Jorge Víctor Sueiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Jorge Víctor Sueiro
Nacemento 1929
  Rois
Falecemento 1991
Nacionalidade España
Ocupación escritor e xornalista
editar datos en Wikidata ]

Jorge Víctor Sueiro, nado en Ribasar (Rois) en 1929 e falecido en Madrid o 25 de xaneiro de 1991, foi un escritor e xornalista galego, especializado na crítica gastronómica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballou como xornalista en La Noche, El Ideal Gallego, Faro de Vigo e La Voz de Asturias. Tamén foi subdirector de Pyresa, a axencia de noticias da España franquista e redactor xefe de Televisión Española. Colaborou tamén con diversas revistas gastronómicas.

Está soterrado no cemiterio de San Amaro, na Coruña.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Comer en Galicia (1981)
  • Manual del marisco (1981)
  • Cocina y vinos de Galicia (1982)
  • Galicia. Las mil y una fiestas (1983)
  • Aguardiente, licores y queimadas (1984)
  • Nuestros restaurantes y nuestras recetas (1984)
  • La cocina moderna en Galicia (1986)
  • Esmorgantes, canda Amparo Nieto (1990)
  • El libro del marisco (1981)
  • Galicia, romería interminable, canda Amparo Nieto, a súa muller. (1992)