Manuel Linares Rivas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Manuel Linares Rivas
Manuel Linares Rivas, retratado por Kaulak.jpg
Nacemento 8 de febreiro de 1866
  Santiago de Compostela
Falecemento 3 de febreiro de 1938
  Madrid
Nacionalidade España
Ocupación dramaturgo, político e académico
Pai Aureliano Linares Rivas
editar datos en Wikidata ]

Manuel Linares-Rivas Astray, nado en Santiago de Compostela o 3 de febreiro de 1867 e finado na Coruña o 6 de agosto de 1938, foi un político e dramaturgo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Aureliano Linares Rivas cuxo segundo apelido tomou, e animado polo seu exemplo, logo de estudar Dereito, entrou en política, sendo deputado polo distrito de Ordes (1891, 1896 e 1899) e posteriormente, senador pola provincia da Coruña nas lexislaturas de 1903 e 1907 e senador vitalicio dende 1914. Foi académico da Real Jurisprudencia e da Real Academia Española (1921). Unha xordeira progresiva foino inclinando á arte dramática. Empezou como redactor nas revistas El Resumen e El Nacional, e despois da estrea de El camino de la gloria e La ciencia de los hombres (1893) a súa carreira interrompeuse máis de oito anos, quizais pola negativa do seu pai a que desenvolvera o que se consideraba unha mera afección. A súa muller, Elisa Soujol O'Connor, coa que casou o 10 de outubro de 1894, animouno a seguir estreando. Varios manuscritos inéditos consérvanse na Biblioteca da Deputación da Coruña.

A súa obra[editar | editar a fonte]

Pertence á escola de Jacinto Benavente, pero cunha nota persoal de vigor e sátira. Propuxo problemas candentes e espiñentos do mundo burgués como en La garra, que ten como tema o divorcio, e abordou o drama rural en Cristobalón, no que se percibe unha clara influencia de Terra Baixa de Àngel Guimerà. As súas obras foron moi populares no seu tempo pero quedaron totalmente esquecidas logo da súa morte[1], era un teatro burgués, con situacións e linguaxe artificiais propenso a defender teses[2].

Obras[editar | editar a fonte]

Manuel Linares Rivas, retrato en Vida Gallega, 1928.
  • Obras completas, Madrid: Hispania, 1920.
  • Obras escogidas, Madrid: Aguilar, 1947.

Teatro orixinal[editar | editar a fonte]

  • El camino de la gloria (1893).
  • La ciencia de los hombres (1893).
  • Aire de fuera (1903).
  • El abolengo (1904).
  • María Victoria (1904).
  • La cizaña (1905).
  • Bodas de plata (1906).
  • El caballero lobo, (1910).
  • El buen demonio (1911).
  • La raza (1911).
  • Camino adelante (1913).
  • Como buitres (1913).
  • La garra (1914).
  • La espuma del champagne (1915).
  • Toninadas (1916).
  • Las zarzas del camino (1917).
  • En cuerpo y alma (1918).
  • Cristobalón, (1920), drama rural.
  • Almas brujas (1922).
  • La mala ley (1923), drama rural.
  • La jaula de la leona (1924).
  • Alma de aldea (1924).
  • Cuando empieza la vida (1924).
  • Primero, vivir... (1926).
  • A martillazos (1927).
  • Mal año de lobos (1927), drama rural.
  • El rosal de las tres rosas (1928).
  • Hilos de araña, (1929).
  • Sancho Avendaño, (1930).
  • ¡Déjate querer, hombre! (1931).
  • Todo Madrid lo sabía... (1931).
  • Fantasmas.
  • Cobardías.
  • Lo pasado, o concluido o guardado.
  • Pájaro sin alas.
  • La fuerza del mal.
  • Lo posible.
  • En cuarto creciente.
  • El mismo amor.
  • Nido de águilas.
  • Lo que engaña la verdad.
  • La fuente amarga...

Adaptación[editar | editar a fonte]

Novelas[editar | editar a fonte]

  • El caballero Pedrín.
  • Pau de los Pedreles.
  • Lo que no vale la pena.
  • Lo difícil que es ir al cielo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fidel López Criado Fausto y su circunstancia: El teatro de Manuel Linares Rivas
  2. Manuel Gómez García (1998): Diccionario Akal de Teatro. Akal, páx. 478

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Javier Huerta, Emilio Peral, Héctor Urzaiz, Teatro español de la A a la Z. Madrid: Espasa-Calpe, 2005, p. 405-406.
  • María Modesta Díaz Ronco, Vida y obras de Manuel Linares Rivas, tesis leída en la Universidad Complutense de Madrid en 1952.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]