Xoán Manuel Carreira
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1954 (69/70 anos) Noia, España |
Actividade | |
Ocupación | musicólogo |
Xoán Manuel Carreira Antelo, nado en Noia en 1954, é un musicólogo galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Membro de diversos equipos de expertos e asociacións científicas internacionais, participou en congresos de musicoloxía celebrados en varios países. Colabora nas principais obras de referencia nesta materia, así como na Revista de Musicología (1989-1996), e, como fundador e conselleiro de redacción de Cairon. Revista de Ciencias de la Danza. Dende 2000 é o editor do diario dixital Mundoclasico.[1]
Obra en galego
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Gregorio Baudot e a sociedade musical da época. 1985, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Entregas de comunicación cultural nº 20
- Os vilancicos galegos na liturxia de nadal nas eirexas ibéricas e americanas nos séculos XVI ao XVIII, 1987, Cadernos da Escola Dramática Galega.
- Ludwig van Beethoven. As [8+1] Sinfonías, 2008, Consorcio para a Promoción da Música (Tradución de Roxelio Xabier García Romero).
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- 150 anos de música galega, 1979, Xunta de Galicia. Con Manuel Balboa.
- Ultreya! Unha ópera galega para estrear en Madrid. 1984, A Coruña, Revista Monográfica de Cultura nº 1, "Armando Cotarelo Valledor"
- Ángel Brage: memoria musical dun século, 1993, Consorcio da Cidade de Santiago. Con Carlos Magán.
- A música profana en Galicia na Restauración, 1998, Xunta de Galicia.
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Ludwig van Beethoven. Las [8+1] Sinfonías, 2008, Consorcio para a Promoción da Música.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Interferencias sobre Carlos López-García. 1988, Anuario Brigantino, pp. 191–214
Obra en inglés
[editar | editar a fonte]Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- The Origins of the Bolero School, 1993, A Capella Books: New Jersey, (Studies in Dance History) Vol 4 no.1. Con Javier Suárez-Pajares.
- The music in Spain during Eighteenth Century, 1994, Cambridge Un. Press. [Temática: a presenza de compañías de ópera italianas en teatros de localidades periféricas como Cádiz, Ferrol e Porto.]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ficha en Mundoclasico.com". Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2017. Consultado o 08 de agosto de 2017. Arquivado 08 de agosto de 2017 en Wayback Machine.