Alalá
- Este artigo trata sobre o canto popular, para o programa da TVG véxase Alalá (programa de televisión).
O alalá é un canto popular galego.
Características[editar | editar a fonte]
O alalá é arrítmico e está composto por coplas octosilábicas no que se repite un tema curto e as ailalá, ailalá repetidas. Interprétanse normalmente a capella, aínda que en tempos recentes engadíronselle frases instrumentais de gaita ou zanfona. As letras adoitan ser de temática seria e a interpretación é un valor de suma importancia: ao seren de ritmo libre, o intérprete ten moito xogo para engadirlle adornos á melodía principal.
O alalá é considerado pola maioría dos autores como a forma de música tradicional galega máis antiga e característica. A súa orixe non está totalmente clara, pero a teoría más aceptada é que están relacionados co canto gregoriano. Os alalás foron a súa vez tamén orixe doutros xéneros como os cantos de arrieiro, cantos de oficios ou os cantos de andar o camiño.
Perfecto Feijoo (1858-1935), fundador do primeiro coro galego "Aires da Terra", foi un gran compilador e intérprete de alalás. O zanfonista ourensán Faustino Santalices recuperou moitos cantos que poderían terse perdido, e gravou un histórico disco en 1958 incluíndo moitos alalás.
Vexamos como exemplo a letra do Alalá das Mariñas, un dos máis populares cantos deste xénero:
Teño unha casiña brancana Mariña entre loureiros,
teño paz e teño amor
e estou vivindo no ceo.
Ailalala, ailalala...
E adiós á miña casiña,
portelo do meu quinteiro,
auga da miña fontiña,
sombra do meu laranxeiro
Ailalala, ailalala...