Saltar ao contido

Harmonio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Harmonio
Imaxe
Implicados
 Usado por
 Inventor/a ou descubridor/a
Historia
 Precedido por
Aelodicon (en) Traducir (1810 - ) Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX537092
Wikidata G:Commons C:Commons

O harmonio é un instrumento musical de vento con teclado, en aparencia similar ao órgano alemán, pero sen tubos e de moito menor tamaño.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Está provisto dun fol que se acciona cos pés e que, en lugar de tubos, ten unhas lingüetas semellantes ás dun acordeón.[1]

Orixinalmente, o harmonio desenvolveuse en Alemaña no século XVIII.[2] Aínda que é considerado un "instrumento foráneo", tamén é un instrumento musical típico da música devocional empregada en Asia, en particular na India, onde se emprega facendo arranxos específicos para harmonizar con instrumentos tradicionais indios.[3]

Aínda que orixinalmente foi concibido como un instrumento doméstico, do mesmo xeito que o piano, o harmonio impúxose rapidamente en moitos templos relixiosos polo seu tamaño e prezo menores que os dun órgano.

Houbo instrumentos precursores no Antigo Exipto e outras culturas antigas, cun principio de xeración de son similar, como o órgano bucal chinés sheng;[4] porén, a evolución para un instrumento similar ao harmonio tivo lugar en Europa. Os primeiros intentos con linguas perforantes comezaron logo de que o xesuíta francés Père Amiot enviase varios sheng até París en 1776.

O profesor Christian Gottlieb Kratzensteine, en Copenhague, foi o primeiro europeo en desenvolver ese principio. Utilizou as lingüetas na súa máquina de falar, onde as vogais se podían xerar mediante tubos de resonancia conectados. A Real Academia de San Petersburgo premiouno polo seu invento en 1780.[2]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "harmonio". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-10-17.
  2. 1 2 "Über Vocaltone und Zungenpfeifen. OCR" (PDF). robertwillis2016.org. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de xuño de 2024. Consultado o 17 de outubro de 2024.
  3. Adolfo (2021-03-21). "El armonio. Un instrumento extraordinario". Instrumentos musicales Etnicos.org (en castelán). Consultado o 2024-10-17.
  4. Segundo fontes chinesas, as linguas de metal como instrumento, aplicadas nos órganos bucais, foron inventadas polo emperador Huang Tei arredor do ano 2800 a. C.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]