Gran Premio do Canadá de 1978

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Flag of Canada.svg Gran Premio de Canadá de 1978
Detalles da carreira
Carreira 16 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1978.
Trazado do Circuíto Gilles Villeneuve.
Trazado do Circuíto Gilles Villeneuve.
Data 8 de 0utubro de 1978
Nome oficial XVII Gran Premio do Canadá
Localización Circuíto Gilles Villeneuve, Montreal, Canadá
Percorrido Circuíto semipermanente
3´957 km
Distancia 80 voltas, 316´56 km
ClimaSeco, nubrado, frío 5º C.[1]
Pole position
Piloto Francia Jean-Pierre Jarier Lotus-Ford
Tempo 1:38.015
Volta rápida
Piloto Australia Alan Jones Williams-Ford
Tempo 1:38.072 na volta 70
Podio
Primeiro Flag of Canada.svg Gilles Villeneuve Ferrari
Segundo Unión Sudafricana Jody Scheckter Wolf-Ford
Terceiro Flag of Argentina.svg Carlos Reutemann Ferrari

O Gran Premio do Canadá de 1978 foi unha carreira de Fórmula 1, celebrada no Circuíto Île Notre-Dame, Montreal, Canadá o 8 de outubro de 1978. A carreira, foi a 16ª carreira da tempada de 1978.

Resumo da carreira[editar | editar a fonte]

Antecedentes[editar | editar a fonte]

O Gran Premio de Canadá trasladouse desde o circuíto de Mosport Park, preto de Toronto para o recentemente construído Circuíto Île Notre-Dáme, en Montreal. O evento trasladouse por mor dos problemas de seguridade da pista e a organización na montañosa e pintoresca pista de Mosport Park.

Antes da carreira, nas entrevistas previas á carreira Mario Andretti sinalou que pensaba que o circuíto fora deseñado en favor de Gilles Villeneuve, un comentario que foi recollido pola prensa local. Andretti respondeu aos comentarios o día da carreira pola mañá, indicando que "non crítico aos organizadores da carreira", senón que "critico aos nosos propios comisarios da FOCA que foron enviados aquí para aprobar a pista".[2]

Ambos campionatos xa estaban decididos (a favor de Andretti e Lotus). Antes da carreira, Brabham anunciou que o entón descoñecido piloto brasileiro Nelson Piquet, que competera sen éxito a principios de tempada con Ensign e BS Fabrications, uniríase a eles nun terceiro coche, xunto aos pilotos titulares Niki Lauda e John Watson. O único outro cambio foi a volta de Riccardo Patrese á cabina de Arrows logo de perderse a carreira anterior.

Práctica e cualificación[editar | editar a fonte]

O mal tempo e a choiva na mañá do venres fixeron que a primeira sesión de adestramentos comezara 20 minutos máis tarde do previsto. Cando iniciouse a sesión, os dous pilotos de Ferrari eran os máis rápidos, Carlos Reutemann marcou a volta rápida con 2:02.600, por diante do seu compañeiro de equipo Villeneuve. Os McLaren loitaban co clima, Peter Windsor sinalou que non era capaz de atopar no coche "unha tracción decente".[2]

Na segunda sesión de adestramentos celebrada o venres a pista estaba seca, e Reutemann ía cada vez máis rápido, cunha volta de 1:57.900. Brabham tivo problemas de novo, como na primeira sesión, Piquet estrelouse contra o muro.

A chuvia saudou aos equipos de novo o sábado pola mañá para unha sesión de práctica de 90 minutos, aínda que as condicións melloraron cara ao final dese período de sesións, o que permitiu ir máis rápido a Lauda cun tempo de 1:51.700, Keke Rosberg, Andretti e Watson completaron os catro primeiros.

A participación de 28 coches tivo que ser recortada a 22 antes da carreira, e os que non puideron clasificarse, foron excepcionalmente, de seis equipos diferentes. Eran Clay Regazzoni de Shadow, Beppe Gabbiani de Surtees, Arturo Merzario do seu propio equipo, Héctor Rebaque en Lotus privado, Rolf Stommelen de Arrows e Michael Bleekemolen de ATS.

Inusualmente houbo malas actuacións de Reutemann, que lograría o terceiro lugar no campionato con Ferrari, pero só puido cualificar 11º, e dos Tyrrells de Patrick Depailler e Didier Pironi, ambos tamén usualmente regulares, pero que cualificaron en esta ocasión no 13º e no 18º. Piquet foi 14º no seu debut con Brabham.

O top ten foi tan interesante como os seis descualificados, xa que se estaba formado por oito coches diferentes. Jacques Laffite foi o peor cualificado, poñendo o seu Ligier 10º. O campión do mundo Andretti tamén fóra de ritmo cualificou o seu Lotus noveno. Hans Joachim Stuck levou á oitava posición o seu Shadow, vencendo ao seu compañeiro de equipo Regazzoni por máis de dous segundos e medio. Brabham, foi un dos dous únicos equipos a ter dous coches no top 10 ( o outro era Lotus), tiña a Watson e Lauda 4º e 7º. Entre eles estaba Alan Jones co Williams e Emerson Fittipaldi, que levou o pouco competitivo Copersucar ata o sexto lugar.

O favorito corredor local Villeneuve puxo terceiro ao Ferrari, nunha boa actuación do canadense que fora superado polo seu compañeiro de equipo Reutemann durante toda a tempada. A segunda praza foi para Jody Scheckter de Wolf, quen tamén estivera mellorando nos últimos tempos. Pero, a pole foi unha sorpresa. Jean-Pierre Jarier, que caera en desgraza cos ATS a principios de tempada e fora rescatado por Lotus para substituir a Ronnie Peterson logo da súa tráxica morte en Monza, logrou a pole por apenas 0.011 segundos sobre Scheckter.

Carreira[editar | editar a fonte]

Jarier mantivo o liderado desde o principio, pero Jones tivo un magnífico comezo, pasando do quinto ao segundo posto. Isto significaba que Scheckter baixou ao terceiro, Villeneuve ao cuarto e Watson ao quinto. Fittipaldi foi baixa na primeira volta, saíuse da pista e quedou espetado no lodo, polo que tivo que retirarse. Stuck uniuse a el no mesmo lugar unha volta máis tarde.

Na sexta volta, Lauda tivo un fallo nos freos e quedou fóra. Pouco despois, Andretti intentou pasar Watson no outro Brabham, tocáronse, caendo case ata os últimos postos. Isto permitiu a Patrick Depailler ser quinto e a Reutemann no outro Ferrari ser sexto. Tres voltas máis tarde, Watson tivo un accidente e tivo que retirarse.

A seguinte retirada foi na volta 17, cando Bobby Rahal no segundo Wolf sufriu problemas de inxección de combustible, quedando na pista 17 corredores.

Jarier abrira unha vantaxe de 20 segundos, Jones segundo impedía o paso dos coches máis rápidos de Scheckter e Villeneuve. Pero, na volta 18 Scheckter logrou pasalo, e Villeneuve seguiuno unha volta máis tarde. Ao mesmo tempo, Depailler perdía postos debido a cuestións técnicas, o que permitiu a Reutemann ser quinto e a Derek Daly no Ensing ser sexto. Daly foi adiantado por Riccardo Patrese, non moito tempo despois.

Sucedéronse varias boas voltas para Ferrari, o moi rápido Villeneuve loitaba para adiantar a Scheckter, todo o mundo sabía ía ser o seu compañeiro de equipo en Ferrari en 1979, conseguiuno na volta 25. Na volta 27, o seu actual compañeiro de equipo Reutemann loitaba para pasar a un lento Jones para ser cuarto. Jones tamén perdeu a posición con Patrese dúas voltas máis tarde.

Daly volveu de novo ata o sexto lugar na volta 33 cando Jones perdeu posicións debido aos seus propios problemas técnicos, pero o irlandés atopábase baixo unha forte presión de Didier Pironi no outro Tyrrell. A volta 38 viu outra retirada, a de René Arnoux no Surtees con dificultades na presión de aceite.

Un recuperado Depailler loitou primeiro co seu compañeiro Pironi e logo con Derek Daly para tomar de novo o 6º lugar nas voltas 47 e 48, xusto cando empezaron os problemas para o seu compatriota Jean-Pierre Jarier, que lideraba a carreira co Lotus, se fixo evidente cando Jacques Laffite foi capaz de desdobrarse co Ligier. Tres voltas máis tarde, Jarier quedou fóra sen presión de aceite. Foi unha traxedia para o francés, que buscaba lograr a súa primeira vitoria, pero fantástico para os afeccionados canadenses, xa que o piloto local Villeneuve parecía que ía lograr a súa. Isto permitiu Daly entrar de novo nos puntos no sexto lugar.

O Campión do Mundo de 1976 James Hunt estrelouse dúas voltas máis tarde, un triste final para a súa última carreira con McLaren, co que tivera tanto éxito, xa que se sabía que ao ano seguinte fichara por Wolf para substituir a Scheckter. Unha volta mais tarde tamén quedou fóra da carreira o Ligier de Laffite, que tiña problemas de transmisión.

A partir de entón, a orde non cambiou, e Villeneuve chegou a meta para lograr a súa primeira vitoria nun Gran Premio, diante dos seus propios afeccionados. Foi seguido por Jody Scheckter e o seu compañeiro de equipo Carlos Reutemann, 13 e 19 segundos por detrás, respectivamente. Patrese fixo cuarto nunha carreira sólida e sen incidentes, e Depailler foi quinto nunha carreira que foi calquera cousa menos tranquila. Derek Daly chegou a meta para conseguir o sexto posto e o único punto de Ensing da tempada.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 12 Flag of Canada.svg Gilles Villeneuve Ferrari 70 1:57:49.196 3 9
2 20 Unión Sudafricana Jody Scheckter Wolf-Ford 70 +13.372 segs 2 6
3 11 Flag of Argentina.svg Carlos Reutemann Ferrari 70 +19.408 segs 11 4
4 35 Italia Riccardo Patrese Arrows-Ford 70 +24.667 segs 12 3
5 4 Francia Patrick Depailler Tyrrell-Ford 70 +28.558 segs 13 2
6 22 Flag of Ireland.svg Derek Daly Ensign-Ford 70 +54.476 segs 15 1
7 3 Francia Didier Pironi Tyrrell-Ford 70 +1:21.250 18
8 8 Francia Patrick Tambay McLaren-Ford 70 +1:26.560 17
9 27 Australia Alan Jones Williams-Ford 70 +1:28.942 5
10 5 Flag of the United States.svg Mario Andretti Lotus-Ford 69 +1 volta 9
11 66 Flag of Brazil.svg Nelson Piquet Brabham-Alfa Romeo 69 +1 volta 14
12 15 Francia Jean-Pierre Jabouille Renault 65 +5 voltas 22
NC 10 Finlandia Keke Rosberg ATS-Ford 58 +12 voltas 21
Ret 26 Francia Jacques Laffite Ligier-Matra 52 Transmisión 10
Ret 7 Flag of the United Kingdom.svg James Hunt McLaren-Ford 51 Trompo 19
Ret 55 Francia Jean-Pierre Jarier Lotus-Ford 49 Fuga aceite 1
Ret 18 Francia René Arnoux Surtees-Ford 37 motor 16
Ret 21 Flag of the United States.svg Bobby Rahal Wolf-Ford 16 Sistema combustible 20
Ret 2 Flag of the United Kingdom.svg John Watson Brabham-Alfa Romeo 8 Accidente 4
Ret 1 Austria Niki Lauda Brabham-Alfa Romeo 5 Freos 7
Ret 16 Alemaña Hans Joachim Stuck Shadow-Ford 1 Accidente 8
Ret 14 Flag of Brazil.svg Emerson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 0 Accidente 6
NSC 17 Suíza Clay Regazzoni Shadow-Ford
NSC 19 Italia Beppe Gabbiani Surtees-Ford
NSC 37 Italia Arturo Merzario Merzario-Ford
NSC 25 Flag of Mexico.svg Héctor Rebaque Lotus-Ford
NSCP 36 Alemaña Rolf Stommelen Arrows-Ford
NSCP 9 Flag of the Netherlands.svg Michael Bleekemolen ATS-Ford

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1]
  2. 2,0 2,1 Windsor, Peter (2012-04-25). "The legend begins….". Peter Windsor. Consultado o 2012-04-28. 


Carreira anterior:
Gran Premio dos Estados Unidos de 1978
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1978
Carreira seguinte:
Gran Premio da Arxentina de 1979
Carreira anterior:
Gran Premio do Canadá de 1977
Gran Premio do Canadá Carreira seguinte:
Gran Premio do Canadá de 1979