Saltar ao contido

Vítor Manuel III

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVítor Manuel III

(1919) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(it) Vittorio Emanuele Ferdinando Maria Gennaro di Savoia Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de novembro de 1869 Editar o valor en Wikidata
Nápoles, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte28 de decembro de 1947 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Alexandría, Exipto Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasilica Shrine of Our Lady of Mondovi (en) Traducir (2017–)
St. Catherine's Cathedral, Alexandria (en) Traducir (1947–2017) Editar o valor en Wikidata
King of Albania (en) Traducir
16 de abril de 1939 – 8 de setembro de 1943
← Zog I de AlbaniaSupresión do cargo →
Emperador de Etiopía
9 de maio de 1936 – 5 de maio de 1941
← Haile SelassieHaile Selassie →
Rei de Italia
29 de xullo de 1900 – 9 de maio de 1946
← Humberto IHumberto II →
Head of the House of Savoy (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIrrelixión Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola Militar Nunziatella Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Rama militarForza Aérea de Italia Editar o valor en Wikidata
Rango militarprimeiro-marechal do Império (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConflitoPrimeira guerra mundial
segunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Savoia Editar o valor en Wikidata
CónxuxeHelene Helene von Savoyen (1896–1947), morte da persoa Editar o valor en Wikidata
FillosIolanda de Saboia, Mafalda de Saboia, Humberto II, Ioanna, Maria Francisca de Saboia Editar o valor en Wikidata
PaisHumberto I Editar o valor en Wikidata  e Margarida de Saboia, rainha de Itália Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia
Obálky knih,
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0454404 BNE: XX1196381 Discogs: 3303384 WikiTree: Savoia-26 Find a Grave: 8699053 Editar o valor en Wikidata
Vítor Manuel III en 1893.

Vittorio Emanuele Ferdinando Gennaro Maria di Savoia-Carignano, que reinou baixo o nome de Vítor Manuel III, nado en Nápoles o 11 de novembro de 1869 e finado en Alexandría, Exipto, o 28 de decembro de 1947, foi o rei de Italia entre o 29 de xullo de 1900 e o 9 de maio de 1946.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos de reinado

[editar | editar a fonte]

Sucedeu ao seu pai, Humberto I, en 1900 cando este morreu asasinado en Monza. Recibiu, coma era frecuente nos príncipes da súa época, formación militar (debido á súa baixa estatura, 1'53m., houbo que cambiar a lexislación castrense a este respecto) e mostrou especial interese polos asuntos da milicia. Durante o seu reinado, Italia, coma o resto das potencias europeas, tratou de conformar un imperio colonial e aumentar o seu territorio nacional o que levou ao país a verse envolto en varios conflitos: nun primeiro momento mantivo a Guerra Ítalo-Turca en 1911-12, logo participou na primeira guerra mundial (1915-18) no bando aliado, máis tarde na Guerra de Etiopía (1935-36) e tamén na guerra civil española en apoio do bando franquista liderado por Francisco Franco (1936-1939).

En 1929 concluíu co papa Pío XI os chamados Pactos de Letrán, polos que se creaba o estado soberano da Cidade do Vaticano e pechábase o conflito aberto en 1870 coa toma de Roma por parte das tropas do novo reino de Italia.

Vítor Manuel III foi proclamado emperador de Etiopía (1936 - 1943) e rei de Albania (1939 - 1943), ambas ocupadas por Italia, pero só foi recoñecido como tal polos aliados do fascismo italiano. Precisamente debido á conquista de Etiopía, Italia foi obxecto de sancións por parte da Sociedade de Nacións e nun xesto de desdén autoexcluíuse da mesma.

Durante as dúas primeiras décadas do seu reinado, Vítor Manuel III actuou dentro dos límites marcados pola Constitución e non interferiu na acción dos sucesivos gobernos. Pero en 1922 ante a presión exercida sobre o goberno pola Marcha sobre Roma que organizaran os fascistas liderados por Benito Mussolini, o monarca non aceptou declarar o estado de sitio que solicitara o primeiro ministro Luigi Facta e, o 30 de outubro, aceptou o nomeamento de Mussolini como primeiro ministro, vulnerando as súas atribucións constitucionais. Con Mussolini no poder, o monarca nin se opuxo nin tan só opinou sobre o desmantelamento do sistema constitucional e a imposición do réxime totalitario fascista en 1925. Vítor Manuel III tampouco se interpuxo cando Mussolini acabou coa oposición democrática e liberal e non amosou reparos á entrada de Italia xunto á Alemaña nazi na segunda guerra mundial (1939-45).

Últimos anos de reinado

[editar | editar a fonte]
Vítor Manuel III, de uniforme (1936).

Mussolini impediu calquera marxe de manobra ao monarca que se mantivo como Xefe do Estado con funcións representativas. Vítor Manuel III non tratou de impedir nin amosou reserva algunha cos crimes do fascismo. Cando se comprobou que a vitoria dos aliados sería segura e os líderes fascistas depuxeron ao Duce, Vítor Manuel encargou ao mariscal Pietro Badoglio a formación dun goberno que puxo a Italia no bando dos aliados en (1943) e acabou co réxime de Benito Mussolini. A corte abandonou Roma, ocupada polas tropas alemás, e trasladou a capital a Bari.

A perda de prestixio da Monarquía polo papel de Vítor Manuel durante a ditadura de Benito Mussolini provocou que, no referendo celebrado o 2 de xuño de 1946, os italianos optaran maioritariamente pola República, aínda que o resultado da consulta fora sospeitoso de fraude e que nunca fora aclarado de todo.

Sendo consciente do rexeitamento que provocaba entre a poboación italiana, Vítor Manuel III tratou de salvagardar a continuidade da Casa de Savoia abdicando, o 9 de maio de 1946, a favor do seu fillo e herdeiro Humberto II, que asumira as funcións de Xefe de Estado desde 1944 como "lugartenente do Reino de Italia". Tras a súa abdicación, Vítor Manuel de Savoia partiu ao exilio baixo o nome de Conte di Pollenzo e morreu un ano despois en Alexandría, Exipto, en cuxa igrexa de Santa Catarina foi e continua soterrado.

Numismático e coleccionista

[editar | editar a fonte]

Ademais da súa faceta pública como estadista e político, Vítor Manuel III foi un dos maiores coleccionistas de moedas de todos os tempos, e a súa colección acadou arredor dos 100.000 exemplares, datados desde a caída do Imperio Romano ata a Unificación de Italia. Entre 1910 e 1943, Vítor Manuel III colaborou na redacción do vixésimo volume do Corpus Nummorum Italicorum, que catalogou cada espécime da súa colección. [1]

Logo da súa abdicación, a súa colección foille doada ao pobo italiano, excepto as moedas da Casa de Savoia, que levou con el a Exipto. Despois do pasamento de Humberto II en 1983, as moedas de Savoia uníronse ao resto da colección no Mueso Nacional Romano.[1]

En recoñecemento ao seu labor no ámbito numismático, en 1897 foi nomeado presidente de honra da Sociedade Numismática Italiana, da que era membro fundador. Tamén foi membro honorario da Royal Numismatic Society, de Londres, que en 1904 o honrou coa concesión da súa medalla de ouro.[2][3]

En 1896 contraeu matrimonio coa princesa Elena Petrovich Niegos (1873-1953), filla do rei Nicolao I de Montenegro. O matrimonio tivo cinco fillos:

Predecesor:
Humberto I
Rei de Italia
1900 - 1946
Sucesor:
Humberto II
  1. 1,0 1,1 Travaini, L.; Grierson, P. (2006). "Great collectors: King Victor Emmanuel III of Italy Arquivado 24 de outubro de 2021 en Wayback Machine.". En Compte rendu 53. International Numismatic Commission. Páxinmas 30-36.
  2. "Proceedings of the RNS". En The Numismatic Chronicle. Vol. 8. Nº 3/4. Páxina 16.
  3. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.