Gaita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo trata sobre o instrumento en xeral, para a versión galega véxase o artigo: Gaita galega.
Gaita
Gaita de fol, cornamusa, sac de gemecs...
Na imaxe, gaita tradicional sueca. Instrumento musical de vento composto por un saco e tubos.
Información
ClasificaciónAerófono
TesituraVaría segundo o tipo e modelo
Instrumentos relacionadosGaita escocesa, gaita galega, gaita asturiana, uilean pipes etc.
Músicos notablesCarlos Núñez, Hevia, Allan MacDonald, entre outros.
Fabricantes notablesSeivane, McLellan, Gibson, McCallum etc.

A gaita é un instrumento musical de vento que na súa forma máis simple consiste nunha bolsa de coiro (fol), no que se almacena o aire que fai que soe o instrumento, ao que se ligan varios tubos, un polo que se sopra (soprete) e un ou varios tubos sonoros, como o tubo melódico (punteiro) e as varas, que varían entre cero e tres (na gaita galega denomínase roncón).

Hümmelchen moderna
... cantos sons o mundo encerra,

música branda da nosa terra,

ti, todos xuntos, deixas sentir.

Historia[editar | editar a fonte]

O gaiteiro, por Hendrik ter Brugghen.

Non se sabe exactamente cando apareceu a gaita, existen algunhas evidencias perromanas mais son incertas, así unha escultura hitita en Euyuk datada no século XI a. C. pénsase que que podería conter unha representación dunha gaita pero é moi dubidosa [1] como tamén unha figuriña de Susa do VIII a.C. A primeira mención segura dunha gaita data do século I d.C segundo testemuños de Suetonio sobre a habilidade de Nerón para tocar o utricularium (odre de coiro) e a descrición de Dión Crisóstomo de como se tocaba.[2] En Europa non se volven ter referencias da gaita ata o século IX e X e foi na Baixa Idade Media cando a gaita obtén gran popularidade en toda Europa, entrando en decadencia a partir do século XVIII, agás nas zonas máis estremeiras: Galicia, Asturias,Cantabria, Escocia, Irlanda e Bretaña.

Antigüidade[editar | editar a fonte]

Semella que a gaita foi desenvolvida dun instrumento similar á charamela e coexistiu con ela. De feito sobreviven varias tradicións musicais que combinan a gaita con charamelas ou instrumentos semellantes, na Bretaña, Galicia, Italia, Cataluña e Istria. Descoñécese o momento no que se engadiu o fol á base da charamela pero existe o termo aramaico sum·pon·yah´ (סומפניה), que aparece na Biblia en Daniel 3:5 10 e 15, e que aínda que foi traducido como "docemelé" (un instrumento de corda) e "sinfonía", nas traducións modernas tamén aparece recollido como "gaita". Koehler and Baumgartner's Lexicon in Veteris Testamenti Libros dálle este último significado (Leiden 1958, p. 1103).

Posiblemente a referencia escrita máis antiga dun instrumento considerado como gaita prodúcese cara ao 400 a. de C. cando Aristófanes, un poeta ateniense, menciona ós gaiteiros de Tebas, cidade inimiga de Atenas naquela época, e sinala que tocaban gaitas (askaulos) feitas con pelico de can e con punteiros de óso[3].

Varios séculos despois Suetonio, en "Vida dos Doce Césares", describe que o emperador romano Nerón tocou a tiba utricularis en público como penalización por non gañar un concurso de poesía. Dión Crisóstomo, un poeta romano do século I d. de C. escribu nas súas "Oracións" que o gobernante da época, tamén posiblemente Nerón, podía tocar a gaita ("aulein") coa súa boca e coa axila. Destas testemuñas deduciuse que Nerón podía tocar a gaita de fol. Así mesmo, tamén existe unha moeda de Nerón que amosa unha gaita, de acordo coa edición de 1927 do "Grove Dictionary of Music and Musicians".

Expansión e desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Un detalle dun cadro de Hieronymus Bosch que amosa dous gaiteiros

Antes do século XII só sobreviven uns poucos gravados pictos, irlandeses e célticos que amosan que durante a Alta Idade Media seguiron empregándose as gaitas como instrumentos musicais.

O momento na que as gaitas apareceron entre os pobos célticos das culturas atlánticas está baixo discusión, aínda que as estatuíñas de gaiteiros en varios sitios arqueolóxicos de época romana suxiren que posiblemente foron os romanos os que as introduciron. En Irlanda non aparecen referencias ata a entrada da Idade Media, e os gravados mencionados remóntanse ata o século VIII.

A popularidade das gaitas e charamelas comezou a partir do século XII, posiblemente asociado ó esplendor e desenvolvemento musical de varios lugares de Europa. Moitos modelos de gaita comezaron a desenvolverse durante esta época. Dise que Robert Bruce, rei de Escocia, partiu á Batalla de Bannockburn (1314) acompañado de gaiteiros.

Os modelos que se conservan de gaitas anteriores ó século XVIII son extremadamente raros, pero consérvanse numerosas pinturas, debuxos, gravados e ilustracións manuscritas. As diverxencias adoitan ser enormes, pero parece que os fabricantes de gaitas da época eran na súa maior parte marcenarios ou artesáns da madeira con coñecementos musicais e artesanais moi rudimentarios.

Relevo de gaiteiro no mosteiro catalán de Santes Creus

O papel da gaita na música variou sensiblemente de lugar a lugar, pero en Bulgaria dise que "Unha voda sen gaita é coma un funeral" e na Bretaña é un elemento popular nos festivais relixiosos. Tamén na Bretaña e nas Illas Británicas os gaiteiros se converteron en parte dos ministreis itinerantes, actuando coma mensaxeiros e estendendo novas e música por onde viaxaban. En Escocia os gaiteiros comezaron a desprazar ós arpistas, os principais músicos célticos dende época romana, cara ó século XVI. En 1760 Joseph MacDonald escribiu en Escocia Compleat Theory, o primeiro estudo serio da gaita e da música de gaita. En Inglaterra, William Dixon xa escribira un manuscrito cara a década de 1730 referente á música das "border pipes" (gaitas das bordas), moi semellantes ás gaitas escocesas modernas, pero que constitúen un modelo de gaita distinto. Dixon recolleu moitas melodías populares que posteriormente serían reimpresas noutras obras semellantes. A comezos do século XIX, John Peacok recolleu moitas melodías de Dixon na súa escolma.

A medida que a música clásica occidental se desenvolvía, tanto en termos de sofisticación musical e tecnoloxía instrumental, as gaitas de moitos países perderon popularidade nas orquestras, desaparecendo en moitos casos ata o século XX.

Historia recente[editar | editar a fonte]

Gaiteiros en Celanova
Na rúa Barcelona da Coruña

Coa expansión do Imperio Británico, tamén se difundiu a gaita escocesa ("Great Highland Bagpipe"), grazas ós soldados de orixe escocesa. Porén, o rexurdimento da gaita escocesa e doutros modelos foi excepcional e pódese dicir que ata despois da segunda guerra mundial, moitas formas tradicionais de gaita entraron en decadencia e comezaron a ser desprazadas por instrumentos de tradición máis clásica como o violín e posteriormente polo gramófono e a radio. A gaita sobreviviu na música tradicional e nalgúns grupos pechados, como por exemplo as forzas policiais de Escocia, Canadá, Australia e os Estados Unidos (aínda que non moi estendida), así como bandas folclóricas e populares. Progresivamente foi recuperando outros ámbitos como funerais militares, civís, vodas, bailes, festas e romarías.

Dende a segunda guerra mundial a gaita experimentou un certo renacemento, fomentado pola popularidade da música e os bailes folclóricos, que salvou da extinción moitos modelos de gaita que foran extremadamente populares. En Gran Bretaña xurdiu o concepto da "pipe banda" e na Bretaña da "bagad". En España úsase o termo de "banda de gaitas".

Nos países anglosaxóns o músico de gaita é coñecido como "bagpiper" ou "piper"; de feito existe o apelido Piper neses países. Outros termos europeos son "Pfeiffer" (alemán), "Gaiteiro" (Galego-Portugués), "Gaiteru" (Asturiano), "Gaitero" (castelán), "Dudák" ou "Gajdar" (checo), "Dudás", "Sipos" ou "Gajdos" (húngaro), "Tsambounieris" (grego), "Gaidar" (búlgaro e ruso: Гайдар) e "Dudziak" (polaco) [4].

A finais do século XX inventáronse varios modelos de gaita electrónica. A primeira gaita MIDI foi desenvolvida polo gaiteiro asturiano José Ángel Hevia Velasco, máis coñecido como Hevia[5].

Algúns modelos permiten ó músico seleccionar o son de varias gaitas diferentes, así como as claves. Aínda que non son moi usadas debido a limitacións técnicas, atoparon uso como instrumento de práctica, xa que o seu son pode ser silenciado e conectado a auriculares.

O Pitt Rivers Museum en Inglaterra contén unha colección de gaitas de todo o mundo, e o Museo de la Gaita en Xixón, Asturias, fundado en 1965, amosa gaitas de todo o mundo. A Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo ten unha sala coa colección de gaitas de Antón Corral

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

En organografía a gaita coñécese como cornamusa, termo que deriva do latín cornu ("corno") e musa ("musa"). A orixe da palabra gaita atribúena algúns ao árabe "al-ghaita" (palabra común aínda hoxe a todo o Magreb) ou á lingua dos suevos (semellante á lingua gótica): gaits significaba cabra nesta última, dado que, tradicionalmente, o fol da gaita se construía co pelexo dunha cabra. Á súa vez esta palabra viría do protoindoeuropeo *ghaido-.

Hai termos similares noutras linguas dispares, así por exemplo gaida (búlgaro), gajde (macedonio, polaco etc.).

Tipos de gaitas[editar | editar a fonte]

As gaitas de fol adoitan ser divididas, en xeral, en tres grupos distintos:

  • 1.- O de punteiros cónicos (xeralmente usan palleta dupla)
  • 2.- O de punteiros cilíndricos (xeralmente usan palleta simple)
  • 3.- O de punteiros cilíndricos duplos (xeralmente usan palleta dupla e sen bordón a emitir nota pedal).

Esta clasificación refírese, basicamente, á forma como o é torneado por dentro, importando pouco o seu aspecto externo (pois moitos punteiros cónicos son cilíndricos por fora e viceversa).

Canto á palleta, sexa de lámina dupla ou simples, é parecida á palleta de obo. A palleta de lámina simple, chamada pallón, posúe un deseño similar ao da palleta de clarinete.

Gaitas de fol con punteiro cónico[editar | editar a fonte]

A conicidade do punteiro atribúe a esas gaitas unha potencia sonora maior, aliada xeralmente a unha palleta dupla (na que a resistencia das láminas a torna máis potente do que a palleta simple). A dixitación do punteiro adoita ser aberta ou semifechada. En xeral, no(s) seu(s) bordón(s) úsase pallón. Son gaitas presentes na súa maioría no oeste europeo, constituíndo entre si subgrupos no que se refire a outros pormenores (grupo ibérico, franco, bretón etc.). A maioría dos modelos é insuflada por medio dun soprete. Algúns exemplos de gaitas dese tipo:

Escocia Gaita das Highlands (gaita escocesa, great Highland bagpipes
ou pìobh-mhòr) – Highlands/Escocia † Þ
Escocia Gaita das Bordas (Lowland pipes ou Northumbrian
half-longs) – Bordas/Escocia e Northumbria/Inglaterra ‡ Þ
Gaita irlandesa (uilleann pipes ou pìobh-uilleann) – Irlanda ‡ Þ Bulgaria Kaba (Kaba Gaida) – Montañas Rhodope/Bulgaria † Þ
Galicia Gaita galega Galiza, Minho, Douro Litoral, Beira Litoral, Estremadura, Ribatejo e Trás-os-Montes ‡ Þ Dudelsack Renania/Alemaña e Países Baixos ‡ Þ
Asturias Gaita asturiana Asturias/Espanha ‡ Þ Zampogna (Zampogna di Scapoli) – Isernia/Italia ‡ Ψ Ħ
Castela e León Gaita sanabresa Zamora/España ‡ Þ Chevrette (Chabrette) – Lemosín/Francia ‡ Þ
Gaita transmontana (gaita portuguesa, gaita trasmontana
ou gaita mirandesa) – Trás-os-Montes/Portugal ‡ Þ
Cabrette Auvernia/Francia ‡ Ψ
Gran cornamusa Auvernia/Francia ‡ Þ Bodega (Cabra) – Languedoc/Francia
Biniou koz Bretaña/Francia ‡ Þ Gran zampogna Campania/Italia ‡ Ψ Ħ
Escocia Parlour pipe Escocia ‡ Þ Cataluña Sac de gemecs Cataluña/Espanha ‡ Þ
: punteiro con palleta simple
: punteiro co palleta dupla
Þ: bordón con palleta simple
Ψ: bordón con palleta dupla
Ħ: punteiro duplo
Obs.: as rexións supracitadas indican os lugares aos que se vinculan tradicionalmente os modelos referidos.

Gaitas con punteiro cilíndrico[editar | editar a fonte]

Moitas gaitas de punteiro cilíndrico gozaron de maior aprecio a partir do período barroco por seren excelentes instrumentos de cámara. Iso se debe ao feito de presentaren son xeralmente máis doce e suave, grazas ao torneado a e á palleta simple e ao lumen cilíndrico do punteiro. A partir do período barroco proliferaron diferentes modelos do instrumento, en especial en Francia e Alemaña. Ha de se frisar, con todo, que existen modelos con palleta dupla no punteiro. A dixitación pode variar do aberto e semifechado ao fechado, dependendo do modelo. Gran parte desas gaitas é insuflada por fol mecánico (ar frío). Moitos modelos cilíndricos compóñense de punteiro duplo. Algúns exemplos de gaitas con punteiro cilíndrico:

Escocia Smallpipe escocesa - Escocia Escocia Shuttle pipe Bordas/Escocia
Smallpipe nortumbriana Northumbria/Inglaterra
e Bordas/Escocia
‡ Þ
República Checa České Dudy (Bohemischer Boch)
Baviera/Alemaña e Bohemia/República Checa † Þ
Boha Aquitania/Francia † Þ Gajdy śląskie Silesia/Polonia † Þ
Tunisia Mezoued (Zukra) - Tunisia † Ħ Gajdy Serbia † Þ Ħ
Säckpipa Dalarna/Suecia † Þ Croacia Diple Dalmacia/Croacia
Bulgaria Dhzura (Dhzura Gaida) - Bulgaria Surdulina (Zampogna) – Calabria/Italia † Þ Ħ
Hungría Duda Hungría † Þ Ciaramedda (Zampogna) – Sicilia/Italia † Þ Ħ
Polonia Dudy Gran Polonia/Polonia † Þ Tulum Turquía
Macedonia do Norte Gaida (gaita macedónica) – Macedonia do Norte † Þ Croacia Surle Zagorjia/Croacia † Ħ
Polonia Koza Pequena Polonia/Polonia † Þ Francia Musette de Cour Francia ‡ Ψ Ħ
: punteiro con palleta simple
: punteiro con palleta dupla
Þ: bordón con palleta simple
Ψ: bordón con palleta dupla
Ħ: punteiro duplo
Obs.: as rexións supracitadas indican os lugares aos que se vinculan tradicionalmente os modelos referidos.

Ar quente e ar frío[editar | editar a fonte]

Existe aínda unha distinción entre as gaitas de fol: as que son insufladas por medio dun soprete –chamadas de ar quente (ou húmidas) por necesitaren do folgo do músico– e as que son insufladas por un fol mecánico –chamadas de ar frío (ou secas).

A pesar do que moitos pensan, esa distinción non é, nin musical nin morfoloxicamente, moi relevante. Iso débese a que o sistema sonoro das palletas, aínda que presentando diferenzas perante o nivel de humidade de cada sistema, permanece practicamente o mesmo. Tanto é así que moitos instrumentos tradicionalmente de ar quente se poden encontran con fol mecánico e viceversa. Non debe deixarse de salientar, con todo, as diferentes técnicas para insuflar, cada cal con movementos adecuados ao tempero ideal da gaita (o control de presión do ar interno) e mailo grao de conservación da palleta que nas gaitas secas é moito maior que nas húmidas.

A distinción canto ao torneamento do punteiro e os tipos de palletas utilizados son moito máis relevantes para os musicólogos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Galpin, Francis W. (2011). The Music of the Sumerians: and their Immediate Successors, the Babylonians and Assyrians. Cambridge: Cambridge University Press. p. 19. ISBN 9780521180634. 
  2. Sachs, Curt (2006 (edición orixinal 1940)). The History of Musical Instruments. Mineola (Nova York): Dover Publications. p. 141. ISBN 9780486171517. 
  3. McCulloch, Bryce. "History of the Highland Pipe". Piped in by Bryce McCulloch (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2018. Consultado o 23 de maio de 2019. 
  4. DUDEK — WALEC Arquivado 26 de outubro de 2007 en Wayback Machine. tamén pode significar que un antergo foi gaiteiro.
  5. "Bagpipes resonate through rugged coastline of...Spain". CNN.com (en inglés). 5 de novembro de 1999. Consultado o 23 de maio de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]