Gran Premio dos Países Baixos de 1959
| Nome na lingua orixinal | (nl) VIII Grote Prijs van Nederland |
|---|---|
| Tipo | Gran Premio dos Países Baixos |
| Deporte | automobilismo |
| Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1959 |
| Distancia do evento | 75 |
| Localización e Datas | |
| Localización |
Ámsterdam (Ámsterdam) Circuíto Park Zandvoort (Zandvoort) |
| País | Países Baixos |
| Data | 31 de maio de 1959 |
| Competición | |
| Primeiro posto | Joakim Bonnier British Racing Motors |
| Pole position | Joakim Bonnier |
| Volta máis rápida | Stirling Moss |
O Gran Premio dos Países Baixos de 1959 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 31 de maio de 1959 no circuíto de Zandvoort. Foi a terceira carreira da tempada de Fórmula Un de 1959.
A carreira foi gañada polo piloto sueco Joakim Bonnier pilotando un BRM P25. Sería a única vitoria de Bonnier nun Gran Premio do Campionato do Mundo en quince anos de participacións. Tamén foi a primeira vitoria da Owen Racing Organisation, o equipo de carreiras do construtor BRM, logo de case unha década de esforzos. Bonnier gañou por quince segundos sobre o piloto australiano Jack Brabham que pilotaba un Cooper T51. O compañeiro de equipo de Brabham, o estadounidense Masten Gregory, foi o outro piloto que rematou na volta do líder no seu Cooper T51 en terceira posición.
Clasificación
[editar | editar a fonte]| Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 7 | BRM | 75 | 2:05:26.8 | 1 | 8 | |
| 2 | 8 | Cooper-Climax | 75 | + 14.2 | 2 | 6 | |
| 3 | 9 | Cooper-Climax | 75 | + 1:23.0 | 7 | 4 | |
| 4 | 12 | Lotus-Climax | 74 | + 1 volta | 9 | 3 | |
| 5 | 1 | Ferrari | 74 | + 1 volta | 4 | 2 | |
| 6 | 3 | Ferrari | 73 | + 2 voltas | 12 | ||
| 7 | 14 | Lotus-Climax | 73 | + 2 voltas | 5 | ||
| 8 | 10 | Cooper-Climax | 73 | + 2 voltas | 11 | ||
| 9 | 16 | Ferrari | 71 | + 4 voltas | 15 | ||
| 10 | 15 | Porsche | 68 | + 7 voltas | 14 | ||
| Ret | 11 | Cooper-Climax | 62 | Caixa de cambios | 3 | 1 | |
| Ret | 6 | BRM | 46 | Caixa de cambios | 6 | ||
| Ret | 2 | Ferrari | 42 | Fuga aceite | 8 | ||
| Ret | 5 | Aston Martin | 25 | Motor | 10 | ||
| Ret | 4 | Aston Martin | 3 | Motor | 13 |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos.
Notas
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio dos Países Baixos de 1959 |
| Carreira anterior: 500 Millas de Indianápolis de 1959 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1959 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Francia de 1959 |
| Carreira anterior: Gran Premio dos Países Baixos de 1958 |
Gran Premio dos Países Baixos | Carreira seguinte: Gran Premio dos Países Baixos de 1960 |