Gran Premio do Reino Unido de 1961
| Nome oficial | XIV RAC British Grand Prix |
|---|---|
| Nome na lingua orixinal | (en) 14th RAC British Grand Prix |
| Tipo | Gran Premio do Reino Unido |
| Deporte | automobilismo |
| Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1961 |
| Distancia do evento | 75 |
| Localización e Datas | |
| Localización | Circuíto de Aintree (Aintree (pt) |
| Lonxitude | 4,828 km |
| País | Reino Unido |
| Data | 15 de xullo de 1961 |
| Competición | |
| Primeiro posto | Wolfgang von Trips Scuderia Ferrari |
| Pole position | Phil Hill |
| Volta máis rápida | Tony Brooks |
O Gran Premio do Reino Unido de 1961 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 15 de xullo de 1961 no circuíto de Aintree, Liverpool, Inglaterra. Foi a quinta carreira do Campionato do Mundo da tempada de 1961 de Fórmula Un.
Informe
[editar | editar a fonte]Logo dun fin de semana húmido, con choivas torrenciais na cualificación e no inicio da carreira, o Gran Premio foi dominado finalmente por Scuderia Ferrari, cos seus pilotos que fixeron pleno no podio. A carreira foi gañada polo alemán Wolfgang von Trips, quen liderara durante gran parte da carreira logo de saír desde a cuarta posición. Esta foi a segunda e última vitoria de von Trips nun Gran Premio, dúas carreiras máis tarde morreu nun accidente durante o Gran Premio de Italia de 1961. O gañador da pole position, Phil Hill logrou o segundo lugar, no seu camiño para gañar o campionato do mundo de pilotos ao final da tempada, e o terceiro lugar foi para o seu compatriota estadounidense Richie Ginther .
O GP de Gran Bretaña 1961 tamén pasou á historia por ser a primeira ocasión en que participou un coche con tración ás catro rodas, e o último no que un coche con motor dianteiro inscribiuse nunha carreira do Campionato do Mundo. Estes dous logros foron alcanzados polo mesmo vehículo: o experimental Ferguson P99 - Climax do equipo Rob Walker Racing Team. Aínda que o coche foi descualificado por recibir asistencia na pista, en mans de Stirling Moss, que se fixo cargo do coche de Jack Fairman logo de que a seú Lotus falláranlle os freos, mostrou certa promesa de futuro. Desafortunadamente para Moss, o GP de Gran Bretaña de 1961 marcou tamén a última ocasión na que o heroe local correría un Gran Premio en casa, xa que retirouse da Fórmula 1 logo dun accidente durante unha carreira fóra de campionato antes da tempada de 1962.
Clasificación
[editar | editar a fonte]| Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 4 | Ferrari | 75 | 2:40:53.6 | 4 | 9 | |
| 2 | 2 | Ferrari | 75 | +46.0 segs | 1 | 6 | |
| 3 | 6 | Ferrari | 75 | +46.8 segs | 2 | 4 | |
| 4 | 12 | Cooper-Climax | 75 | +1:08.6 | 9 | 3 | |
| 5 | 8 | Porsche | 75 | +1:16.2 | 3 | 2 | |
| 6 | 36 | Cooper-Climax | 75 | +1:26.2 | 13 | 1 | |
| 7 | 10 | Porsche | 74 | +1 volta | 12 | ||
| 8 | 14 | Cooper-Climax | 74 | +1 volta | 14 | ||
| 9 | 22 | BRM-Climax | 73 | +2 voltas | 6 | ||
| 10 | 16 | Lotus-Climax | 72 | +3 voltas | 7 | ||
| 11 | 42 | Cooper-Climax | 71 | +4 voltas | 16 | ||
| 12 | 60 | Cooper-Maserati | 71 | +4 voltas | 21 | ||
| 13 | 50 | Lotus-Climax | 69 | +6 voltas | 24 | ||
| 14 | 44 | Lotus-Climax | 69 | +6 voltas | 25 | ||
| 15 | 54 | Gilby-Climax | 69 | +6 voltas | 26 | ||
| 16 | 56 | Porsche | 69 | +6 voltas | 18 | ||
| 17 | 52 | Lotus-Climax | 58 | +17 voltas | 22 | ||
| Ret | 18 | Lotus-Climax | 62 | Fuga aceite | 8 | ||
| DSC | 26 | Ferguson-Climax | 56 | Descualificado | 20 | ||
| Ret | 32 | Lotus-Climax | 45 | Caixa de cambios | 30 | ||
| Ret | 28 | Lotus-Climax | 44 | Freos | 5 | ||
| Ret | 20 | BRM-Climax | 43 | Motor | 11 | ||
| Ret | 58 | Ferrari | 27 | Accidente | 19 | ||
| Ret | 48 | Lotus-Climax | 25 | Encendido | 27 | ||
| Ret | 34 | Cooper-Climax | 23 | Diferencial | 10 | ||
| Ret | 38 | Lotus-Climax | 12 | Embrague | 29 | ||
| Ret | 46 | Cooper-Climax | 7 | Dirección | 15 | ||
| Ret | 40 | Lotus-Climax | 7 | Encendido | 26 | ||
| Ret | 30 | Lotus-Climax | 5 | Accidente | 17 | ||
| Ret | 62 | Cooper-Maserati | 0 | Caixa de cambios | 28 | ||
| Ret | 24 | Emeryson-Maserati | Coche non listo |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
[editar | editar a fonte]- Pole position: Phil Hill - 1:58.8
- Volta rápida: Tony Brooks - 1:57.8
- Líderes por volta: Phil Hill 6 voltas (1-6); Wolfgang von Trips 69 voltas (7-75).
- Ferrari gañou o campionato de construtores a falta de tres carreiras.
- Primeira carreira do Campionato do Mundo de Fórmula Un para Gerry Ashmore.
- O coche 26, pilotado por Jack Fairman, foi descualificado por empuxalo para arrancar nos boxes.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio do Reino Unido de 1961 |
| Carreira anterior: Gran Premio de Francia de 1961 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1961 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Alemaña de 1961 |
| Carreira anterior: Gran Premio do Reino Unido de 1960 |
Gran Premio do Reino Unido | Carreira seguinte: Gran Premio do Reino Unido de 1962 |