Saltar ao contido

Gaceta de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gaceta de Galicia
Imaxe
 Instancia de
Características
 Lingua
Datas
 Fundación / creación
1 de xaneiro de 1879 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
30 de novembro de 1918 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
El Diario de Santiago (6 de xullo de 1873 - ) Editar o valor en Wikidata
 Sucedido por
El Noticiero Gallego (1918 - ) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 Lugar de publicación
Fontes e ligazóns
Galiciana: 2707
Wikidata C:Commons

Gaceta de Galicia foi un xornal que se editou en Santiago de Compostela entre 1879 e 1918.[1]

Historia e características

[editar | editar a fonte]
Redacción en 1904: Dámaso Carrero, José Caramelo, Antonio Fernández Tafall e Constantino Martínez Soto.

Apareceu o 1 de xaneiro de 1879, como continuación de El Diario de Santiago,[1][2] con Manuel Bibiano Fernández como propietario e primeiro director. Foi un periódico de orientación política liberal vinculado a Eugenio Montero Ríos,[1] polo que foi cualificado de "monterista". En 1887 dirixiuno Joaquín Arias Sanjurjo e ao ano seguinte Manuel Álvarez Uzal. Foi o seu redactor xefe Eusebio Alonso Vieites. Dende o 30 de decembro de 1892 exerceu como director Antonio Fernández Tafall. Cesou a súa publicación en outubro de 1915 pero reapareceu de inmediato, o 1 de febreiro de 1916, refundido con Voz del Pueblo e con Ramón Rivera Torres como propietario e director. En novembro de 1917 pasa a dirixilo o avogado Francisco Vázquez Enríquez, e comezan as colaboracións de Valentín Paz-Andrade. O 30 de novembro de 1918 desaparece definitivamente. Foi substituído por El Noticiero Gallego.

  1. 1 2 3 Villares, R. (2003). "A cidade dos dous apóstolos (1875-1936)". Historia da cidade de Santiago de Compostela. USC. pp. 465–542. ISBN 84-9750-140-3.
  2. Durán, J. A. (2005). "Gaceta de Galicia". GEG (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]