Gran Premio do Reino Unido de 1966
| Nome oficial | XIX RAC British Grand Prix |
|---|---|
| Nome na lingua orixinal | (en) RAC British Grand Prix |
| Tipo | Gran Premio do Reino Unido |
| Deporte | automobilismo |
| Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1966 |
| Distancia do evento | 80 |
| Localización e Datas | |
| Localización |
Kent (Sudeste de Inglaterra) Circuíto de Brands Hatch (Kent) |
| País | Reino Unido |
| Data | 16 de xullo de 1966 |
| Competición | |
| Primeiro posto | Jack Brabham Brabham |
| Pole position | Jack Brabham |
| Volta máis rápida | Jack Brabham |
O Gran Premio do Reino Unido de 1966 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 16 de xullo de 1966 no Circuíto de Brands Hatch, Kent, Inglaterra. Foi a cuarta carreira do Campionato do Mundo da tempada de 1966.
Foi o 21º Gran Premio do Reino Unido e o segundo, que se celebrou en Brands Hatch. Levouse a cabo sobre 80 voltas ao circuíto de catro quilómetros cunha distancia de carreira de 341 quilómetros.
A carreira, a primeira da nova era da regulación dos motores de tres litros, onde saíron 20 coches, gañouno por terceira vez o piloto australiano Jack Brabham no seu Brabham BT19, a súa segunda vitoria consecutiva logo de gañar o Gran Premio de Francia dúas semanas antes. O piloto neozelandés Denny Hulme terminou segundo no seu Brabham BT20, o primeiro dobrete para o equipo Brabham. A parella terminou unha volta por diante do terceiro piloto o británico Graham Hill no seu BRM P261.
A vitoria de Brabham proporcionoulle dez puntos de vantaxe no campionato sobre o corredor austríaco de Cooper Jochen Rindt con Hulme e Lorenzo Bandini un punto máis atrás.
Resumo da carreira
[editar | editar a fonte]Brabham e Hill loitaron na saída, ata que comezaron as tormentas de choiva no circuíto. Mentres Brabham mantivo a súa vantaxe, Rindt que cambiara a pneumáticos de choiva capturouno con rapidez, mentres que John Surtees no seu Cooper estaba en terceiro lugar, afastado do resto na pista. Hill e Jim Clark loitaron pola segunda e terceira posición ata Clark parou nos pit, Hulme tomou a segunda posición. A medida que a choiva secou, Rindt caeu cara a atrás. Surtees e Hill retiráronse por problemas mecánicos, deixando a Clark en cuarto lugar. Brabham levou a meta o seu compañeiro de equipo Hulme, con Hill, Clark, Rindt e Bruce McLaren detrás.
Clasificación
[editar | editar a fonte]| Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 5 | Brabham-Repco | 80 | 2:13:13.4 | 1 | 9 | |
| 2 | 6 | Brabham-Repco | 80 | + 9.6 | 2 | 6 | |
| 3 | 3 | BRM | 79 | + 1 volta | 4 | 4 | |
| 4 | 1 | Lotus-Climax | 79 | + 1 volta | 5 | 3 | |
| 5 | 11 | Cooper-Maserati | 79 | + 1 volta | 7 | 2 | |
| 6 | 14 | McLaren-Serenissima | 78 | + 2 voltas | 13 | 1 | |
| 7 | 7 | Brabham-Climax | 78 | + 2 voltas | 12 | ||
| 8 | 22 | Brabham-BRM | 76 | + 4 voltas | 16 | ||
| 9 | 25 | BRM | 76 | + 4 voltas | 14 | ||
| 10 | 19 | Cooper-Maserati | 75 | + 5 voltas | 17 | ||
| 11 | 24 | Cooper-Ferrari | 73 | + 7 voltas | 19 | ||
| NC | 21 | Brabham-Climax | 70 | Non clasificado | 10 | ||
| NC | 20 | Cooper-Maserati | 70 | Non clasificado | 11 | ||
| Ret | 12 | Cooper-Maserati | 67 | Transmisión | 6 | ||
| Ret | 18 | Brabham-Climax | 42 | Embrague | 15 | ||
| Ret | 2 | Lotus-BRM | 32 | Caixa cambios | 20 | ||
| Ret | 4 | BRM | 17 | Motor | 8 | ||
| Ret | 17 | Lotus-BRM | 15 | Fuga aceite | 9 | ||
| Ret | 16 | Eagle-Climax | 9 | Motor | 3 | ||
| Ret | 23 | Shannon-Climax | 0 | Motor | 18 |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
[editar | editar a fonte]- Ferrari non participou este fin de semana no Gran Premio en solidariedade coa folga dos metalúrxicos en Italia.
- Primeiros puntos para McLaren
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio do Reino Unido de 1966 |
- "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2008. Consultado o 2008-01-16.
| Carreira anterior: Gran Premio de Francia de 1966 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1966 |
Carreira seguinte: Gran Premio dos Países Baíxos de 1966 |
| Carreira anterior: Gran Premio do Reino Unido de 1965 |
Gran Premio do Reino Unido | Carreira seguinte: Gran Premio do Reino Unido de 1967 |