Ramón Blanchart

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamón Blanchart

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1860 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morteagosto de 1934 Editar o valor em Wikidata (73/74 anos)
San Salvador, O Salvador Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
TesituraBarítono e Baixo Editar o valor em Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

Discogs: 5535969 Editar o valor em Wikidata

Ramón Blanchart Ferrer, nado en Barcelona en 1860 e finado en San Salvador en agosto de 1934, foi un barítono catalán. Ao longo da súa carreira actuou nos teatros de ópera máis destacados de Europa e América, sendo considerado como unha das grandes figuras da ópera do seu tempo, tanto polas súas calidades escénicas como vocais.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ramón Blanchart naceu en Barcelona, onde comezou a súa formación musical con Joan Goula e debutou no Gran Teatre del Liceu encarnando a Valentin en Faust en 1885.[2][3] O éxito acadado coa ópera de Gounod animouno a trasladarse a Francia e Italia para ampliar os seus estudos musicais.[1] No Teatro Real de Madrid presentouse en 1883, co Nevers de Les Huguenots, papel que cantaría ata 42 veces nese teatro. Blanchart foi o cantante español que máis veces apareceu no Teatro Real, cun total de 327 funcións repartidas en 11 tempadas (entre 1883 e 1907).[4]

Fóra de España estivo tamén moi activo nos teatros italilanos (Roma, Xénova, Florencia, Boloña). No Teatro alla Scala debutou en 1892 como Iago en Otello, alternándose no papel con Victor Maurel.[3] Cantou o papel protagonista de Falstaff en Xénova baixo a dirección de Arturo Toscanini.[5] En 1890 realizou unha xira por Rusia, actuando en Moscova e San Petersburgo. En 1891 presentouse en Londres, no Covent Garden co papel protagonista de Der fliegende Holländer (cantando en italiano).[3]

En América actuou nos teatros de Buenos Aires, A Habana, México, Nova York, Chicago ou Boston.<ref name="operissimo">

O seu repertorio comprendeu os grandes papeis das óperas de Verdi e Donizetti, e a ópera francesa (particularmente Hamlet) mais tamén foi un destacado cantante wagneriano. Ao final da súua carreira abordaría papeis de baixo buffo, como Dulcamara de L'elisir d'amore. Despediuse da escena no Teatro Euterpe de Sabadell con La Dolores de Tomás Bretón. A continuación adicouse ao ensino do canto en Centroamérica.[3]

En 1906 e 1910 realizou diversas gravacións de fragmentos de ópera, en compañía de Florencio Constantino e José Mardones.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Teatros y Conciertos. RAMÓN BLANCHART". La Vanguardia (en castelán). 29 de agosto de 1934. p. 5. Consultado o 27 de abril de 2021. 
  2. "Ramón Blanchart" (en inglés). Rare Opera Recordings. Consultado o 27 de abril de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Blanchart Ramón" (en alemán). Operissimo.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 27 de abril de 2021. 
  4. Turina Gómez, Joaquín (1997). Historia del Teatro Real (en castelán). Alianza Editorial. pp. 540. ISBN 84-206-4253-3. 
  5. Sachs, Harvey (2017). Toscanini: Musician of Conscience (en inglés). Liveright Publishing. ISBN 1631492721.