hill 4º ou peor
- Jim Clark (30 pts.) necesitaba:
- Ser 1ª, con Surtees 3º ou peor e Graham Hill 4º ou peor
- Jim Clark estivo a piques de logralo. Se o seu motor non se estragara na última volta, el faría o suficiente para gañar o campionato..
- Graham Hill (39 pts.) necesitaba:
- Noutra banda tres construtores estaban loitando polo campionato.
- Ferrari (43 pts.) necesitaba:
- Ser 1º
- 2º, co mellor BRM terceiro ou peor
- O mellor Lotus-Climax segundo ou peor e o mellor BRM 3º ou peor
- BRM (42 pts) necesitaba:
- Ser 1º
- Lotus-Climax (37 pts) necesitaba:
- Ser 1ª, co mellor Ferrari terceiro ou peor
- Unha vez máis, se o motor de Jim Clark non se queimara, entón Lotus-Climax gañaría o Campionato de Construtores
- Ferrari (43 pts.) necesitaba:
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de México de 1964 |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Notas:Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 6 mellores resultados contan para o Campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de México de 1964 |
| Carreira anterior: Gran Premio dos Estados Unidos de 1964 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1964 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Suráfrica de 1965 |
| Carreira anterior: Gran Premio de México de 1963 |
Gran Premio de México | Carreira seguinte: Gran Premio de México de 1965 |