Gran Premio de Abu Zabi de 2016
| Nome oficial | 2016 Formula 1 Etihad Airways Abu Dhabi Grand Prix |
|---|---|
| Tipo | Gran Premio de Abu Zabi |
| Deporte | automobilismo |
| Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2016 |
| Distancia do evento | 55 |
| Localización e Datas | |
| Localización |
Circuíto de Yas Marina (Abu Zabi) Abu Zabi (Emirato de Abu Zabi) |
| País | Emiratos Árabes Unidos |
| Data | 27 de novembro de 2016 |
| Competición | |
| Primeiro posto | Lewis Hamilton Mercedes |
| Pole position | Lewis Hamilton |
| Volta máis rápida | Sebastian Vettel |
O Gran Premio de Abu Zabi de 2016 (oficialmente coñecido como 2016 Formula 1 Etihad Airways Abu Dhabi Grand Prix) foi unha carreira de Fórmula Un que se disputou o 27 de novembro de 2016 no Circuíto de Yas Marina na Illa Yas, unha illa nos arredores de Abu Zabi nos Emiratos Árabes Unidos. A carreira foi a sétima edición do Gran Premio de Abu Zabi e a sétima vez que a carreira disputouse como unha proba do Campionato Mundial desde a tempada inaugural en 1950.
Antecedentes
[editar | editar a fonte]O Gran Premio de Abu zabi foi a carreira número 250 e última de Felipe Massa na Fórmula 1. Tamén foi a última carreira de Jenson Button ata o momento, o seguinte ano continuou en McLaren pero como piloto de probas. Foi a última carreira de Nico Hülkenberg con Force India que pasou a Renault, de Kevin Magnussen con Renault, que pasou a Haas e de Esteban Ocon con Manor que pasou a Force India en 2017.
Carreira
[editar | editar a fonte]Na saída Lewis Hamilton mantivo a primeira posición. Nico Rosberg, pegado, consciente de que a segunda praza outorgaríalle o título. Por detrás, Kimi Räikkönen. Daniel Ricciardo marchaba cuarto, mentres o seu compañeiro de equipo trompeou e caeu ata a última praza. Na sexta volta Kevin Magnussen retirouse por problemas no seu Renault, seguido por Bottas unha volta máis tarde con problemas no seu Williams. Cando os líderes comezan a entrar en boxes, Ricciardo queda primeiro provisionalmente. Na 10ª volta a clasificación era Ricciardo, Pérez, Hamilton, Verstappen, Rosberg, Raïkkönen, Vettel, Button, Hulkenberg e Grosjean. Na volta 13 Jenson Button abandonou coa suspensión dianteira rota, na 15 o seguía Daniil Kvyat que rompeu a caixa de cambios do Toro Rosso, mentres Hamilton se queixaba dos seus pneumáticos.
Na volta 20 a clasificación provisional do GP de Abu Zabi de Fórmula 1 era Hamilton, Verstappen, Rosberg, Räikkönen, Ricciardo, Vettel, Hulkenberg, Pérez, Massa e Alonso (10º), na seguinte volta Rosberg adiantou a Verstappen que ao entrar en boxes e caeu a oitava posición, coa esperanza de chegar ata o final sen volver a cambiar pneumáticos. Na volta 29 Hamilton entra en boxes e na volta 30 a situación era Vettel, Hamilton, Rosberg, Verstappen, Räikkönen, Massa, Alonso (8º), Hulkenberg e Pérez. Hamilton ralentizou a carreira para permitir que se acercara o dúo de Christian Horner a Nico Rosberg. A situación na volta 40 era Hamilton, Rosberg, Verstappen, Ricciardo, Räikkönen, Vettel, Hulkenberg, Pérez, Massa e Alonso (10º). Na Jvolta 44 Jolyon Palmer golpeou o difusor do F1 de Carlos Sainz ao apartarse para ser dobrlado. Dirección de carreira decidiu abrir unha investigación, pero o golpe afectou a Sainz e non podía pasar de segunda velocidade, tendo que abandonar.
Os 10 primeiros na volta 50 eran Hamilton, Rosberg, Verstappen, Vettel, Ricciardo, Räikkönen, Hulkenberg, Pérez, Massa e Alonso (10º). Na volta 53 Lewis Hamilton se escapa, pero logo de liala detrás. Sebastian Vettel se lanza sobre o Red Bull e adianta a Max Verstappen. Vettel era terceiro e foi a por Nico Rosberg. Por detrás, tócanse os Manor, Ocon e Wehrlein, Ocon voou sobre o piano. Na última volta Nico Rosberg aguantou as turradas de Sebastian Vettel. Max Verstappen estaba á caída. Todos contra Nico Rosberg pero o alemán aguantou e aínda que Vettel o intentou, non o conseguiu. Hamilton no podía ir máis lento. Nico Rosberg proclamouse campión do mundo de Fórmula 1 por primeira vez na súa traxectoria deportiva. Na carreira Hamilton foi primeiro seguido de Rosberg, Vettel, Verstappen, Daniel Ricciado, Kimi Räikkönen, Nico Hulkenberg e Sergio Pérez. Felipe Massa retirouse da Fórmula 1 na novena praza. Fernando Alonso foi décimo.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Cualificación
[editar | editar a fonte]| Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Q3 | Grella |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 44 | Mercedes | 1:39.487 | 1:39.382 | 1:38.755 | 1 | |
| 2 | 6 | Mercedes | 1:40.511 | 1:39.490 | 1:39.058 | 2 | |
| 3 | 3 | Red Bull Racing-TAG Heuer | 1:41.002 | 1:40.429 | 1:39.589 | 3 | |
| 4 | 7 | Ferrari | 1:40.338 | 1:39.629 | 1:39.604 | 4 | |
| 5 | 5 | Ferrari | 1:40.341 | 1:40.034 | 1:39.661 | 5 | |
| 6 | 33 | Red Bull Racing-TAG Heuer | 1:40.424 | 1:39.903 | 1:39.818 | 6 | |
| 7 | 27 | Force India-Mercedes | 1:41.000 | 1:40.709 | 1:40.501 | 7 | |
| 8 | 11 | Force India-Mercedes | 1:40.864 | 1:40.743 | 1:40.519 | 8 | |
| 9 | 14 | McLaren-Honda | 1:41.616 | 1:41.044 | 1:41.106 | 9 | |
| 10 | 19 | Williams-Mercedes | 1:41.157 | 1:40.858 | 1:41.213 | 10 | |
| 11 | 77 | Williams-Mercedes | 1:41.192 | 1:41.084 | 11 | ||
| 12 | 22 | McLaren-Honda | 1:41.158 | 1:41.272 | 12 | ||
| 13 | 21 | Haas-Ferrari | 1:41.639 | 1:41.480 | 13 | ||
| 14 | 8 | Haas-Ferrari | 1:41.467 | 1:41.564 | 14 | ||
| 15 | 30 | Renault | 1:41.775 | 1:41.820 | 15 | ||
| 16 | 94 | MRT-Mercedes | 1:41.886 | 1:41.995 | 16 | ||
| 17 | 26 | Toro Rosso-Ferrari | 1:42.003 | 17 | |||
| 18 | 20 | Renault | 1:42.142 | 18 | |||
| 19 | 12 | Sauber-Ferrari | 1:42.247 | 19 | |||
| 20 | 31 | MRT-Mercedes | 1:42.286 | 20 | |||
| 21 | 55 | Toro Rosso-Ferrari | 1:42.393 | 21 | |||
| 22 | 9 | Sauber-Ferrari | 1:42.637 | 22 | |||
| 107% tempo: 1:46.451 | |||||||
| Fonte:[1] | |||||||
Carreira
[editar | editar a fonte]| Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 44 | Mercedes | 55 | 1:38:04.013 | 1 | 25 | |
| 2 | 6 | Mercedes | 55 | +0.439 | 2 | 18 | |
| 3 | 5 | Ferrari | 55 | +0.843 | 5 | 15 | |
| 4 | 33 | Red Bull Racing-TAG Heuer | 55 | +1.685 | 6 | 12 | |
| 5 | 3 | Red Bull Racing-TAG Heuer | 55 | +5.315 | 3 | 10 | |
| 6 | 7 | Ferrari | 55 | +18.816 | 4 | 8 | |
| 7 | 27 | Force India-Mercedes | 55 | +50.114 | 7 | 6 | |
| 8 | 11 | Force India-Mercedes | 55 | +58.776 | 8 | 4 | |
| 9 | 19 | Williams-Mercedes | 55 | +59.436 | 10 | 2 | |
| 10 | 14 | McLaren-Honda | 55 | +59.896 | 9 | 1 | |
| 11 | 8 | Haas-Ferrari | 55 | +1:16.777 | 14 | ||
| 12 | 21 | Haas-Ferrari | 55 | +1:35.113 | 13 | ||
| 13 | 31 | MRT-Mercedes | 54 | +1 volta | 20 | ||
| 14 | 94 | MRT-Mercedes | 54 | +1 volta | 16 | ||
| 15 | 9 | Sauber-Ferrari | 54 | +1 volta | 22 | ||
| 16 | 12 | Sauber-Ferrari | 54 | +1 volta | 19 | ||
| 17 | 30 | Renault | 54 | +1 volta[2] | 15 | ||
| Ret | 55 | Toro Rosso-Ferrari | 41 | Danos por colisión | 21 | ||
| Ret | 26 | Toro Rosso-Ferrari | 14 | Caixa de cambios | 17 | ||
| Ret | 22 | McLaren-Honda | 12 | Suspensión | 12 | ||
| Ret | 77 | Williams-Mercedes | 6 | Suspension | 11 | ||
| Ret | 20 | Renault | 5 | Suspensión | 18 | ||
| Fonte:[3] | |||||||
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]- Texto en negra indica que Mercedes e Nico Rosberg foron os Campións do mundo.
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "2016 Formula 1 Etihad Airways Abu Dhabi Grand Prix – Qualifying". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. 26 November 2016. Consultado o 26 November 2016.
- ↑ Jolyon Palmer recebíu 5 segundos de penalización por causar unha colisión co Carlos Sainz
- ↑ "2016 Formula 1 Etihad Airways Abu Dhabi Grand Prix – Race Result". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. 27 November 2016. Consultado o 28 November 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Abu Zabi de 2016 |
| Carreira anterior: Gran Premio do Brasil de 2016 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2016 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Australia de 2017 |
| Carreira anterior: Gran Premio de Abu Zabi de 2015 |
Gran Premio de Abu Zabi | Carreira seguinte: Gran Premio de Abu Zabi de 2017 |