JBW

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
JBW
Nome completo JBW Cars
Bandeira
Baseada en Reino Unido Inglaterra
Tempadas en activo 5 (1957 - 1961)
Número de pilotos Brian Naylor
Debut Gran Premio de Alemaña de 1957
Carreiras 8
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0
Pole positions 0
Voltas Rápidas 0
Puntos totais
Derradeiro GP Gran Premio de Italia de 1961

JBW Cars foi un fabricante británico de automóbiles de carreiras a finais de 1950, converteuse en construtor de Fórmula 1 de 1959 a 1961.

Brian Naylor, un piloto afeccionado de Stockport, financiou ao seu mecánico Fred Wilkinson para construír unha serie de coches deportivos que eran competitivos nos circuítos nacionais de segundo nivel, pero non eran competitivos no ámbito internacional. Ademais da construción dos seus propios automóbiles deportivos, JBW tamén preparou e entrou automóbiles Cooper de carreiras monoprazas para que os pilotara Naylor en carreiras ocasionais de Fórmula 1 e Fórmula 2.

Fórmula Un[editar | editar a fonte]

Logo de dúas tempadas competindo nas carreiras de Fórmula Dúas co JBW Cooper T43 e T45, Brian Naylor decidiu participar na Fórmula Un en 1959. Para logralo Fred Wilkinson construíu un coche, o JBW Tipo 1, que estaba fortemente influenciado polo deseño dos Cooper contemporáneos, colocando o motor Maserati de 2´5 L detrás do piloto. A primeira aparición do JBW-Maserati foi na pre-tempada, na carreira fóra de campionato Trofeo Internacional BRDC en Silverstone, o 2 de maio de 1959. Naylor chegou demasiado tarde para lograr un tempo de clasificación, e retirouse na volta 41 da carreira con fallo no cambio. O 18 de xullo Naylor apareceu co JBW no Gran Premio do Reino Unido de 1959 en Aintree. Malia que logrou clasificarse por diante de pilotos de renome tales como Tony Brooks, Jack Fairman e Ivor Bueb, de novo o JBW deixou Naylor nas últimas posicións e a transmisión do coche fallou na volta 18. A última participación da tempada resultou un fracaso ata para cualificar, logo Naylor sufriu un accidente durante a práctica para a carreira Gold Cup en Oulton Park o 26 de setembro.

O Tipo JBW 1 non volveu aparecer ata que a carreira do Trofeo Internacional do ano seguinte, o 14 de maio de 1960. Mentres Naylor e o JBW-Maserati cualificou no 25º e último lugar, ao final rematou na 11ª posición, o coche aguantou por primeira vez nun evento competitivo. Desafortunadamente para Naylor, a primeira carreira da tempada do Campionato Mundial de 1960, o Gran Premio de Mónaco de 1960, non proporcionou resultados tan positivos e fracasou unha vez máis para cualificar. Pero, a súa seguinte carreira, o Gran Premio do Reino Unido de 1960 proporcionou a Brian Naylor o seu mellor resultado no Campionato, despois de que chegara á meta na 13ª posición, logo de cualificar no posto 18. A súa racha continuou en Snetterton na carreira Trophy Silver City o 1 de agosto, onde terminou 11º. As cousas parecían estar mellorando para o equipo JBW cando Naylor cualificou o JBW-Maserati en sétima posición para o Gran Premio de Italia de 1960 en Monza, pero a súa sorte empezou a cambiar e caixa de cambios do coche fallou na volta 42. A última carreira do Campionato Mundial en (nos Estados Unidos) e dúas carreiras non de campionato no resto da tempada de 1960, remataron todas con retiradas anticipadas.

O JBW-Maserati realizou máis saídas nas carreiras da Fórmula Intercontinental de 1961, pero en ningunha ocasión Naylor puido terminar. O coche tamén correu cun motor de 1´5 litros de Maserati nalgunhas carreiras fóra do campionato, pero sen mellor resultado. Para o Campionato do Mundo de 1961 e a maioría doutras carreiras de Fórmula Un Naylor e Wilkinson decidiron cambiar ao motor Coventry Climax, e redeseñou o coche JBW ao redor do seu motor FPF de 1´5 L con catro cilindros en liña. Este novo coche, o JBW Tipo 2, fixo a súa primeira aparición na carreira do British Empire Trophy en Silverstone (ironicamente unha carreira de Fórmula Intercontinental), pero non puido terminar. Tampouco puido chegar á bandeira final na súa única carreira do Campionato Mundial, o Gran Premio de Italia de 1961, pero só unha semana máis tarde Naylor logrou o seu mellor resultado da historia ao terminar no noveno lugar no International Gold Cup de 1961 en Oulton Park. Naylor só fixo unha aparición máis no JBW-Climax, e retirouse na primeira volta do Lewis-Evans Trophy en Brands Hatch. Ao final da tempada 1961, a súa saúde estaba cada vez peor, Naylor retirouse da competición e foi o fin de JBW Cars.

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Chasis Motor Pneu. Piloto 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Puntos Pos.
1957 Cooper T43 Climax L-4 D ARX MON 500 FRA GBR ALE PES ITA [1]. [1].
Brian Naylor 13
1958 Cooper T45 Climax L4 D ARX MON NED 500 BEL FRA GBR ALE POR ITA MOR [2]. [2].
Brian Naylor Ret
1959 JBW Type 1 Maserati L4 D MON 500 NED FRA GBR ALE POR ITA USA 0 NC
Brian Naylor Ret
1960 JBW Type 1 Maserati L4 D ARX MON 500 NED BEL FRA GBR POR ITA USA 0 NC
Brian Naylor NSC 13 Ret Ret
1961 JBW Type 2 Climax L4 D MON NED BEL FRA GBR ALE ITA USA 0 NC
Brian Naylor Ret

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 O Campionato Mundial de Construtores non se disputo de 1950 a 1957
  2. 2,0 2,1 Non era elixible para puntuar no Campionato Mundial de Construtores

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]