Saltar ao contido

José Serrano Simeón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Serrano Simeón

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) José Calixto Serrano Simeón Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de outubro de 1873 Editar o valor en Wikidata
Sueca, España Editar o valor en Wikidata
Morte8 de marzo de 1941 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro do esófago Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor, musicólogo, pianista Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoÓpera e zarzuela Editar o valor en Wikidata
ProfesoresSalvador Giner i Vidal (en) Traducir, Manuel Penella Raga (en) Traducir e Andrés Goñi (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

BNE: XX1100634 Musicbrainz: 1d332f87-6d6a-4996-af3e-e063a00e63b3 Songkick: 2073475 Discogs: 2134823 Editar o valor en Wikidata

José Calixto Serrano Simeón, coñecido simplemente como José Serrano, nado o 14 de outubro de 1873 en Sueca e finado o 8 de marzo de 1941 en Madrid, foi un compositor español, coñecido polas súas máis de cincuenta zarzuelas. Autor, entre outras, das famosas zarzuelas La reina mora, La canción del olvido, La dolorosa e Los claveles, é considerado o herediero musical de Federico Chueca. As obras de Serrano tenden cara a un teatro popular, simple mais cargado de emoción dramática. A influencia de Giacomo Puccini e o verismo italiano é evidente en moitas das súas obras. Compuxo o himno da Exposición Rexional Valenciana de 1909, que foi adoptado oficialmente como Himno da Comunidade Valenciana.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Placa na súa casa natal en Sueca.

José Serrano naceu en Sueca (Valencia) o 14 de outubro de 1873.[1] Seu pai, José Serrano Marí, era director da banda municipal de música da súa vila natal e introduciuno no mundo da música, dándolle as súas primeiras leccións, se ben tentou afastar ao neno do mundo da música.[1][2]

Casa Natal.

En 1889, tasladouse a Valencia para proseguir cos seus estudos musicais no Conservatorio con Salvador Giner, realizando estudos de solfexo, harmonía e composición.[3] Comezou a estudar piano, aínda que o abandonou axiña, e proseguiu os seus estudos de violín e composición. En 1892, trasladuose a Madrid coa intención de obter unha bolsa de estudos coa que continuar a súa formación, conseguindo unha do Ministerio de Fomento grazas á recomendación de Emilio Serrano, e que duraría un ano. En Madrid, durante esta época e para poder sobrevivir, compón cancións, a 25 pesetas cada unha, que servían para promocionar a artistas menores. Durante esta época topouse con serias dificultades para triunfar na capital pola dificultade de atopar libretistas e teatros onde estrear. Prestou axuda a Manuel Fernández Caballero, que padecía unha cegueira progresiva, na composición da súa zarzuela Gigantes y cabezudos, o que lle valeu para darse a coñecer no mundo teatral. Deste xeito os irmáns Álvarez Quintero, nun intento de darlle unha oportunidade, ofrecéronlle o libreto de El motete. Estreada con éxito o 24 de abril de 1900, foi a primeira composición de Serrano e coa que se deu a coñecer. Máis tarde bautizaría a unha das súas fillas como María del Motete, apadriñada polo seu amigo o científico Bernardino Landete Aragó.[4] En 1909 compuxo o Himne de l'Exposició, peza estreada na Exposición Rexional Valenciana dese ano, e que sería elixida en 1925 como himno rexional. En 1923, a Deputación de Valencia encargoulle un himno conmemorativo da Coroación da Virxe dos Desamparados, patrona de Valencia. A estrea desta obra tivo lugar o 24 de maio de 1923 ante unhas 30 000 persoas, constituíndo un clamoroso éxito.

A súa figura vaise ensalzando e se ve consolidada polo labor levado a cabo. Compuxo obras tanto para o xénero chico como para zarzuela. Entre elas cómpre salientar: La Reina mora (1903) con texto dos Hirmáns Álvarez Quintero, Moros y cristianos (1905); El Perro chico (1905), El pollo Tejada (1906) e El Príncipe Carnaval (1919) en colaboración con Quinito Valverde; Alma de Dios (1907), El amigo Melquíades (1914) —tamén en colaboración con Quinito Valverde—, La canción del olvido (1916) —con textos de Federico Romero Sarachaga e Guillermo Fernández-Shaw—, Los de Aragón (1927), Los claveles (1929) e La Dolorosa (1930).

Monumento a José Serrano en Valencia, obra de Octavio Vicent.

Os últimos anos da súa vida pasounos na localidade valenciana de El Perelló, onde se adicou exclusivamente á pesca. Logo de detectárselle un cancro de esófago, trasladuse en 1940 a Madrid para ser tratado, falecendo nesta cidade en 1941.

  1. 1,0 1,1 "José Calixto Serrano Simeón" (en castelán). Real Academia de la Historia. Consultado o 30 de maio de 2021. 
  2. "José Serrano Simeón "El maestre Serrano"" (en castelán). llenguavalencianasi.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2009. Consultado o 30 de maio de 2021. 
  3. Ahulló Hermano 2017, p. 24.
  4. Sanz & Solera.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]