Anuario Brigantino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anuario Brigantino
Anuario Brigantino portadas.jpg
Portadas do Anuario Brigantino no Museo das Mariñas de Betanzos.
Formato de páxina 24 x 28 cms.
Nº de páxinas variable
Fundación 1948
Director Alfredo Erias
Fundador Francisco Vales Villamarín
Editor Concello de Betanzos
Ilustradores Carlos Pereira
Lingua Galega, castelá
Localidade Betanzos
Ámbito Galiza
Periodicidade Anual
Prezo 10 euros
Tiraxe 1.250
Predecesor Xogos Froraes (1918)[1]
ISSN 1130-7625
Na rede
Web
Arquivo Colección completa

O Anuario Brigantino é unha publicación anual editada polo concello de Betanzos dende 1948.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Fundado por Francisco Vales Villamarín en 1948. Revista de investigación histórica, artística, literaria e antropolóxica de ámbito galego. Ten unha sección adicada a acontecementos do ano e memorias das entidades culturais da cidade.

O Anuario Brigantino é unha das publicacións incluída na categoría C-Normal segundo valoración do Ministerio de Cultura de España integrada na base de datos ISOC de Ciencias Sociais e Humanidades, clasificada pola UNESCO. Os seus artigos son seguidos nas bases de dados do CSIC.

A publicación véndese a un prezo simbólico e a súa tiraxe na meirande parte emprégase para trocos con outras entidades culturais de Galiza, España e outros países.

Números[editar | editar a fonte]

O Anuario Brigantino publicouse por primeira vez en 1948, dende entón teñen saído máis de 30 números. Todo o contido da revista está acceso na rede.

1948 1949 1950
non se publicou
1951 non se publicou
en 30 anos
1981 1982 1983 1984 1985
1986 1987 1988 1989 1990
1991 1992 1993 1994 1995
1996 1997 1998 1999 2000
2001 2002 2003 2004 2005
2006 2007 2008 2009 2010
2011 2012 2013 2014 2015

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]