Gran Premio de Fórmula 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un Gran Premio de Fórmula 1, (tamén chamados Grand Prix ou, na escrita, GP) é, na actualidade, cada un dos eventos que compoñen o Campionato Mundial de Fórmula 1.

Os Grandes Premios desenvólvese nunha fin de semana, aínda que nalgúns esténdese até o xoves por motivos especialmente comerciais. Ademais da Fórmula 1 propiamente dita, nunha fin de semana de Gran Premio outras competicións menores teñen lugar co obxectivo de ameniza-la espera do público asistente.

Historia dos GP[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia dos Grandes Premios automobilísticos

A estrutura dun GP na actualidade[editar | editar a fonte]

Xoves: Portas abertas[editar | editar a fonte]

O xoves nalgúns circuítos organízanse xornadas de portas abertas no pit lane, nas que os posuidores dun abono para a fin de semana completa poden pasear por el vendo ós equipos traballar en diferentes tarefas (posta a punto dos monoprazas, ensaios de parada en boxes...).

Normalmente habilítanse dúas franxas horarias, unha pola mañá e outra pola tarde, aínda que o resto do día o circuíto segue aberto para permitir ós afeccionados visitar a zona comercial, onde algunhas escudarías colocan stands de promoción, de exhibición dos monoprazas e de coches doutras categorías, de material de competición variado e de venda de merchandising (dende chaveiros ou bolígrafos até camisetas, camisas ou fundas de competición do equipo), ou incluso de actividades de recreo como competicións simuladas a bordo dun Fórmula 1.

Venres: Adestramentos libres[editar | editar a fonte]

O venres é o día no que a competición fai o seu primeiro acto de presenza, coas dúas quendas iniciais de adestramentos libres ó longo da mañá. É usual disputa-la primeira quenda de 11 a 12 da mañá, sempre no horario local, tendo lugar a segunda dúas horas despois, de 14 a 15. Estas dúas quendas teñen a finalidade de servir unicamente para axusta-las regraxes do monopraza.

No resto do día, celébranse prácticas, cualificacións e carreiras de competicións menores que varían entre Grandes Premios, sendo as máis habituaís as de GP2, unha das categorías ponte para a Fórmula 1. Ademais, a zona comercial segue aberta, como será habitual en toda a fin de semana.

Sábado: Adestramentos libres e cualificación[editar | editar a fonte]

Domingo: Carreira[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]