Biarritz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Biarritz
Biarritz flag.svg Blason Biarritz 64.svg
Bandeira Escudo
Mapa
Información
País Francia Francia
Departamento Drapeau pyreneesatlantiques.svg Pireneos Atlánticos
Rexión Flag of Aquitaine.svg Aquitania
Superficie 11,66 km²
Poboación 30.055 hab. (1999)
Densidade 2.577,62 hab./km²
Biarritz1999.jpg

Biarritz
Sitio web oficial

Biarritz (en éuscaro tamén Miarritze; en gascón, Biàrritz) é unha cidade e comuna francesa do suroeste, situada no departamento de Pireneos Atlánticos, na rexión de Aquitania.

Bañada polo mar Cantábrico (golfo de Biscaia), atópase moi preto de Baiona e de Anglet e a 20 quilómetros da fronteira con España. A unha distancia de 40 quilómetros atópase a cidade española de Donostia-San Sebastián, desenvolvida como cidade balneario pola realeza española seguindo o modelo de Biarritz.

É unha das principais localidades do territorio vascofrancés de Labort, formando xunto con Baiona e Anglet a comunidade de aglomeración Biarriz-Anglet-Baiona (BAB), a área urbana máis importante da rexión.

O casino de Biarriz foi inaugurado o 10 de agosto de 1901 e as súas praias fan da cidade un centro turístico. O surf atopa en Biarriz un dos puntos máis importantes para a súa práctica. Biarriz vive de face ao mar. Foi na súa orixe un pobo baleeiro. No século XIX os médicos recomendaban os baños de mar en Biarriz polas súas propiedades terapéuticas.

Biarriz alcanzou a fama en 1854, ano en que a Emperatriz Eugenia, a esposa de Napoleón III, fixo construír un Palacio na praia hoxe día coñecido como Hotel du Palais. A Familia Real Británica pasou tempadas en Biarriz.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Biarritz