Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1976

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flag of the United States.svg Gran Premio de Estados Unidos de 1976
Detalles da carreira
Carreira 3 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1976.
Trazado do circuíto de Long Beach.
Trazado do circuíto de Long Beach.
Data 28 de marzo 1976
Nome oficial Gran Premio do oeste dos Estados Unidos
Localización Long Beach, California, Estados Unidos
Percorrido Circuíto urbano
3´251 km
Distancia 80 voltas, 260´08 km
Clima Seco, asollado, cálido
Pole position
Piloto Suíza Clay Regazzoni Ferrari
Tempo 1:23.099
Volta rápida
Piloto Suíza Clay Regazzoni Ferrari
Tempo 1:23.076 na volta 61
Podio
Primeiro Suíza Clay Regazzoni Ferrari
Segundo Austria Niki Lauda Ferrari
Terceiro Francia Patrick Depailler Tyrrell-Ford

O Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1976 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula 1, celebrada o 28 de marzo de 1976 no circuíto de Long Beach en California. Foi a terceira carreira da tempada de 1976. A carreira foi o primeiro Gran Premio do oeste dos Estados Unidos, e a segunda carreira de Fórmula Un celebrada en California, sendo o primeiro o Gran Premio dos Estados Unidos de 1960 en Riverside, a só 50 quilómetros de distancia. A carreira levouse a cabo sobre 80 voltas ao circuíto urbano de 3´251 quilómetros nunha distancia total de carreira de 260 quilómetros.

A carreira foi gañada polo piloto suízo Clay Regazzoni nun Ferrari 312T por 42 segundos sobre o seu compañeiro de equipo e líder do campionato, o piloto austríaco Niki Lauda. O piloto francés Patrick Depailler terminou terceiro pilotando un Tyrrell 007.

Informe[editar | editar a fonte]

Italia foi o primeiro país en organizar dúas carreiras do Campionato de Fórmula Un no mesmo ano en 1957. Os Estados Unidos converteríase no segundo, o primeiro GP do oeste dos Estados Unidos en Long Beach, California apareceu no calendario de 1976, xunto coa carreira de outono en Watkins Glen, Nova York. Os organizadores da nova da carreira, encabezados polo empresario británico e residente de Long Beach Chris Pook, fixeron un excelente traballo no seu intento de crear un "Mónaco americano". Unha lista interminable de ex campións estivo presente nas carreiras vintage do fin de semana, incluíndo a Denny Hulme, Jack Brabham e o mesmo Juan Manuel Fangio. Dan Gurney e o campión de americano Phil Hill tamén asistiron logo de axudar a concibir e promover o evento.

Cando os coches saíron á pista, os pilotos diferían nas súas opinións sobre o circuíto urbano revestido de formigón que contaba con dúas horquillas e unha longa recta curvada seguindo a liña de costa. O campión do mundo Niki Lauda de Ferrari dixo que o circuíto tiña moitas máis fochancas que Mónaco, máis duro para o coche, pero máis fácil para o piloto. Emerson Fittipaldi dixo que lle gustaba moito, pero os franceses Jacques Laffite e Patrick Depailler non estaban de acordo. Na cualificación, Lauda logrou o primeiro lugar, seguido de, James Hunt co McLaren, e finalmente, Clay Regazzoni no segundo Ferrari. Logo de pasar gran parte da sesión con problemas de encendido, Depailler logrou no último minuto meter o seu Tyrrell na primeira fila no segundo posto, a menos de dúas décimas do Ferrari. A Asociación de Construtores F1 decidira limitar a carreira a vinte participantes por razóns de seguridade, debido á estreita pista de concreto que impoñía a disposición da rúa, e sete coches non se clasificaron.

Na saída, Regazzoni distanciouse e instalouse na cabeza, por diante de Hunt, Depailler e o seu compañeiro Lauda. Ao saír da primeira curva, Vittorio Brambilla empuxou a Carlos Reutemann contra a parede, quedando ambos coches fóra da carreira. Logo, na parte posterior da "recta curvada" do porto, o Lotus de Gunnar Nilsson rompeu a suspensión traseira e bateu con forza contra o muro a 257 quilómetros por hora. Saíu con só unha rixidez no pescozo.

Na cuarta volta, Hunt loitaba con Depailler polo segundo posto. Intentou adiantar por dentro ó Tyrrell entrando na pinza pola dereita xusto antes da recta de atrás, pero Depailler pechou a porta, obrigando á Hunt a ir pola esquerda. Cando saíron da curva ían de lado a lado, Depailler cruzouse e mandou o McLaren conta a barreira. Hunt ameazou co puño a Depailler cada vez que o francés daba a volta.

Na mesma volta, John Watson bateu contra o Ligier de Laffite por detrás, rompendo o morro do seu Penske. Laffite trompeou polo contacto e caeu do oitavo ao décimo cuarto posto. Mentres tanto, Lauda abriuse paso e situouse en segundo lugar, a sete segundos de Regazzoni, que empezaba a parecer intocable. Mario Andretti pasara de décimo quinto na grella á noveno no Parnelli VPJ 4B-Ford, facendo a volta máis rápida nese momento, pero abandonou cando o seu motor comezou a perder auga.

Esta sería a última carreira do coche americano Vel's-Parnelli. Durante tres tempadas, competiu en 16 carreiras, con Mario como único piloto do coche. Ao retirarse da carreira en Long Beach, Andretti foi abordado por un xornalista da televisión nos pits, preguntando: "¿Que tal isto de ser a súa última carreira na Fórmula Un?" Andretti respondeu: "¿De que estás falando?" O reporteiro dixo: "Iso é o que me dixo Vel (Miletich)". Andretti dixo, "pode ser o seu último Gran Premio, pero non vai ser o meu."

Andretti terminou a súa relación con Miletich e Parnelli Jones ese día, pero á mañá seguinte, por casualidade, atopouse co director do equipo Lotus Colin Chapman durante o almorzo nunha cafetería de Long Beach, onde os dous forxaron un acordo. Na tempada seguinte, con Andretti pilotando o revolucionario Lotus 78 de Chapman, os dous gañaron carreiras xuntos e, por suposto, en 1978, logrou o campionato do mundo.

Máis ou menos ao mesmo tempo que Andretti retirábase da carreira, Depailler trompeou e caeu do terceiro ao sétimo posto. Ao cabo de 20 voltas, Regazzoni lideraba por 13 segundos sobre Lauda, Jody Scheckter e Tom Pryce no Shadow. Depailler, furioso polo seu erro, estaba remontando rapidamente. Cando Pryce rompeu o palier na volta 33 e Scheckter retirouse por problemas ca suspensión na volta 34, Depailler estaba de volta no terceiro lugar, detrás dos dous Ferrari.

Logo do seu incidente con Watson, Laffite pilotou brillantemente na terceira carreira do novo Ligier con motor Matra. Pasou a Jochen Mass na volta 45, e a Jarier na volta 46 para acadar a cuarta posición. A 20 voltas para o final, Lauda estaba tendo problemas para seleccionar as marchas, e decidiu coidar o coche en lugar de tratar de coller a Regazzoni. Jarier caera ao sexto lugar detrás de Mass, tamén con problemas na caixa de cambios. A continuación, na penúltima volta, con só funcionándolle a primeira e a quinta velocidade, tamén foi superado por Fittipaldi, quen anotou o primeiro punto do campionato para o seu propio equipo Copersucar.

Regazzoni logrou unha vitoria fácil, a cuarta da súa carreira, completando o triplete da pole position, volta rápida e vitoria. Lauda levou con éxito o seu maltreito coche a meta no segundo posto, 42 segundos atrás, e Depailler completou unha boa recuperación sendo terceiro. O primeiro Gran Premio do oeste dos Estados Unidos foi un éxito. De feito, o ex director do equipo Rob Walker dixo: "Creo que a creación do GP de Long Beach foi o maior logro do automobilismo esta década".

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 2 Suíza Clay Regazzoni Ferrari 80 1:53:18.471 1 9
2 1 Austria Niki Lauda Ferrari 80 + 42.414 s 4 6
3 4 Francia Patrick Depailler Tyrrell-Ford 80 + 49.972 s 2 4
4 26 Francia Jacques Laffite Ligier-Matra 80 + 1:12.828 12 3
5 12 Alemaña Jochen Mass McLaren-Ford 80 + 1:22.292 14 2
6 30 Flag of Brazil.svg Emerson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 79 + 1 volta 16 1
7 17 Francia Jean-Pierre Jarier Shadow-Ford 79 + 1 volta 7
8 22 Flag of New Zealand.svg Chris Amon Ensign-Ford 78 +2 voltas 17
9 8 Flag of Brazil.svg Carlos Pace Brabham-Alfa Romeo 77 + 3 voltas 13
10 10 Flag of Sweden.svg Ronnie Peterson March-Ford 77 + 3 voltas 6
NC 19 Australia Alan Jones Surtees-Ford 70 + 10 voltas 19
NC 28 Flag of the United Kingdom.svg John Watson Penske-Ford 69 + 11 voltas 9
Ret 3 Unión Sudafricana Jody Scheckter Tyrrell-Ford 34 Suspensión 11
Ret 16 Flag of the United Kingdom.svg Tom Pryce Shadow-Ford 32 Palier 5
Ret 27 Flag of the United States.svg Mario Andretti Parnelli-Ford 15 Fuga de auga 15
Ret 11 Flag of the United Kingdom.svg James Hunt McLaren-Ford 3 Accidente 3
Ret 34 Alemaña Hans Joachim Stuck March-Ford 2 Accidente 18
Ret 9 Italia Vittorio Brambilla March-Ford 0 Colisión 20
Ret 7 Flag of Argentina.svg Carlos Reutemann Brabham-Alfa Romeo 0 Colisión 10
Ret 6 Flag of Sweden.svg Gunnar Nilsson Lotus-Ford 0 Suspensión 8
NSC 21 Francia Michel Leclère Wolf-Williams-Ford 0
NSC 31 Flag of Brazil.svg Ingo Hoffmann Fittipaldi-Ford 0
NSC 35 Italia Arturo Merzario March-Ford 0
NSC 5 Reino Unido Reino Unido Bob Evans Lotus-Ford 0
NSC 20 Bélxica Jacky Ickx Wolf-Williams-Ford 0
NSC 24 Austria Harald Ertl Hesketh-Ford 0
NSC 18 Flag of the United States.svg Brett Lunger Surtees-Ford 0

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

References[editar | editar a fonte]

  • Doug Nye (1978). The United States Grand Prix and Grand Prize Races, 1908-1977. B. T. Batsford. ISBN 0-7134-1263-1
  • Rob Walker (July, 1976). "1st United States Grand Prix West: Regga Runs Away". Road & Track, 78-82.


Carreira anterior:
Gran Premio de Suráfrica de 1976
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1976
Carreira seguinte:
Gran Premio de España de 1976
Carreira anterior:
Gran Premio de Long Beach de 1975
Gran Premio do oeste dos Estados Unidos Carreira seguinte:
Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1977

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]