Jesús Bal y Gay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jesús Bal y Gay
Nome completoJesús Bal y Gay
Nacemento23 de xuño de 1905
 Lugo
Falecemento11 de marzo de 1993
 Torrelaguna, Madrid
NacionalidadeEspaña
Instrumento(s)Piano
Parella/sRosa García Ascot
Na rede
Musicbrainz: 07078d26-d02d-42ac-ab70-106ee67645a6 Discogs: 3680334 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Jesús Bal y Gay, nado en Lugo o 23 de xuño de 1905 e finado en Torrelaguna (Madrid) o 11 de marzo de 1993, foi un músico, musicólogo e intelectual galego, unha das figuras significativas da chamada Xeración do 27.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cadro de persoal de Ronsel, onde aparece como redactor

Jesús Bal y Gay naceu o 23 de xuño de 1905 en Lugo, onde viviu a súa infancia e mocidade. En 1914 comezou os seus estudos de piano con Mercedes Cornide e María Mota. En 1922 mudouse a Madrid para realizar seus estudos de enxeñaría. Entre 1925 e 1933 viviu na Residencia de Estudiantes,[2] onde tomou contacto coa Institución Libre de Enseñanza. O ambiente de traballo gustoulle, pois permitiulle o seu desenvolvemento persoal. En 1926 comezou a relacionarse co mestre Manuel de Falla. En 1935 viaxou a Cambridge como bolseiro, onde residiu 3 anos. Ligou esta saída de España co exilio en México, malia que o comezo da Guerra Civil Española colleuno, coa súa esposa, en Lugo. Convidado polo presidente Lázaro Cárdenas, viviu en México 27 anos. En 1965 volveu a España, onde morreu en 1993 na localidade de Torrelaguna (Madrid).

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Unha residencia universitaria do campus de Lugo (adscrito á Universidade de Santiago de Compostela) leva o seu nome.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Hacia el ballet gallego (Lugo, 1924)
  • Folklore musical (de Melide) (Santiago, 1933)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Franco, Enrique (15 de marzo de 1993). "Muere en Madrid el musicólogo Jesús Bal y Gay". El País (en castelán). Consultado o 5 de xuño de 2019. 
  2. Martín Ruiz, Leticia. "Jesús Bal y Gay" (en castelán). Real Academia de la Historia. Consultado o 4 de maio de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Rosa María Fernández García (2005). Bay y Gay. O seu pensamento antes de 1933. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-8485-204-0. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]