Urbano González
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de marzo de 1868 Santiago de Compostela, España |
Morte | 24 de abril de 1906 (38 anos) Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | pintor, escritor, xornalista |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Carmen García Arbuthnot |
Fillos | Carmen González García |
Irmáns | Purificación González Varela |
Urbano González Varela, nado en Santiago de Compostela o 3 de marzo de 1868 e finado na mesma cidade o 24 de abril de 1906, foi un pintor, escritor e xornalista galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Secundino González Valdés e Patrocinio Varela e irmán de Pura González Varela, que en 1902 casou con Manuel Lugrís Freire. Iniciou os seus estudos en Santiago de Compostela. Emigrou sendo mozo a Cuba e estudou na Academia de Belas Artes San Jorge da Habana e na de Arquitectura de Nova York e en Madrid co pintor Casto Plasencia. Pertenceu á Cova Céltica, faladoiro de intelectuais galeguistas. Foi profesor das Escolas de Artes da Coruña e Santiago de Compostela. Foi académico, co número 58, da Academia de Belas Artes da Coruña. Pertenceu á primeira xunta directiva de La Voz de Galicia, do que foi o primeiro director de arte e redactor e colaborou en Revista Gallega, Eco de Galicia, El Noroeste, El Alcance, Extracto de Literatura e Pasatiempos. Obtivo o premio á mellor obra de teatro en verso en galego nos primeiros xogos florais celebrados en Tui o 24 de xullo de 1891 por "Amor e meiguería". Deixou un drama inédito titulado Contagio. Foi fundador e primeiro presidente da Asociación da Prensa da Coruña. Morreu recluído nun sanatorio psiquiátrico.[2]
Como pintor foi iniciador das pinturas do teito do paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, que rematou José María Fenollera. Entre as súas obras pictóricas figuran "La primera labor", "Retrato de una vieja" (dedicado a Ovidio Murguía), "Vista de la catedral de Santiago", "Retrato del general García Reboredo", "Retrato yacente de Casto Plasencia" e "El viejo de la zanfona".
Obra bibliográfica
[editar | editar a fonte]- Cantares, 1888, poemas en castelán.[3]
- Amor e meiguería, 1891, comedia en galego nun acto en verso.
- Ilustracións, en 1893, da reedición das Proezas de Galicia de Xosé Fernández Neira, canda Román Navarro.
- Entre luces, 1900, Biblioteca de autores gallegos, contos en castelán.
- Estudio sobre Gregorio Hernández, ensaio.
- Contagio, drama, inédito.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]O Concello da Coruña dedicoulle unha rúa en 2010.[4]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
A primeira labor
-
Retrato dunha vella.
-
Vista da Catedral de Santiago de Compostela.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Necrología. Urbano González Varela". Boletín de la Real Academia Gallega (en castelán) (1): 12–14. 1906. ISSN 1576-8767. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2022. Consultado o 3 de outubro de 2018.
- ↑ La Noche, 3-3-1949, p. 1.
- ↑ Cantares en Galiciana. Biblioteca de Galicia.
- ↑ "Urbano González, Juan Cancelo y E. Merino entran en el callejero". El Ideal Gallego (en castelán). 8 de xullo de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "González Varela, Urbano". Diccionario enciclopédico galego universal 31. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 48. ISBN 84-7680-429-6.
- "González Varela, Urbano". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 180.
- "González Varela, Urbano". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 997. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "González Varela, Urbano". Enciclopedia Galega Universal 10. Ir Indo. 1999-2002. p. 55. ISBN 84-7680-288-9.
- Bangueses Vázquez, Mercedes (2010). Ilustradores galegos de preguerra (1880-1936). IEV. ISBN 978-84-89599-44-4.
- Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. ISBN 84-7154-227-7.
- Carré Aldao, Eugenio (1911). Literatura gallega (en castelán). Barcelona: Maucci.
- Couceiro Freijomil, A. (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. pp. 199–200.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 199. ISBN 84-7492-465-0.
- Lourenzo, Manuel; Pillado Mayor, F. (1979). O teatro galego. Sada: Ediciós do Castro.
- Vilanova, A. (2005). "González Varela, Urbano". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Vilavedra, D., ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Galaxia. p. 277. ISBN 84-8288-019-5.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Urbano González |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Urbano González |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Irmáns Cabeza de León-González Varela: Páxina web en memoria de Urbano González Varela Arquivado 11 de abril de 2018 en Wayback Machine. (en castelán).
- Artigos de González Varela na hemeroteca virtual da RAG Arquivado 13 de xuño de 2018 en Wayback Machine.
- Compendio de bibliografía
- Pintores de Galicia do século XIX
- Galegos de Cuba
- Escritores de Galicia en lingua galega
- Escritores de Galicia en lingua castelá
- Nados en Santiago de Compostela
- Nados en 1868
- Finados en 1906
- Membros correspondentes da Real Academia Galega
- Pintores de Galicia coa obra no dominio público
- Escritores de Galicia coa obra no dominio público
- Poetas en lingua castelá
- Poetas de Galicia
- Dramaturgos de Galicia
- Dramaturgos en lingua galega
- Ilustradores de Galicia