Frankfurt
- Para a outra cidade chamada Frankfurt vexa Frankfurt do Oder.
| Frankfurt am Main (de) | |||||
| Alcume | Bankfurt e Mainhattan | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Alemaña | ||||
| Estado federado | Hessen | ||||
| Regierungsbezirk | Rexión de Darmstadt | ||||
| Capital de | |||||
| Contén a división administrativa | Frankfurt-Bergen-Enkheim (en) Frankfurt-Bornheim/Ostend Frankfurt-Harheim (en) Frankfurt-Innenstadt II (en) Frankfurt-Innenstadt III (en) Frankfurt-Kalbach-Riedberg (en) Frankfurt-Mitte-Nord (en) Frankfurt-Mitte-West (en) Frankfurt-Nieder-Eschbach (en) Frankfurt-Nord-Ost (en) Frankfurt-Nord-West (en) Frankfurt-Ost (en) Frankfurt-Süd (en) Frankfurt-West (en) Innenstadt I Nieder-Erlenbach | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 775.790 (2023) | ||||
| Lingua usada | lingua alemá Q56219351 | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 248,31 km² | ||||
| Bañado por | Río Main | ||||
| Altitude | 112 m-101 m | ||||
| Punto máis alto | Berger Warte (en) | ||||
| Punto máis baixo | valor descoñecido (88 m) | ||||
| Comparte fronteira con | Offenbach am Main Main-Taunus (pt) Distrito do Alto Taunus Groß-Gerau (pt) Offenbach (pt) Wetteraukreis Main-Kinzig (pt) Bad Vilbel | ||||
| Creación | século I | ||||
| Organización política | |||||
| Órgano executivo | Magistrat of Frankfurt (en) | ||||
| • Xefe do goberno | Mike Josef (pt) | ||||
| Órgano lexislativo | city council assembly of Frankfurt (en) | ||||
| Membro de | |||||
| Orzamento | 4.730.590.000 € (2023) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 60308–60599 e 65929–65936 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 6109, 6101 e 69 | ||||
| Código NUTS | DE712 | ||||
| Clave de rexión en Alemaña | 064120000000 | ||||
| Número de municipio alemán | 06412000 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | Cracovia (1991–) | ||||
| Sitio web | frankfurt.de | ||||
Frankfurt[1] (en alemán:
Frankfurt am Main; para a distinguir de Frankfurt do Oder) é a cidade máis importante do Estado federado de Hessen (Alemaña), aínda que a capital administrativa é Wiesbaden.
Frankfurt forma o núcleo urbano da rexión Rin-Meno.
Historia
[editar | editar a fonte]
- Artigos principais: Historia de Frankfurt am Main e Historia urbana de Frankfurt.
O nome vénlle dos tempos das tribos xermánicas. Significa o vado (Furt) dos francos (Frank-en), unha tribo xermánica occidental.
O Imperio Romano, na súa extensión máxima, chegou a incluí-la cidade, aínda que por pouco tempo. O emperador Carlomagno habitou varias veces nesta cidade. Durante o Sacro Imperio Romano Xermánico foi sede de moitas eleccións imperiais e entre 1562 e 1792 foi a cidade do coroamento do Emperador. Logo foi a capital da Confederación do Rin, e máis adiante a da Confederación Xermánica.
Prusia anexionou a cidade en 1866, cinco anos antes de gaña-la guerra franco-prusiana, cuxo tratado de paz, que desembocou na creación de Alemaña como país unido, foi asinado en Frankfurt o 10 de maio de 1871.
Ó igual que a maioría das cidades alemás, Frankfurt foi escachizada polos bombardeos dos aliados durante a segunda guerra mundial.
A metrópole converteuse no centro da rexión Rin-Meno, unha das máis produtivas e dinámicas de Alemaña, que conta aproximadamente 5 millóns de habitantes, entre os que se destaca a maior proporción de estranxeiros do país.
Capital financeira da Unión Europea
[editar | editar a fonte]
O Banco Central Europeo (BCE), unha das institucións máis representativas da Unión Europea (UE), ten a súa sede principal en Frankfurt. Os órganos reitores do BCE (Consello de Goberno e Comité Executivo) dirixen o Sistema Europeo de Bancos Centrais (SEBC), cuxas funcións consisten en administra-la masa monetaria, conduci-las operacións en divisas, conservar e administra-las reservas oficiais de divisas dos Estados membros e garanti-lo bo funcionamento dos sistemas de pago. O euro manéxase dende esta cidade.
Un moderno edificio, que deberá alberga-la sede do BCE a partir de 2007, se constrúe actualmente a beiras do Main sobre terreos anteriormente ocupados pola central de mercado.
Ademais, Frankfurt é o centro financeiro do país e alberga a Bolsa alemá (Deutsche Börse AG) e o banco federal de Alemaña (Deutsche Bundesbank). Nela encóntrase a sede de máis de 370 bancos, e os mercados financeiros máis importantes do mundo mercan e venden aquí a diario as súas accións. Este feito e o estar a beiras do río Main fai que se coñeza tamén como "Mainhattan", en referencia ó distrito neoiorquino de Manhattan.
Ver: Asuntos institucionais e política na Unión Europea - Economía da Unión Europea - Edificio do Banco Central Europeo
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]
- Casa natal de Goethe.
- Paulskirche: aquí en 1848 inaugurouse o primeiro parlamento alemán libremente elixido.
- Zeil-Galerie: suba á última planta e goce dunha das mellores vistas.
- Museumsufer: zona que ofrece museos en ambas marxes do río. Entre eles destacan o Museo do Cine, o Museo de Arquitectura, o Museo de Artes Aplicadas e o Caricatura Museum für Komische Kunst.
- Römerberg: centro antigo de Frankfurt, detalladamente restaurado.
- Sachsenhausen: o barrio máis típico e máis visitado. Ten unha gran variedade gastronómica, acolle a maioría dos restaurantes e das sidrerías da cociña francortiana.
- Main Tower (Torre do Main): dende a terraza situada a 200 m de altura pódese gozar dunha vista estupenda. Sobre todo nos meses de outubro a marzo a partir vese a cidade totalmente iluminada. É unha vista única en Alemaña.
- A Bolsa (Frankfurter Wertpapierbörse): diante do edificio preséntanse os símbolos da bolsa: un touro (polo alza) e un oso (pola baixa).
- Commerzbank-Tower: deseñado polo arquitecto Sir Norman Foster en 1997. Destacan os nove xardíns integrados nas plantas superiores. É o rañaceos máis alto de Europa.
- Hauptwache: xurdiu en 1728 do plano do urbanista Johann Samheimer. Este edificio perdeu a súa función de prisión e hoxe alberga o café "Hauptwache" e un restaurante xaponés.
- Feira Internacional do Libro: considerada a máis importante do mundo. Lévase a cabo unha vez ó ano.
- Commerzbank-Area (chamado ata o 1 de xullo de 2005 Frankfurter Waldstadion): estadio de fútbol que xa albergou numerosas competicións, como o Mundial de fútbol de 1974, a Copa Confederaciones 2005 e a Copa Mundial de Fútbol de 2006.
- Torre da Feira, "Messeturm": deseñada polo arquitecto Helmut Jahn. Frankfurt é o centro das feiras, e grazas a elas, case tres millóns de persoas visitan a cidade tódolos anos para ve-la Feira da Música ou a Feira do Automóbil (IAA - Internationale Automobil Ausstellung).
Transportes
[editar | editar a fonte]
O Aeroporto de Frankfurt (Flughafen Frankfurt am Main, localizado a 12Km do centro da cidade) é unha referencia internacional e os seus máis de 50 millóns de pasaxeiros ó ano convérteno no segundo aeroporto máis transitado de Europa, soamente superado polo Aeroporto de Heathrow, de Londres. Ten catro pistas e está considerado o mellor aeroporto de carga do mundo. Así mesmo, é o aeroporto no que opera o maior número de liñas aéreas internacionais.
Malia o que poida parecer polo seu nome, o Aeroporto de Frankfurt-Hahn (Flughafen Frankfurt-Hahn) áchase a aproximadamente 120 km da cidade de Frankfurt, en Lautzenhausen. O aeroporto é unha base principal da compañía Low-cost Ryanair. Tan só se chega a el por estrada. Conta cun bus a cada hora dende a Estación Central de Frankfurt, que fai o traxecto nunha hora 45 minutos.
Ó igual que Berlín, Frankfurt puxo en funcionamento un completo sistema de bicitaxi, transporte alternativo e ecolóxico.
Pola súa banda, o Metro de Frankfurt posúe sete liñas e 58,7 quilómetros de lonxitude.
-
Frankfurt de noite
-
Torres do Deutsche Bank
-
Commerzbank-Tower e a Main Tower
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para frankfurtés.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Frankfurt |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial de Frankfurt Arquivado 16 de xullo de 2012 en Wayback Machine. (en alemán)
| Listaxe | Cidade | Estado | Pob. | Listaxe | Cidade | Estado | Pob. | Berlín Hamburgo Múnic |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | Berlín | Berlín | 3 662 381 | 11 | Bremen | Bremen | 584 332 | |
| 2 | Hamburgo | Hamburgo | 1 892 122 | 12 | Dresden | Saxonia | 563 019 | |
| 3 | Múnic | Baviera | 1 512 491 | 13 | Hannover | Baixa Saxonia | 545 045 | |
| 4 | Colonia | Renania do Norte-Westfalia | 1 084 831 | 14 | Nürnberg | Baviera | 523 026 | |
| 5 | Frankfurt | Hessen | 773 068 | 15 | Duisburgo | Renania do Norte-Westfalia | 503 185 | |
| 6 | Stuttgart | Baden-Württemberg | 632 865 | 16 | Wuppertal | Renania do Norte-Westfalia | 358 876 | |
| 7 | Düsseldorf | Renania do Norte-Westfalia | 616 319 | 17 | Bochum | Renania do Norte-Westfalia | 357 024 | |
| 8 | Leipzig | Saxonia | 616 093 | 18 | Bielefeld | Renania do Norte-Westfalia | 331 519 | |
| 9 | Dortmund | Renania do Norte-Westfalia | 601 343 | 18 | Bonn | Renania do Norte-Westfalia | 327 913 | |
| 10 | Essen | Renania do Norte-Westfalia | 584 580 | 20 | Münster | Renania do Norte-Westfalia | 320 946 | |
| Datos do censo a 31 de decembro de 2022[1] | ||||||||
- ↑ "Mitgliedsstädte". Deutscher Städtetag (en alemán). 31 de decembro de 2022. Consultado o 27 sw maio de 2025.
