Prost Grand Prix

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Prost
Nome completo Francia Prost Grand prix
Bandeira Francia
Baseada en Francia
Tempadas en activo 5 (1997-2001)
Número de pilotos Francia Olivier Panis
Italia Jarno Trulli
Francia Jean Alesi
Alemaña Nick Heidfeld
Alemaña Heinz-Harald Frentzen
Debut Gran Premio de Australia de 1997
Carreiras 83
Campionatos de Construtores 0 (mellor posición: 6º, 1997)
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0 (mellor posición: 2º, Gran Premio de España de 1997 e Gran Premio de Europa de 1999)
Pole positions 0 (mellor posición na grella: 3º, Arxentina 1997, Austria 1997 e Francia 1999)
Voltas Rápidas 0
Puntos totais 0
Derradeiro GP Gran Premio do Xapón de 2001

Prost Grand Prix foi un equipo de Fórmula Un propiedade e administrado polo ex campión do mundo Alain Prost. O equipo participou en cinco tempadas entre 1997 e 2001.

Historia[editar | editar a fonte]

Compra de Ligier[editar | editar a fonte]

Alain Prost completou a compra do equipo Ligier a principios de 1997, e inmediatamente cambiou o nome a Prost. Anunciaron un contrato exclusivo con motores Peugeot para o ano 1998, pero o equipo continuou cos motores Mugen-Honda previstos por Ligier para 1997. Como non había tempo antes da tempada de deseñar e construír un coche novo, o equipo utilizou o Ligier JS45 deseñado por Loïc Bigois e cambioulle o nome a Prost JS45. Os podios en Brasil (terceiro) e España (segundo) de Olivier Panis prometían moito, pero o francés estrelouse con forza a alta velocidade no Canadá, rompendo as dúas pernas.

Co seu primeiro piloto obrigado a perderse gran parte da tempada, Prost tivo problemas cos novatos Jarno Trulli e Shinji Nakano ata o regreso de Panis no Gran Premio de Luxemburgo. Houbo escintileos, en Austria, Trulli liderou durante gran parte da carreira antes de que o seu motor explotara, e no Gran Premio de Alemaña logrou o cuarto lugar, para terminar Panis logrou un punto, no seu regreso en Luxemburgo. polo que Prost non perdeu o tempo e renovou a ambos para unha nova tempada.

O campión do mundo de 1997 Jacques Villeneuve comentou posteriormente que no ano que logrou o título, considerara a Panis como unha especie de ameaza. Se Panis competira o ano completo, Prost podía moi ben gañar unha carreira. Logo dun prometedor 1997, as cousas tomaron un xiro a peor nas seguintes tempadas. Panis fora o máis rápido en España, e marchaba xusto detrás de Villeneuve, en Arxentina cando o seu coche avariouse, tamén estivo preto de gañar no Canadá.

Olivier Panis pilotando para o equipo Prost Grand Prix en Montreal en 1998.

Problemas e declive[editar | editar a fonte]

Logo de graves problemas co cambio durante as probas, o equipo case non chegou a carreira de inicio da tempada 1998, o seu coche aínda tiña que pasar unha proba de choque. Chegaron ao Gran Premio de Australia, pero a tempada resultou ser un fracaso. Só o sexto posto de Trulli en Spa permitiu ao equipo quedar último na táboa de posicións. 1999 viu unha mellora, obtiveron varios puntos e unha segunda posición de Trulli en Nürburgring.

Ás veces, o coche parecía verdadeiramente competitivo con grandes tempos de cualificación. Con todo, os resultados a miúdo non se materializaban. En Magny-Cours Panis comezou en terceiro lugar, pero non foi capaz de capitalizar e terminou fóra dos puntos. Trulli tiña contrato para o ano 2000, pero a relativa falta de éxito do equipo permitiulle marchar a Jordan. Panis abandonou e pasou a converterse en probador de McLaren.

Loita pola supervivencia[editar | editar a fonte]

En 2000 o equipo comezou a súa gran caída. O veterano piloto Jean Alesi, ex compañeiro de equipo de Prost en Ferrari en 1991, asinou co equipo. O equipo tamén contratou ao novato campión da F3000 Nick Heidfeld para o ano 2000.

Malia unha aliñación de pilotos prometedores, Prost terminou último no campionato de construtores, non lograron anotar un só punto durante a tempada. Heidfeld foi descualificado do Gran Premio de Europa en Nürburgring por ter o seu coche dous quilos de peso menos do legal. No Gran Premio de Austria os seus dous pilotos estreláronse un contra o outro, quedando ambos fóra da carreira. A relación entre Prost e Peugeot rematou.

Jean Alesi pilotando para Prost durante 2001

En 2001 os coches correron con motores marca Acer - Ferrari. A tempada comezou con Alesi e o ex piloto de Minardi Gastón Mazzacane, pero logo de catro carreiras, este último foi apartado do equipo e substituído por Luciano Burti de Jaguar, que a súa vez fora substituído en Jaguar por Pedro de la Rosa. Alesi foi moi consistente, terminando todas as carreiras, de cando en vez nos puntos, a máis notable en Canadá cando o fixo un par de donuts e logo de saír do coche, guindou o seu casco á multitude. Foi o seu mellor resultado co equipo. Alesi marchou logo do Gran Premio de Alemaña. Na súa última carreira con Prost, Alesi anotou outro punto para o campionato nesa carreira de desgaste. De feito, o primeiro inicio da carreira estivo marcado porque Burti saíu lanzado polo aire logo de chocar a gran velocidade contra a parte posterior do Ferrari de Michael Schumacher. Alesi trasladouse a Jordan Grand Prix para o resto do ano, e foi substituído por Heinz-Harald Frentzen, quen fora despedido de Jordan logo de Silverstone.

En Bélxica, Frentzen clasificouse nunha sorprendente cuarta posición da grella logo de facer a súa primeira e única volta en seco xusto antes de que comezara chover, pero desperdiciouna cando detívose na volta de formación inicial, na primeira das tres bandeiras vermellas. A terceira provocou un gran demora, logo dun gran choque na parte máis rápida do circuíto que involucrou a Burti e o Jaguar de Eddie Irvine. Burti foi evacuado fóra do circuíto en helicóptero. En Monza, o piloto de F3000 Tomáš Enge converteuse no quinto piloto en pilotar para o equipo en 2001. Non lograrían máis puntos ese ano.

Ao final da tempada, comezou a especulación sobre o destino do equipo en vista das crecentes débedas. Finalmente, a principios de 2002 o equipo foi a creba, xusto antes do inicio da tempada. Prost fora incapaz de reunir o patrocinio suficiente para manter o equipo en marcha. Profundamente ferido polo episodio, Prost describiuno como un desastre para Francia. Frentzen tiña a esperanza de quedarse, pero terminou en Arrows. O equipo nunca logrou substituír o diñeiro que Gauloises deixou de fornecer cando retiraron o seu patrocinio ao final do ano 2000.

Falida entrada de Phoenix Finance na F1[editar | editar a fonte]

Un consorcio liderado por Phoenix Finance, dirixido por Charles Nickerson, un amigo de Tom Walkinshaw de Arrows, comprou os activos do equipo, na crenza de que, xunto coa compra dos vellos activos de Arrows, especificamente os motores, lograría un posto para a tempada 2003. Pero, a FIA considerou o consorcio como un novo participante (suxeito a unha tarifa de entrada) e o proxecto non seguiu adiante.

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Chasis Motor Pneu. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Puntos Pos.
1997 JS45 Mugen-Honda MF-301HB 3.0 V10 B AUS BRA ARX SMR MON ESP CAN FRA RU ALE HUN BEL ITA AUT LUX XPN EUR 21
14 Francia Olivier Panis 5 3 Ret 8 4 2 11 6 Ret 7
Italia Jarno Trulli 10 8 4 7 15 10 Ret
15 Flag of Japan.svg Shinji Nakano 7 14 Ret Ret Ret Ret 6 Ret 11 7 6 Ret 11 Ret Ret Ret 10
1998 AP01 Peugeot A16 3.0 V10 B AUS BRA ARX SMR ESP MON CAN FRA RU AUT ALE HUN BEL ITA LUX XPN 1
11 Francia Olivier Panis 9 Ret 15 11 16 Ret Ret 11 Ret Ret 15 12 NTS Ret 12 11
12 Italia Jarno Trulli Ret Ret 11 Ret 9 Ret Ret Ret Ret 10 12 Ret 6 13 Ret 12
1999 AP02 Peugeot A18 3.0 V10 B AUS BRA SMR MON ESP CAN FRA GBR AUT ALE HUN BEL ITA EUR MAL XPN 9
18 Francia Olivier Panis Ret 6 Ret Ret Ret 9 8 13 10 6 10 13 11 9 Ret Ret
19 Italia Jarno Trulli Ret Ret Ret 7 6 Ret 7 9 7 Ret 8 12 Ret 2 Ret Ret
2000 AP03 Peugeot A20 3.0 V10 B AUS BRA SMR RU ESP EUR MON CAN FRA AUT ALE HUN BEL ITA USA XPN MAL 0 11º
14 Francia Jean Alesi Ret Ret Ret 10 Ret 9 Ret Ret 14 Ret Ret Ret Ret 12 Ret Ret 11
15 Alemaña Nick Heidfeld 9 Ret Ret Ret 16 DSC 8 Ret 12 Ret 12 Ret Ret Ret 9 Ret Ret
2001 AP04 Acer* 01A 3.0 V10 M


AUS MAL BRA SMR ESP AUT MON CAN EUR FRA RU ALE HUN BEL ITA USA XPN 4
22 Francia Jean Alesi 9 9 8 9 10 10 6 5 15 12 11 6
Alemaña Heinz-Harald Frentzen Ret 9 Ret 10 12
23 Flag of Argentina.svg Gastón Mazzacane Ret 12 Ret Ret
Flag of Brazil.svg Luciano Burti 11 11 Ret 8 12 10 Ret Ret Ret Ret
República Checa Tomáš Enge 12 14 Ret

* o motor 2000-spec Ferrari levaba a marca Acer.